"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • GALICIA

    Mestre de Ensino Primario e político socialista, diplomado en Maxisterio e licenciado en Ciencias Políticas. Foi tenente de alcalde responsable de Educación na primeira corporación democrática viguesa (1979-1983) e deputado provincial. No ano 1981 foi elixido parlamentario na primeira lexislatura autonómica, cargo que renovou por tres veces consecutivas ata 1992, cando causou baixa. É autor de Discurso e tempo, publicado en "A Nosa Terra". En 2009 foi Premio da Crítica de Galicia pola obra Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel Ortiz Berrocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no concello de Manzaneda, pertencente á diocese de Astorga. Conserva no seu interior o retablo do Cristo Crucificado, formado por dous corpos estruturados con columnas nas dúas alturas. Na parte central sitúase a figura de Cristo acompañado nos laterais por dous mártires e no superior pola imaxe de santa Teresa. O retablo maior ten dous corpos e tres rúas con estípites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Célebre barman que converteu o habaneiro ‘Floridita’ nun dos establecementos máis famosos do mundo no seu momento. En 1926 instalouse en Barcelona, fundou sete anos despois o Boadas Cocktail Bar. Tralo seu pasamento sucedeuno a súa filla María Dolores, autora do libro Los cócteles de Boadas Cocktail Bar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral, licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse en 1982 ao grupo de marionetas Tanxarina onde traballou como manipulador de bonecos, actor, coautor de textos, deseñador de espacios e vestiario ou director de escena, amais de participar como docente en diversos cursos de construción e manipulación de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou cómpre subliñar Migallas e cirigaitas (1983), Rosalín no país do Sol (1984), Un, dous, catro..., 24. Mariquiña ten un gato (1985), Titiricircus (1988), Coca, a volta da besta (1989), O bebé (1991), Santiago, Santiago (1993), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995) ou Contaloucos (1998). En 1994 participou como actor no primeiro espectáculo de Producións Teatrais do Sur, Macbett. Colabora habitualmente na organización dos Encontros dos Titiriteiros Galegos e noutras actividades de promoción do teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel González Bosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro familiar e feminino que puido estar situado no Priorato (Amoeiro) e do que se descoñece a súa data de fundación. Un documento de 1173 amosa unha doazón de Fernando Oduáriz ao mosteiro de Bóveda. Outro documento de 1175 sinala o nome da abadesa que o rexentaba, Dona Maior. A mediados do s XV, o Papa Nicolao V anexionouno ao mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia. Despois ingresou na orde do Císter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Licenciado en Física (1963) e en Ciencias Económicas (1969). Afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1960. De 1966 a 1971 traballou no Servicio de Estudios do Banco de España. Ocupou diversos postos directivos en empresas e institucións; foi subdirector (1971) e director xeral (1974) de investigacións no Instituto Nacional de Industria (INI), director de planificación estratéxica de Explosivos Río Tinto, S A (1975-1978), economista do Banco de España (1979-1981), director xeral de planificación e estudios no Instituto Nacional de Hidrocarburos, INH (1981-1982) e presidente do Banco Exterior de España (1985-1988). En 1989 foi nomeado conselleiro do Grupo Construciones y Contratas, S A (GRUCYCSA), Fomento de Obras y Construciones, S A (FOCSA), Portland Valdeminas, S A e Corporación Financiera Reunida, S A (COFIR, S A). Dende 1993 é vicepresidente de FOCSA. No eido da política entrou a formar parte do comité executivo do PSOE en 1976. Foi deputado por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro que estivo situado en Vila de Cruces. As primeiras fontes documentais datan do 1087 cando a infanta dona Elvira, filla de Fernando I, doou á igrexa de Santiago a metade deste cenobio. Afonso VI, o seu irmán, completou a doazón no ano 1100. A Historia Compostellana cítao como unha das adquisicións feitas pola Igrexa de Santiago. O Papa Pascual II contou con este mosteiro entre as súas posesións na sé compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Foi veciño de Santiago de Compostela. En 1562 tomou ao seu cargo a obra do retablo principal da antiga capela Don Lope, na catedral compostelá. Realizou en 1567 o retablo para a igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontedeume. Pertenceu a un mosteiro agostiño que aparece documentado no tombo de Caaveiro nun escrito do 1169. O templo conserva na fachada unha inscrición do 1187. De estilo románico, ten planta de cruz latina cunha nave e tres ábsidas. A nave principal cóbrese cunha bóveda apuntada e a do cruceiro con bóveda de aresta, o cruce entrambas as dúas vai cuberto cunha bóveda de crucería. A fachada principal remata nun pequeno frontón culminado por unha cruz. Conserva rosetóns na fachada principal e na nave N do cruceiro. No seu interior garda unha talla románica de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Durante a Segunda República foi director xeral da Garda Civil. O 18 de xullo de 1936 secundou a sublevación militar que deu lugar á Guerra Civil e presidiu a Xunta de Defensa do exército nacional, como xeneral máis antigo, ata a fin da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Formouse na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou na historia agraria de Galicia, e ampliou estudios nas universidades de Boloña e Bielefeld. Ademais de diversos artigos e relatorios en congresos nacionais e internacionais, é autor de Pensamento económico e agrarismo na primeira metade do século XX (1997), O agrarismo (1998) e A estación de fitopatoloxía agrícola da Coruña (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, no 1955, acadou a cátedra de Patoloxía e Clínica Cirúrxica. Dedicou unha especial atención á infección en cirurxía e traballou tamén nos receptores de estróxeno en tumores de mama e ensaios clínicos. Pertenceu a numerosas sociedades científicas, foi secretario e presidente da Sociedad de Cirugía de Galicia (1988-1995) e director da Revista Gallega de Patología Digestiva. Ademais de numerosos artigos científicos, publicou: Infección en cirugía (1994), Contenidos y objetivos docentes en patología quirúrgica general y del aparato digestivo (1996), Conferencia de consenso sobre la infección en cirugía (1997) e Asepsia y antisepsia en cirugía (1999), entre outros libros. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, foi galardoado con premios como o Conde de Fenosa (1984), Sociedad de Cirugía de Galicia (1986) ou Braum-Dexon (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou a súa andaina profesional a partir do ano 1975 en Lugo. A súa obra expúxose en diversas cidades como Lugo, Madrid (Foco 83) ou Vigo, onde participou na Primeira Bienal (1984), amais doutras exposicións colectivas. Colaborou, xunto con outros tres fotógrafos lucenses, na publicación do libro Cuatro X Veinte. Publicou a súa obra en diversos catálogos, libros e carteis turísticos. Conseguiu varios premios a nivel estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Oviedo, está integrada no conxunto catedralicio. Construída no s X, é unha das arquitecturas emblemáticas do Camiño de Santiago do norte. Pertenceu á primitiva catedral ovetense. De planta rectangular, está estruturada en dúas alturas: a inferior está formada pola cripta ou capela de santa Locaia e acolle as reliquias de santo Euloxio, santa Locaia e as traídas da Arca Santa procedentes de Toledo; a planta superior é a cámara propiamente dita. No s XII reformouse e substituíuse a cuberta de madeira por unha bóveda de canón. Destacan as columnas da cámara con xambas decoradas coas figuras dos apóstolos, entre os que se atopa Santiago Peregrino, e os capiteis con escenas do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na escola de Bellas Artes de Madrid e en 1976 trasladouse a París. A súa obra inicial encádrase nunha corrente de abstracción xeométrica, sen embargo, desde 1980 seguiu unha orientación máis figurativa na que predomina a expresión, manifestada en series como El diluvio (1981), Omphalos (1984) e La grappa (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Profesor de socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, iniciouse en Economía e obtivo o Diplome d’Études Approfondies pola Université de Paris VIII (Vincennes). Destacado militante do PCG-PCE, ingresou posteriormente, na coalición IU. Publicou, entre outras obras: El laberinto de las autonomías y las castas periféricas dominantes, una introdución a la sociología electoral (1982), Análisis socio-económico de la Costa de la Muerte (1986), en colaboración con Pedro Arias Veiga, Las elecciones en Galicia, 1977-1997: de la hegemonía centrista a la competencia tripartidista (1998), Economistas, empresarios, intelectuales, periodistas, políticos, prelados y sus mercados macro y microsociales (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado no concello do Porriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Carballeda de Avia. A fachada principal amosa as características propias do barroco: frontón semicircular partido, que acolle unha imaxe orante da Virxe con remate curvo, torre con varios corpos e balaustrada na parte superior, e decoración con bólas. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO