"Kara" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 54.

  • CAPITAIS

    Capital da oblast´ homónima, Kazakhstán (436.900 h [1999]). É o centro dunha conca hulleira, o que fai que a súa economía estea baseada na industria extractiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast´ de Kazakhstán (428.000 km2; 1.411.401 h [1999]). A súa capital é Karaganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro de sombras introducido en Turquía a principios do s XVI polo sultán Selim I, que o trouxo de Exipto, xunto cun grupo de artistas que o practicaban, e que se pensa que provén da illa de Xava, coa que os países árabes mantiñan relacións comerciais desde moito tempo atrás. En Turquía o xénero coñeceu un considerable desenvolvemento e cos séculos a súa influencia deixouse sentir en todos os países dominados polo Imperio Otomano, desde o N de África ata Grecia, Romanía ou Bulgaria. Nun principio as representacións fixéronse na corte do sultán, pero pouco despois as funcións pasaron a realizarse nos casamentos, en festas diversas, durante o tempo do Ramadán ou nos cafés. O seu personaxe central é o propio Karagöz, co seu compañeiro Khadivat, que viven as máis diversas situacións e conflitos, moitos tirados da vida cotiá cunha dimensión satírica e mesmo escatolóxica, e sempre rodeados dunha ampla diversidade de tipos e personaxes que representan a vida baixo o Imperio Otomano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua da familia turca do phylum altaico que se fala en Lituania, Ucraína, Crimea e Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ostān de Teherán, Irán (940.968 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra austríaco. Dirixiu a Staatsoper de Berlín (1939-1944), a orquestra sinfónica de Viena, a orquestra filharmónica de Berlín (1955-1989) e a Staatsoper de Viena (1956-1964). Desde 1965 dirixiu o festival de Salzburgo. Gravou moitos discos, especialmente de Beethoven e outros autores románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático persa. A súa obra de álxebra (al-Fahri fī-l-gabr wa-l-muqābala) tivo influencia en Europa, especialmente no Liber abaci de Leonardo Pisano. Foi o primeiro en liberar a álxebra das operacións xeométricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liwās de Xordania (3.217 km2; 196.980 h [estim 1999]). A súa capital é Al Karak (22.700 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos karakalpak.

    2. Individuo do pobo karakalpak.

    3. Pobo turanio no que se mesturan elementos mongois, que fala un dialecto turco e que habita ao S do mar de Aral, en Karakalpaquistán. Sometidos parcialmente polos kazakhs, no s XVIII trasladáronse cara ao S do mar de Aral. Durante o s XIX foron sometidos polo Khanato de Khiva. Tradicionalmente practicaban a gandería nómade de ovellas pero a maior parte da poboación sedentarizouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República Autónoma de Uzbekistán (164.900 hm2; 1.343.000 h [estim 1993]). A capital é Nukus. Sometida polos rusos a finais do s XIX, pasou o control dos soviéticos en 1920. Rexión Autónoma de Karakalpaquistán desde 1925, en 1932 converteuse en república autónoma. En 1936 foi transferida á República Socialista Soviética Uzbeca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos karakitai.

    2. Individuo do pobo karakitai.

    3. Pobo mongol establecido ao S do lago Balkhaš a comezos do s XII. Fundaron un imperio que foi aniquilado por Xenguis Khan (1218).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira do Himalaia, situada ao N de Paquistán, do estado de Jammu e Kashmir e de India . A altitude media da aliñación é de 6.600 m; culmina no K2, a 8.611 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga capital do imperio mongol fundada por Xenguis Khan en 1220. O traslado da corte de Kublai a Cambaluc, en 1267, iniciou a súa decadencia. No s XIV experimentou unha recuperación como capital da dinastía chinesa de orixe mongol de Yüan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza ovina do tipo asiático procedente de Turkestán. A principios do s XX foi introducida en Europa, América e África. A súa pel adoita ser de cor negra intensa, de distintas variedades de gris, marrón ou branca, e é moi apreciada, especialmente a dos años acabados de nacer ou que naceron mortos, coñecida como astracán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deserto de area de Turkmenistán (350.000 km2), situado entre o Mar Caspio e o río Amudarja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il situado en Turquía (9.163 km2; 227.269 h [1997]). A súa capital é Karaman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía turcomana que dominou (ss XIII-XV) a rexión de Karaman, no S de Asia Menor, como emirato. A mediados do s XV o emirato foi absorbido polo Imperio Otomano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi primeiro ministro entre 1955-1963 e, tras un período de exilio en París, regresou a Grecia en 1974 ocupando novamente o cargo de primeiro ministro (1974-1980) e o de presidente da República (1980-1985; 1990-1995). Preocupouse pola restauración do sistema democrático e pola integración de Grecia no panorama europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última das grandes novelas de Dostojevskij, publicada por vez primeira entre 1878 e 1880. É a historia dun parricidio, e constitúe a “novela síntese” do pensamento e da arte de Dostojevskij.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador ruso. Foi o representante máis destacado do sentimentalismo ruso, que reflectiu en Bednaja Liza (A pobre Liza, 1792). Como historiador escribiu, cunha visión liberal, Istorija gosudarstva rossijskogo (Historia do estado ruso, 1816-1826).

    VER O DETALLE DO TERMO