"LIFO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado federado de México, situado na península de Baixa California (73.475 km2; 375.494 h [1995]). A capital é La Paz (137.641h [1990]). Está formada por unha longa e larga chaira litoral e aliñacións montañosas como a Sierra de la Giganta. A actividade máis importante é a agricultura, debido aos proxectos de irrigación que aproveitan as augas subterráneas, seguida da pesca e da gandería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre localizado na parroquia de Meira (Moaña). Ten dúas áreas diferenciadas: a inferior, un conxunto de trece embarcacións; a O, un conxunto de figuras humanas esquemáticas, en grupo ou illadas, que miran cara ao conxunto das embarcacións. O perfil de oito das embarcacións está trazado cun arco cóncavo cos extremos estilizados en forma de ‘pescozo de cisne’. Semella que todo o conxunto xira ao redor dunha embarcación central que remata a proa e popa con zoomorfos. Segundo Alonso Romero, que o descubriu en 1973, son unha representación das embarcacións de coiro que se empregaron nas costas galegas durante a Idade do Bronce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma cilíndrica alongada, lixeiramente curvada e con extremos redondeados.
-
-
Relativo ou pertencente aos califóridos.
-
Mosca da familia dos califóridos.
-
Familia de dípteros ciclorrafos de ata 16 mm de lonxitude, caracterizados pola presencia de cerdas hiponeurais, pezas bucais ben desenvolvidas, segundo artello antenal cun suco, escamas torácicas ben desenvolvidas que cobren os halterios e extremo das patas con dúas almofadiñas. Os adultos son principalmente zugadores do néctar das plantas, polo que se constitúen en importantes polinizadores; as larvas desenvólvense polo xeral en materia orgánica en descomposición. Os xéneros máis importantes son: Calliphora, moscas azuis; Lucilia, moscas verdes; Pollenia, moscas parasitas das miñocas; e Sorcophaga, vareixas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de laranxa pertencente ao grupo das Washington Navel. É grosa, redonda e umbilicada, coa pel grosa e a polpa doce e con moito zume.
-
REXIÓNS
Rexión de América do Norte, na costa do Pacífico, que se estende dende o paralelo 42°, ao N, ata o cabo de San Lucas, ao S. Está dividida entre o estado de California (EE UU) ao N, o estado da Baixa California Norte (México) e o da Baixa California Sur (México), no sector peninsular. O territorio de California foi explorado polos casteláns a partir da expedición de Diego Hurtado de Mendoza (1532) e da de Diego Becerra (1533). En 1534 foi atribuída ao vicerreinado de Nova España, dende onde continuaran as expedicións: Hernán Cortés e Hernando de Grijalva (1535), Francisco de Ulloa (1539) e Rodríguez Cabrillo e Bartolomé Ferrelo, que no 1542 descubriron a Alta California. Foron os xesuítas os que iniciaron a colonización da Baixa California a finais do s XVII coa fundación de catorce misións; sen embargo, trala súa expulsión dos territorios da Coroa Española en 1767, esas misións pasaron a mans dos franciscanos, que en 1772 llelas cederon aos dominicanos antes de xuntarse cos outros franciscanos...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado dos EE UU, á beira do Océano do Pacífico, o terceiro en extensión e o primeiro en poboación (411.049 km2; 32.268.301 h [estim 1997]). A capital é Sacramento (376.243 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Esténdese dende Sierra Nevada ata o Pacífico, está en contacto con tres unidades físicas do país: Sierra Nevada, barreira climática que separa o estado do deserto, o Great Valley, formado polos vales de Sacramento e de San Joaquín, e a cordilleira litoral de Coast Rangers, de formación e dobramentos recentes, cunha gran cantidade de fracturas, como a que forma a baía de San Francisco. Forman o resto do estado os desertos de Mohave e Colorado, no que destaca o Death Valley (86 m baixo o nivel do mar), o punto máis baixo do continente. O clima é mediterráneo, con temperaturas suaves todo o ano, cunha estación seca e outra húmida. A rede fluvial redúcese á do Great Valley, cos ríos lonxitudinais de Sacramento e San Joaquín; o SL, no límite con Arizona, está drenado... -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente mariña fría do Pacífico oriental que circula en dirección N-S bordeando as costas de California (EE UU), xeralmente acompañada de remuíños de vento e de bruma.
-
GOLFOS
Golfo do Océano Pacífico, en México, entre os estados de Sonora e Sinaloa ao L, e a península da Baixa California ao O.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a California ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de California.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento radioactivo artificial transuránido de número atómico 98. Foi descuberto en 1950 por S. G. Thompson, K. Street Jr, A. Ghiorso e G. Th. Seaborg, que identificaron o núcleo 245 entre os produtos obtidos no bombardeo do curio-242 con ións de helio. Coñécenselle once isótopos, todos radiactivos; dos reactores nucleares recóllense principalmente os núclidos 249, 250, 251 e 252, con períodos de semidesintegración que van dende 600 anos
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buraco que hai nos camiños e no que se forma un charco cando chove.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de capítulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do froito ou órgano vexetal que se asemella a unha cápsula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de talo.
-
-
Que ten aspecto ou morfoloxía de colibacilo.
-
-
Relativo ou pertencente aos coliformes.
-
Bacteria do grupo dos coliformes.
-
Grupo heteroxéneo de bacilos Gram-negativos de procedencia xeralmente intestinal e que, desde o punto de vista sanitario, teñen como carácter diferencial a fermentación da lactosa en menos de 48 horas, incubados a 37°C. Pertencen á familia das enterobacteriáceas e, concretamente, aos xéneros Escherichia, Aerobacter, Klebsiella e Citrobacter, que se diferencian pola serie de probas bioquímicas chamada IMVIC.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos coliformes.
-
Ave da orde dos coliformes.
-
Orde de aves que comprende individuos de pequenas dimensións, con mobilidade no terceiro e no cuarto dedo das patas, de maneira que se poden dirixir cara a adiante ou cara a atrás, indiferentemente. Viven na zona tropical de África. Está representada por unha única familia, a dos cólidos, que engloba dous xéneros: Colius e Urocolius.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical creada en 1987 e integrada na Federación Coral Galega (FECOGA). Composta aproximadamente por 45 voces mixtas, dirixiuna Miriam Fernández-Pareja y Marín, entre outros profesionais. Participou en numerosos certames e obtivo diversos galardóns, entre os que destacan o premio á mellor interpretación da obra barquereña no XXVI Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1993), I Premio no VIII Certame Coral de Noia (1995), III Premio no Concurso de Corais de Galicia (1995), Lira de Bronce no XXIX Certamen Nacional de la Canción Marinera de San Vicente de la Barquera (1996), II Premio no Concurso de Corais de Galicia (1996), I Premio no Certame de Corais de Galicia Vila de Marín (1998 e 1999) e III Premio no XVI Certamen Internacional de Corales Villa de Avilés (1999). En 1997 gravou o CD Desde mi orilla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto coral mixto constituído en 1941 baixo a dirección de Manuel Pérez Fanego. Realizou numerosas actuacións pola xeografía española e no estranxeiro. Da súa discografía destaca Salmos prá nosa terra (1970). En 1976 recibiu a Medalla de Prata de Ferrol ao mérito artístico.