"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • + osí(xeno) + hemoglobina)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias, da familia das caulobacteriáceas, que se caracterizan por posuír un pedúnculo, orixinado por acumulación de materiais capsulares arredor do primitivo flaxelo polar, mediante o que se poden fixar a un substrato sólido somerxido. Multiplícanse por escisiparidade, pero mentres que unha das células fillas se mantén fixa ao substrato polo pedúnculo, a outra, dotada dun flaxelo polar, pódese mover libremente ata atopar un substrato adecuado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das caulobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das caulobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das pseudomonadais, en forma de bacilo curto, lixeiramente curvado, ou de vibrión. Teñen un pedúnculo máis ou menos longo, de orixe moi diversa segundo os xéneros, co que se fixan a un substrato mergullado e son Gram-negativas. Oxidan o ión ferroso e convérteno en ión férrico. Viven en augas doces moi oligotróficas. Os xéneros máis importantes son Caulobacter e Gallionella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disacárido que resulta da hidrólise da celulosa. É soluble en auga e redutor. Está tamén nos glicolípidos dos cogomelos do caruncho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Blástula orixinada dun ovo oligolecítico, cun blastocele central de grandes dimensións envolto por unha capa de blastómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade acrobática e deportiva practicada por dous equipos formados por entre dous e seis ciclistas, que tratan de introducir unha pelota dentro dunha portería defendida polos contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto nobre situado en Laracha, formado por unha casa-pazo de planta rectangular, con portalón de acceso (o escudo de armas trasladouse ao pazo de Oca na Estrada) e unha pequena capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos colóbidos.

    2. Primate da familia dos colóbidos

    3. Familia de primates á que pertencen os colobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula adhesiva, típica dos ctenóforos, situada sobre os filamentos prénsiles e que serve para a captura das presas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primate do xénero Colobus, da familia dos colóbidos, de tamaño grande, formas esveltas e rabo moi longo, pero non prénsil. A lonxitude do corpo, sen ter en conta o rabo, oscila entre os 56 e os 76 cm. Ten as extremidades anteriores e posteriores máis ou menos da mesma lonxitude, presenta calosidades isquiáticas e o seu pelame é de cores variables. De costumes arborícolas, aliméntase de follas e de talos tenros. Habita nas selvas da África tropical e ecuatorial.

    2. Primate de ata 76 cm de lonxitude de corpo, de cor en xeral negra, cun manto branco que se estende dende os ombreiros ata o inicio da cola e polas patillas; a barba e a parte terminal da cola tamén son brancas. Vive nas selvas da conca do río Congo e dos Grandes Lagos. Tamén se coñece co nome de guereza.

    3. Primate de ata 66 cm de lonxitude de corpo, de cor xeralmente negra, coas patillas e a parte dianteira agrisadas e coa cola enteiramente branca e sen guedella terminal. Vive nas altas selvas e na sabana de Guinea ao longo das ribeiras dos ríos.

    4. Primate de ata 76 cm de lonxitude de corpo, de cor en xeral negra, cun conxunto de longos pelos brancos sobre os ombreiros, coas patillas brancas e a cola distalmente branca. Vive nas selvas e nas galerías da cubeta do río Congo.

    5. Primate de ata 71 cm de lonxitude de corpo, de cor negra ou gris escura na parte superior e avermellada na inferior, co nariz dirixido cara a arriba sobre o beizo superior engrosado. Vive nas altas selvas de Guinea.

    6. Primate de ata 76 cm de lonxitude de corpo, de cor enteiramente negra e cola sen guedella terminal. Vive nas altas selvas do S do golfo de Guinea. Tamén se coñece co nome de mvon.

    7. Primate de ata 56 cm de lonxitude de corpo, de cor verdosa na parte superior e agrisada na inferior, coa cola como a parte superior pero máis agrisada por debaixo e con dúas manchas grises na fronte. Vive nas ribeiras dos ríos, nas selvas pantanosas e entre as matogueiras das altas selvas de Guinea.

    8. Primate de ata 71 cm de lonxitude de corpo, de cor xeral entre avermellada e parda, cunhas manchas negras nos ombreiros e coa parte inferior que oscila dende a cor branca ata a gris. Vive nas altas selvas e galerías da cubeta do río Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defecto anatómico conxénito que afecta a unha ou a diversas partes do globo ocular, como o iris, o corpo ciliar, o cristalino ou a retina. Sitúase na parte inferior do ollo e está causado por unha deficiencia na soldadura da fendedura fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga arma de fogo portátil que consiste nun canón unido por aneis a unha caixa que remata en punta. Empregouse na Península Ibérica a partir do s XV.

    2. Peza de artillería dos ss XVI e XVII de grande alcance. Está construída en bronce e o seu corpo ten un ancho de entre vinte e oito e trinta e tres bocas de fogo; exteriormente é troncocónica. Dispara balas de ferro cunha carga de pólvora do mesmo peso que o proxectil. Esta arma recibe tamén outros nomes como falconete, falcón ou media colobrina, segundo a cantidade de balas que poida lanzar.

    3. Cartucho de cartón reforzado con papel encolado e cheo de xofre, salitre, carbón e pólvora, que serve para encher a cabeza dos antigos foguetes de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates da familia dos colóbidos coñecidos como colobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de conglobar ou conglobarse.

    2. Figura retórica vinculada aos procesos de acumulación e enumeración que consiste na presentación dun asunto non formulado explicitamente a partir dunha sucesión de detalles, enfocados sempre desde o mesmo punto de vista. É habitual no medio xudicial como sucesión de argumentos persuasivos de índole oposta aos formulados polo interlocutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir diversos corpos ou partes dun todo ata formar unha masa comprimida e redondeada.

    2. Reunirse diversos corpos ou partes dun todo ata formar unha masa comprimida e redondeada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (7.600 h [1996]). A economía baséase na construción e nos servicios que se derivan desta, o sector téxtil e a elaboración de cemento. A agricultura tamén ten un papel importante, sobre todo o cultivo de oliveiras e de vides. A vila moderna formouse pola aglomeración dos antigos núcleos de Corbera de Dalt e Corbera de Baix. A igrexa románica de Santa María, ampliada en 1700, coñécese pola escenificación anual que fai do seu pesebre vivente. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a casa dos baróns de Corbera (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya, drenado polo río Llobregat (82.490 h [1996]). A cidade posúe un núcleo principal que separa dous sectores, o de Cornellà de Baix e o de Cornellà de Dalt. Trátase dun importante centro agrícola (árbores froiteiras) e gandeiro (vacún). A industria experimentou un gran desenvolvemento a partir de 1960, sobre todo a siderurxia, a química e a de vidro. A vila xurdiu sobre a antiga igrexa parroquial de Santa Maria, destruída en 1936 e refeita posteriormente. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha vila romana e dunha basílica, posiblemente visigoda, con columnas corintias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo nororiental da Illa de Ons, na parroquia homónima do concello de Bueu, situada ao SL da punta Centolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o 11 de xuño nunha ermida da parroquia de Piñor, no concello de Barbadás. Preto da ermida hai unha pedra furada, denominada Penedo Vigón, que ten sona de milagreira, indicada para curar o raquitismo, as verrugas, os tumores e as feridas, así como as doenzas da infancia. O día da romaría a nai e a madriña introducen os pequenos doentes polo furado da Pedra Vigón, pregando a san Bieito que os sande. A romaría é moi concorrida pola xente de Ourense e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das globulinas séricas que se precipitan de xeito espontáneo a temperaturas inferiores aos 37°C e que se disolven de novo a temperaturas superiores. A precipitación das crioglobulinas produce alteracións ligadas ás baixas temperaturas. No ser humano, adoitan estar asociadas a un estado patolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO