"Mayo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 67.

  • PERSOEIRO

    Mariño. Cabaleiro da orde de Santiago. Participou na expedición de L. Fajardo a Tunisia en 1609, na expulsión dos mouriscos do Reino de València (1610), na toma e fortificación de Zamora (1615) e na recuperación da vila brasileira de Todos os Santos (1623). En 1633 pasou á Escuadra Galega como capitán gobernador e en 1637 enviárono a Flandres, onde caeu prisioneiro trala Batalla de Dunas. Segundo M. Murguía foi o autor de El sargento embarcado (1619), Carta dando noticia de la pérdida de los navíos de Dunquerque (1639) e Carta aprobando la armadilla de barlovento (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Marchou para Cuba en 1844, onde posuía unha empresa azucreira familiar. Retornou en 1854 ao acadar representación como deputado pola provincia de Ourense. No Congreso defendeu o seu proxecto, que favorecía a inmigración de galegos en Cuba, da que pretendía o monopolio do goberno. No ano 1854 trasladou á illa a 1.742 persoas, a maioría galegos; malia todo, o seu proxecto fracasou debido á oposición dos encargados cubanos das estancias ao seu monopolio e ao mal trato recibido polos emigrados. Foi autor das obras Isla de Cuba (1852), sobre cuestións militares e económicas, e Inmigración de trabajadores españoles (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, situado a poñente de Logroño, no límite coa provincia de Araba, Euskadi (2.120 h [1996]). O Ebro drena o territorio e constitúe o seu límite setentrional, tanto do municipio como da comunidade. A fonte económica básica é o cultivo da viña e a elaboración de viños de La Rioja. De orixes prerromanas, Enrique de Trastámara concedeulle o título de vila libre de foro real polo seu apoio na guerra civil contra Pedro I o Cruel. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María (s XVI), o palacio dos marqueses de Terán e a fonte de San Juan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Animadora teatral. Coñecida como Fusa Guillén, desenvolveu a súa actividade na comarca de Ferrolterra, desde a Asociación Cultural Garola de Cedeira, onde creou un colectivo para a posta en escena de espectáculos para a infancia e a mocidade. Tamén colaborou con diversas escolas municipais de teatro da área de Ferrol. É coautora de textos como O segredo de Daniel, Unha aboa a catro patas e A escada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, duque de Béjar, XIII conde de Lemos, X marqués de Sarria, X conde de Andrade e XI conde de Vilalba. Durante o seu padroado establecéronse as cátedras de Filosofía, Teoloxía Dogmática e Teoloxía Moral no seminario de Monforte de Lemos. Morreu sen sucesión e as súas posesións galegas pasaron a Jacobo Fitz-James Stuart y Colón, duque de Berwick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estableceu os seus primeiros obradoiros tipográficos en Ferrol, entre 1836 e 1837, para trasladarse posteriormente á Coruña. Alí, en 1837, imprimiu Poesías de un gallego (anónimo) e Novena de la Virgen del Carmen (1841).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Maigh Eo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mayo ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mayo.

    3. Pobo amerindio que habita no curso inferior do río Mayo, no estado mexicano de Sonora.

    4. Lingua uto-azteca do phylum amerindio que fala o pobo mayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. De nome Alfredo Fernández Martínez, converteuse na década de 1940 no galán de moda grazas a filmes como Escuadrilla (1941) e A mi la legión (1942), ás que seguiron outros como El último cuplé (1957), Pippermint frappé (1967) e Patrimonio nacional (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Foi un dos fundadores da socioloxía do traballo estadounidense, de grande influencia na psicoloxía industrial. Encontrou a relación entre a satisfacción do traballador e a súa produtividade e realizou os estudios sobre o comportamento humano no traballo, nos que descubriu a importancia das relacións informais dentro da planta de traballo e que o traballo é unha actividade grupal. Escribiu The Human Problems of an Industrial Civilization (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura de Chad (30.105 km2; 825.158 h [1993]). A capital é Bongor (20.448 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Doutora en Filosofía e militante feminista, é membro do consello de redacción da revista Ingenium. Cadernos de Historia das Ciencias e das Técnicas, do Seminario de Estudos Galegos, cofundadora da cátedra Caixanova de Estudios Feministas da Universidade de Vigo e membro da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía. Escribiu A cultura filosófica en Santiago de Compostela no século XIX (1982), Debates ideolóxicos na Compostela do s XIX (1995), O Kraussismo en Galicia e Portugal (1995), A cuestión de xénero e a marxinación (1997) e Luce Irigaray (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro. Foi deputado no Parlamento vasco e no Congreso de los Diputados en diversas lexislaturas. Foi designado delegado do goberno en Euskadi (1982) e ministro do Interior (1996-2001). Presidente do grupo parlamentario popular no Parlamento vasco (2001-2004), foi elixido deputado europeo en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico e político. Doutor en Farmacia pola Universidad de Madrid (1956) e director do centro de bioloxía molecular do CSIC, ocupou a carteira ministerial de Educación e Ciencia (1981-1982). En 1987 converteuse en membro do Parlamento Europeo e director xeral da UNESCO, cargo que renovou en 1993. Publicou, ademais de numerosos traballos científicos, os libros de poemas A contraviento (1985) e Terral (1997), e os ensaios Un mundo nuevo (1999) e UNESCO: un idéal en action (1996). Foi nomeado doutor honoris causa por distintas universidades, como as de Montevideo, Autónoma de Barcelona, Extremadura, València, Córdoba e Granada. En 1995 a Generalitat de Catalunya outorgoulle o premio Blanquerna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. É autora de numerosas publicacións sobre prosa e poesía españolas dos ss XIX e XX. Especializada na obra de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro, publicou La Poesía de Rosalía de Castro (1974), con material recollido na súa tese de doutoramento, Rosalía de Castro y sus sombras (1976) e Rosalía de Castro (1986). Combina as súas colaboracións xornalísticas en La Voz de Galicia coa dirección de diversas coleccións de narrativa nas editoriais Castalia e SM. Na súa obra, de carácter realista, combínanse temas propios do ser humano co misterio, o amor e a morte. O avance da acción sempre acontece na mente dos personaxes, de aí a importancia da perspectiva e da psicoloxía que a autora utiliza como recurso fundamental. Publicou Cándida, otra vez (Premio Ámbito Literario 1979), Al otro lado (Premio Novelas y Cuentos 1980), Plantar un árbol (Premio Gabriel Sijé 1981), Ensayo de comedia (Premio Hucha de Oro 1982),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Tomou o hábito beneditino en 1693 e traballou como mestre de obras de San Martiño Pinario. Foi cura de San Pedro de Soandres (A Laracha) e prior de Santo André de Campo Redondo (Ribadavia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en Tierra de Campos (1.771 h [2001]). A base da ecomonía é a agricultura, de secaño e regadío, e a gandería, e posúe industria derivada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Océano Índico, situada no arquipélago das Comores (374 km2; 156.000 h [estim 2001]). A capital é Dzaoudzi (10.792 h [1997]). Constituíu unha colectividade territorial de Francia. En 1976 obtivo a independencia mediante un referendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi un dos primeiros que interpretou adecuadamente a finalidade da respiración, ao considerala un intercambio de gases entre o aire e o sangue. Distinguiu no aire unha parte activa, que denominou spiritus nitro-aereus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña (3.811 h [2001]). A economía baséase principalmente na agricultura e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO