Escola Moderna

Escola Moderna
[EDUC]

Institución pedagóxica fundada en Barcelona en 1901 por Francesc Ferrer i Guàrdia coa idea de poñer en práctica as ideas da escola racionalista e a coeducación. Tiña anexa unha editorial. A escola conseguiu de maneira rápida un importante prestixio dentro dos ámbitos intelectuais e ao mesmo tempo espertaba unha gran desconfianza entre as clases acomodadas, que vían nela un fondo anarquista e francomasónico. O atentado real (maio de 1906), levado a cabo polo empregado da editorial Mateo Morral, provocou a clausura da escola. Josep Casasola -antigo profesor- continuou o seu espírito no Colexio de La Place (Barcelona). Ferrer conseguiu, sen embargo, reorganizar a editorial, que aumentou entón a publicación de textos anarquistas.