"Orro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 157.

    1. Mancha producida ao caer unha gota de tinta nun papel ou ao riscar sobre algo escrito.

      1. Cada un dos pasadores de madeira que atravesan, pola parte exterior, os extremos do eixe do carro co fin de fixar e impedir que se desprendan as rodas.

      2. Tronco de madeira, groso e pequeno, que remata a armazón do lagar cando neste se van espremer as uvas xa antes pisadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Ribadavia. As súas armas levan, en campo de azul, un lagar. Os troncos que atan a estrutura chámanse borróns. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Borróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 1 cachazo.

    2. Representación escultórica feita en pedra con forma de animal grande (porco, xabaril, touro, etc), propia da época castrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba da familia das asteráceas cuberta dunha especie de borra de tomento branco, denso e suave. Os capítulos, xeralmente, presentan todas as flores tubulosas, poucas hermafroditas e moitas femininas. Os pelos do vilano non son plumosos e o receptáculo non presenta escamas nin brácteas. En Galicia están presentes as especies Pseudognaphalium luteo-album, en lugares areosos e húmidos, e Filaginella uliginosa, propias de lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Verín. As súas armas levan, en campo de azul, unha borrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se distingue ou ve con claridade e precisión.

      1. Obras pitóricas pouco concretas, de contornos ou de trazos que dan como resultado un efecto confuso, que pode ser feito intencionadamente para conseguir un resultado determinado: atmosfera, distancia, escuridade, etc.

      2. Obras desvaloradas de ton, por falla de mestría no oficio pitórico, e que fan o efecto de tacos imprecisos que desfán a harmonía do conxunto.

    2. Opción que posúen algunhas aplicacións de tratamento de fotografías ou infografía co fin de facer que unha parte ou a totalidade dun documento gráfico se distinga con pouca claridade ou precisión. Fundamentalmente se utiliza para imitar efectos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prosista e políglota inglés. Destacou polas súas obras autobiográficas: The Zincali, or An Account of the Gypsies in Spain (Os xitanos en España, 1841) e The Bible in Spain (A Biblia en España, 1842-1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático da Universidad Complutense e da Pontificia de Salamanca. Foi subdirector xeral de Orientación Pedagóxica, de Educación Permanente e Especial, concelleiro en Madrid, deputado provincial na Diputación de Madrid, director do Instituto de la Juventud, director do Instituto de Psicología y Psicotecnia, e agregado laboral á embaixada de España en Venezuela, amais de director da RTVE. Colaborou con artigos en numerosos xornais e revistas. Publicou as seguintes obras: Apuntes de política social (1963), La Juventud ante los problemas sociales (1966), Introdución histórica a la psicología social (1979) e Fundamentos psicosociales de la información.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría ou exemplar novo dos carnívoros terrestres, especialmente do can.

    2. Persoa nova, especialmente a que se inicia nunha actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube que anuncia tronada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída na Coruña o 3 de abril de 1978 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña y Lugo (1896) e da Caja General de Ahorros y Monte de Piedad de Ferrol (1902), culminando un proceso pioneiro en España. A partir desa data incorporáronse novas entidades financeiras: en 1980 a Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago de Compostela (1879), en 1982 a Caja de Ahorros Provincial de Lugo (1964), en 1986 as caixas rurais da Coruña (1979) e Pontevedra (1968), en 1988 a Caja Rural de Orense (1961) e en 1992 a Caja Rural de León (1968). Dende 1978 dirixiuna José Luis Méndez López. En 1980 iniciou un proceso de expansión, ás veces a través da compra de oficinas bancarias doutras entidades (Banco de Fomento, Banco Urquijo e BNP Paribas), que a levou a ter presenza en todas as comunidades autónomas españolas, fundamentalmente en Madrid, nas comunidades mediterráneas e no Bierzo, así como en Portugal e noutros puntos de Europa e América. No 2000 posuía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en Vigo o 17 de xullo do 2000 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo (1880), da Caja de Ahorros Provincial de Orense (1933) e da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra (1930). Ademais, forma parte da entidade o Banco Gallego (1988), que pertencía ao grupo de Caixavigo dende 1997. Con anterioridade, a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo e a Caja de Ahorros Provincial de Orense asinaran en 1999 unha escritura de fusión. Dirixida por Julio Fernández Gayoso, quen dende 1965 era director xeral de Caixavigo. Durante o proceso de integración copresidiron a entidade Ramón Cornejo Molíns, procedente de Caixavigo; Manuel Bermúdez Castro, de Caixa Ourense; e Manuel Campos Vilariño, de Caixa Pontevedra. Está presente en todo o territorio galego, así como no Bierzo, Madrid, Lisboa, Porto, Xenebra, Caracas e México D F. No 2000 posuía unha rede de máis de seiscentas oficinas operativas, tiña un volume de negocio de 3 billóns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Memoria editada en Vigo a partir do ano 1909 na imprenta de La Concordia. Figuraba como presidente da entidade Ricardo Senra Fernández, alcalde da cidade. Estaba dividida en dúas seccións: “Memoria” e “Datos estadísticos de 1904 a 1908”, na que aparecían cadros económicos ilustrativos. Reapareceu en 1927 co subtítulo de “Balance general y resumen de operaciones”. Seguiu editándose ao longo dos anos e foi introducindo artigos de interese económico e social como “Préstamo al Real Club Celta para adquisición del estadio de Balaídos” (1945) ou “Operaciones del Monte de Piedad” (1945). Nos boletíns posteriores (1985) xa aparece unha división máis estruturada, no que se incluían as seccións: “Análisis del Balance”, “Organización Administrativa”, “Marketing”, “Personal” e “Relaciones públicas y publicidad”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en Madrid pola lei de 1909. Actuou como organismo autónomo financeiro dependente do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións. Diferenciouse do resto do sector en que os seus excedentes se distribuían en partes iguais entre o Tesouro Público e o fondo reservado do organismo. Converteuse en sociedade anónima en 1992 e integrouse dentro do grupo Argentaria, Corporación Bancaria de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría da Coruña, no litoral da parroquia de Maianca (concello de Oleiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza que sobresae do plano vertical das paredes para termar do peso dunha solaina, dun balcón ou dos beirais dun tellado. Adoitan ter representacións antropomórficas, zoomórficas, vexetais ou xeométricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo (1564) e cardeal (1560) de Milán. A tradición conta que durante a gran peste de 1575 andou en procesión de penitencia por Milán, cunha corda ao pescozo e cun cilicio, socorrendo os apestados. Interveu no Concilio de Trento (1545-1563), dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Malia a súa actitude de severidade e austeridade, foi moi popular, especialmente trala peste de 1576, que orixinou unha gran mortaldade. Escribiu numerosos sermóns e instrucións; entre eles, Actas sinodiais, Sermóns, Instrucións e cartas. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro. En iconografía represéntase vestido de cardeal, co capelo e a capa purpúreas, e leva como atributos o báculo arcebispal coa dobre cruz, un crucifixo na man e unha corda ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome e apelido de procedencia toponímica. No léxico común existe a voz chamorro co significado de ‘que está pelado ou rapado’ e ‘penedo redondo ou terreo con penedos’; por este motivo, é probable que a orixe do nome común e a do topónimo sexa a base preindoeuropea *mor ‘pedra’. O nome de lugar Chamorro faría referencia á natureza rochosa destes lugares, e podería derivar de flamma ‘chama’ e o sufixo prerromano -orro, que daría ‘monte queimado, sen vexetación’. Existe tamén unha etimoloxía popular para o topónimo de Ferrol: estando un náufrago en perigo de morte, invocou a Virxe coa frase “xa morro” que daría lugar ao actual nome. Como prenome feminino, introduciuse a raíz da devoción á Virxe de Chamorro, patroa dos mariñeiros. Ata mediados do s XIX denominábase Nosa Señora do Nordés, en alusión a este vento perigoso para os mariñeiros; posteriormente, adoptou a denominación de Virxe de Chamorro polo monte onde se sitúa. A ermida...

    VER O DETALLE DO TERMO