"Most" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 99.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra documental da literatura rusa antiga aparecida no s XVI en Novgorod. Dividida en tres partes, xurdiu ante a necesidade da centralización do poder político e dunha ríxida ideoloxía autoritaria.
-
-
Pertencente ou relativo aos entomostráceos.
-
Crustáceo da división dos entomostráceos.
-
Antiga división dos crustáceos, proposta en 1806 por Pierre André Latreille, que agrupaba os branquiópodos e branquiúros, cefalocáridos, copépodos, cirrípedes, ostrácodos e mistacocáridos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición internacional de carácter temporal de maquinaria agrícola, forestal, de obras públicas e de construción, xunto á industria do moble, da alimentación, do turismo e da decoración, que se celebra no recinto feiral de Ferrol para promover o seu coñecemento e venda. O ministerio de Economía e Comercio outorgoulle a categoría de Internacional en 1985. A súa orixe remóntase á Feria de Industria y Artesanía que tivo lugar en Ferrol entre agosto e setembro de 1953, segundo un proxecto do Círculo Mercantil e Industrial para favorecer a economía ferrolá. En febreiro de 1959 constituíuse o Consorcio Pro-Ferias y Exposiciones, que se ocupou da organización da I Feria de Muestras (1963) e solicitou da Asociación de Ferias de España (AFE) o seu ingreso nesta entidade; dende 1964 pasou a denominarse Feria Nacional de la Industria Naval y de Muestras del Noroeste. En xullo do 2002 celebrouse a súa 40 edición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro feminino que estivo situado en Armenteira (Meis). Só está documentado nunha doazón que fixo Aragonta Fróilaz no 1166.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta fisiolóxica a unha lesión vascular, coa finalidade de parar a hemorraxia. Consta dunha fase de vasoconstrición da área danada, outra de adhesión e agregación das plaquetas para a formación do tapón plaquetario, a de coagulación, e a de reparación do tecido danado. Fálase tamén de hemostase cando a acción de parar a hemorraxia se intenta por medios físicos, comprensión directa, indirecta, torniquete ou fármacos. Tamén recibe o nome de hemostasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hemostase.
-
-
Relativo ou pertencente á hemostase.
-
Aplícase ao medicamento, substancia ou procedemento que se emprega para deter unha hemorraxia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é susceptible de ser demostrado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Ledesma (Boqueixón). En 1114 a Raíña Urraca doouno á igrexa de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Lobaces (Trasmiras). Foi priorado de San Martiño de Grou, casa que pasou a depender de San Salvador de Celanova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no lugar de Lubre (Ares). Pola súa proximidade estivo vinculado ao mosteiro de Caaveiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo priorado do mosteiro cisterciense de Oseira, situado en Marín, fundado a finais do s XII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Monforte de Lemos. Foi fundado por Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos, e a súa muller, dona Catarina de la Cerda, en 1622. Destaca polo seu claustro de estilo clasicista, realizado en cantaría nun estilo sobrio a base de pilastras. A igrexa, reconstruída na década de 1920, realizouse en estilo gótico e ten unha soa nave terminada en ábsida. No convento sitúase o Museo da Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado sobre o outeiro homónimo (519 m) situado entre Nápoles e Roma, ao lado da cidade de Cassino. Foi fundado por san Bieito, arredor do 529, sobre o emprazamento dun antigo templo de Apolo. Destruído polos longobardos arredor de 580, foi reconstruído en 717 e novamente a mediados do s X, despois de ser destruído polos sarracenos en 883. Arredor de 949 os moxes volveron a el e durante século seguinte, baixo o goberno do futuro Papa Víctor III, o mosteiro converteuse nun gran centro cultural e artístico, moi influínte na política da época. Destruído por un terremoto en 1349, poucos anos despois iniciouse a reedificación, pero durante a Segunda Guerra Mundial, o mosteiro foi practicamente arrasado por un bombardeo aliado (1944). Comezados os traballos de reconstrución en 1945, o Papa Paulo VI consagrou a súa basílica en 1964.
-
CIDADES
Cidade de Bohemia, na República Checa, situada na beira do Biela e aos pés de Colline Metallifere (68.755 h [2001]). É o primeiro centro produtor de lignito da República Checa. A poboación foi case totalmente alemá ata o s XIX, que comezou a emigración de traballadores checos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Bigote grande e mesto.
-
Cada un dos cabos grosos cos que se asegura o bauprés por unha e outra banda, que fan de obenques deste mastro e van fixados ás amuras.
-
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Traballou para Margarida de Austria (1480-1530) e acompañouna durante as súas viaxes, facendo retratos dos seus cortesáns, nos que incluía elementos simbólicos e arquitecturas renacentistas. Tamén cultivou a pintura relixiosa. Da súa obre destaca Paisaxe das Indias Occidentais (1525-1530).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Bosnia-Herzegovina (75.865 h [1991]). Situada na beira do río Neretva, é unha cidade de aspecto oriental e conserva un porto do s XVI e numerosas mesquitas, entre as que destaca a de Karadzoz (1557). Resultou parcialmente destruída polos serbios a raíz da guerra que seguíu á disolución de Iugoslavia (1991). Destaca a ponte sobre o Neretva, a construción otomá de 1566 foi destruída en 1993. Símbolo da unión de bosnios, croatas e musulmáns, reconstuíuse e inaugurouse de novo o 23 de xullo de 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Planta herbácea anual, de ata 80 cm de altura, que presenta follas liradas e pinnatipartidas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acio e froito en sílicua curta provista dun longo bico. Crece en campos e en ermos. OBS: Tamén recibe o nome de mostaza branca.
-
mostaza brava [Sinapis arvensis, Fam das brasicáceas]
Planta herbácea anual, de 30 a 80 cm de altura, de follas híspidas, as inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, de flores amarelas, dispostas en acios, e de froitos en sílicua terminados en punta. Dáse en terras de cultivo, en case toda Europa; en Galicia florece entre maio e setembro.
-
mostaza negra [Brassica nigra, Fam brasicáceas]
Planta herbácea anual, de ata 100 cm de altura, que presenta as follas inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acios, e froito en silícua. Habita en campos e en lugares incultos. As sementes úsanse na preparación da salsa de mostaza.
-
-
iperita.
-
Derivado da iperita no que se substitúe o xofre por nitróxeno, para evitar o efecto tóxico vesicante. Permite obter efectos biolóxicos sobre diferentes tumores. Da mostaza nitroxenada clásica (mecloretamina) derívanse outras menos tóxicas como quimioterápicos antineoplásticos para o tratamento de tumores.
-
Salsa pastosa elaborada a base da semente (enteira, triturada ou moída) da mostaza negra e sazonada con vinagre, que se emprega como condimento.
-