"Oder" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 136.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das agaricáceas. Presentan cogomelos a xeito de sombreiro de ata 5 cm de diámetro, de cor ocre ou acastañada amarelada, con láminas densas e brancas que se tornan ocres ao madurecer; o pé ten a mesma cor ca o sombreiro e presenta un anel no terzo superior que continúa nunha cuberta escamosa. En Galicia está presente a especie C. amianthinum debaixo de piñeiros e queiroas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período comprendido entre a maioría de idade de Isabel II (1843) e o Pronunciamento de Vicálvaro (1854), que estivo dominado politicamente polo partido moderado, que dirixía o xeneral Ramón María Narváez. O xeneral Narváez, que se sublevou contra a rexencia de Espartero en maio de 1843, presidiu o novo goberno dende 1844 e substituíu a Constitución de 1837 pola de 1845. Esta Constitución, moito máis conservadora ca a anterior, recoñecía que a monarquía e as Cortes, organizadas en Congreso e Senado, compartían a soberanía. Narváez transformou o seu goberno nunha ditadura moderada a consecuencia da revolución europea de 1848, e asinou un Concordato (1851) polo que a Igrexa aceptaba a desamortización e o clero recibía, a cambio, unha subvención do Estado. Entre outras medidas, creouse un corpo armado coa finalidade de manter a orde pública, a Garda Civil (1844), estableceuse o dominio do goberno sobre a administración local, reformouse a facenda e suprimíronse os tributos locais. Non obstante...
-
-
Quitar a alguén aquilo que posuía ou do que se apoderara.
-
Desposuír a alguén do poder ou poderes que posúe sobre algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola espiritual xurdida nos Países Baixos a finais do s XIV, con certas influencias da mística xermánica e neerlandesa e da escola franciscana, pero máis intimista e personalista. Geert Groote (Deventer, Países Baixos 1340-1384) creou os irmáns e irmás da Vida Común. O seu discípulo, Florens Radewijns, organizou os cóengos regulares de Windesheim. Estes desenvolveron a corrente intimista e a corrente metódica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros, da familia dos escarabeidos, que na fase de eiruga supón unha praga para os cultivos de cereal ao afectarlles á raíz e reducir os rendementos de produción da semente, ou mesmo matar as plantas.
-
PERSOEIRO
Escritor. Iniciou unha tendencia cara á novela episódica, chea de reflexións e comentarios, e tratou temas psicolóxicos e sociais dun xeito case naturalista. Da súa produción destaca Die Dämonen (Os demos, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Folla ou capa máis externa, na que se dispoñen as células do blastoderma despois da segmentación, no estado de gástrula, destinada a formar o sistema nervioso, o revestimento cutáneo, os órganos dos sentidos e parte do tubo dixestivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ectoderma.
-
-
endoblasto.
-
Tecido vexetal formado por unha capa dun só estracto de células, situado por enriba do periciclo e por debaixo do parénquima cortical. Regula o paso de materiais que entran e saen do sistema vascular. É característico das raíces, aínda que tamén se pode ver no talo dalgunhas plantas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao endoderma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido en Lugo en agosto de 1901. Tivo unha periodicidade semanal ou decenal.
-
-
Relativo ou pertencente aos equinodermos.
-
Deuteróstomo do filo dos equinodermos.
-
Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto de simetría radial ou bilateral -ás mais das especies con cinco partes ou raios iguais- calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero, consistente nunha serie de vasos internos cheos de líquido -que penetra a través da placa madrepórica situada na parte dorsal do animal- e que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo formado por un anel ao redor da boca e nervios radiais, e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa, inxectando nalgúns casos veleno. O principal sistema de defensa dos equinodermos constitúeno as espiñas, que nalgúns casos poden resultar velenosas e tóxicas. Tamén poden presentar autotomía e desprenderse dunha parte do seu corpo, como un brazo, ou no...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección cutánea caracterizada principalmente por un eritema ou arrubiamento universal, é dicir, en toda a superficie cutánea. Pode representar unha enfermidade por ela mesma, de causa descoñecida, ou ben pode resultar un estado evolutivo de diversas dermatoses.
-
-
Relativo ou pertencente ás esclerodermatáceas.
-
Fungo da familia das esclerodermatáceas.
-
Familia de basidiomicetos con basidiocarpos estipitados, de peridio groso e simple, capilicio rudimentario e coas basidiosporas redondas e sen esterigmas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade do grupo das colaxenoses, de causa descoñecida e de patoxenia inmunolóxica, que afecta á pel, ás articulacións, aos músculos e a algunhas vísceras como o esófago e o resto do tubo dixestivo, o pulmón, o corazón e os riles. A forma xeneralizada da enfermidade denomínase tamén esclerose sistemática progresiva e os seus síntomas principais son: enfermidade de Raynaud, esclerodactilia, artralxias, telanxiectasia, calcificacións subcutáneas ou calcinose, afectación da cara, que se volve coma unha máscara, e trastornos funcionais das vísceras danadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución pedagóxica fundada en Barcelona en 1901 por Francesc Ferrer i Guàrdia coa idea de poñer en práctica as ideas da escola racionalista e a coeducación. Tiña anexa unha editorial. A escola conseguiu de maneira rápida un importante prestixio dentro dos ámbitos intelectuais e ao mesmo tempo espertaba unha gran desconfianza entre as clases acomodadas, que vían nela un fondo anarquista e francomasónico. O atentado real (maio de 1906), levado a cabo polo empregado da editorial Mateo Morral, provocou a clausura da escola. Josep Casasola -antigo profesor- continuou o seu espírito no Colexio de La Place (Barcelona). Ferrer conseguiu, sen embargo, reorganizar a editorial, que aumentou entón a publicación de textos anarquistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado cortical da raíz formado por células alongadas radialmente que se suberizan e se lignifican. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido cortical que orixina o felóxeno, que se constitúe por células ricas en clorofila e non suberizadas.
-
PERSOEIRO
Humanista francés. Estudioso do hebreo e do sirio, foi convidado por Arias Montano para participar na elaboración da Biblia políglota de Anveres. Das súas obras destacan Novum Testamentum syriace, cum versione latina (1560), Novum J. Chr. Testamentum, syriace litteris hebraicis, cum versione latinâ interlineari (1584), Encyclique des secrets de l’éternité (1571) e La Galliade, ou de la révolution des arts et sciences (1578).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Posuír a alguén sexualmente.
-
Botar algo a perder.
-
Causar un dano ou prexuízo a algo ou a alguén.
-
Causar a alguén unha molestia ou incomodidade.
-
Quitar algo a alguén mediante violencia ou engano.
-
Realizar o coito.
-
Causar algo un prexuízo ou molestia. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Quen ten prata, fode e mata”.
-
Resultar algo ou alguén molesto o desagradable.
-
Botarse a perder algunha cousa.
-
Recibir alguén un prexuízo ou molestia.
-