"Osio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 45.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo grego procedente de Eudoxía (ε ὐ δοξία) ‘boa opinión, reputación, boa sona, célebre’, a través do latín Eudoxia. Presenta o hipocorístico Dosi. Santa Eudosia foi unha mártir bizantina en Heliópole (152), que espallou por Oriente o culto a santo Estevo. Este nome levárono tamén varias emperatrices do Imperio de Oriente, e nos países eslavos seguiuno empregando a realeza, como a muller de Pedro I o Grande. A súa festividade celébrase o 5 de setembro e o 2 de novembro.
-
-
-
Liberación brusca e violenta dunha certa cantidade de enerxía química, debido á transformación moi rápida do equilibrio físico-químico dunha substancia ou dun conxunto de substancias, que se manifesta na produción dunha gran cantidade de calor e gases. Este proceso, cunha duración de microsegundos, ten lugar en catro fases. Na primeira, a de iniciación, unha pequena fonte de enerxía provoca unha descomposición local. A segunda é a fase de propagación da reacción química, produto da transformación do explosivo nunha mestura de gases a presión e temperaturas moi elevadas (transformación de enerxía química en enerxía mecánica); segundo a velocidade de reacción, fálase de deflagración (velocidade da orde de m/s) ou de detonación (velocidade da orde de km/s). Na terceira fase prodúcese a propagación da onda de choque no medio inerte próximo ao explosivo. A derradeira fase da explosión é a expansión dos materiais rotos no medio exterior ata a disipación total da enerxía producida.
-
explosión nuclear
Reacción de fisión ou de fusión nuclear moi rápida, acompañada da liberación dunha gran cantidade de enerxía térmica.
-
-
Manifestación espontánea e violenta dun estado de ánimo.
-
Incremento súbito da poboación dun territorio a partir de elementos preexistentes.
-
-
Liberación, normalmente brusca, da corrente de aire nunha articulación calquera, sobre todo consonántica.
-
Terceiro e último momento (os outros dous son implosión e oclusión), que se distinguen na articulación dunha consoante oclusiva.
-
Barra característica, de desenvolvemento vertical e de moi pouca duración, que aparece nos espectrogramas como resultado dunha explosión consonántica.
-
-
-
GALICIA
Militar. Ingresou na Academia Militar de Toledo en 1880. Estivo destinado en Cuba en 1893; posteriormente participou na Guerra de Marrocos. Foi nomeado gobernador militar de León e da Coruña. Foi condecorado con varias cruces vermellas, gañadas en Cuba e África, e coa cruz da Légion d’Honneur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, escritor e arquiveiro. De orixe galega, colaborou na Crónica General de España (1865-1867), Revista de España e La Ilustración Gallega y Asturiana. Entre as súas obras destacan o libreto da zarzuela Pedro Madruga, Alfonso. Recuerdos de Galicia (1895), El castillo del marqués de Mos de Sotomayor. Estudio histórico sobre el feudalismo en Galicia (1870-1871) e Últimas relaciones de España con la República de Chile (1871-1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como avogado e liderou o Partido Republicano Federal en Pontevedra. Redactor de La Unión Republicana de Pontevedra, foi nomeado correspondente do xornal El País e en 1903 dirixiu o diario republicano vigués La Justicia. Despois de coñecer a A. Lerroux en 1904, seguiuno a Barcelona, onde se instalou en 1906 e onde destacou polas campañas contra Solidaritat Catalana que fixo desde El Progreso, que el mesmo dirixía. Cando A. Lerroux marchou de España, quedou como cabeza do lerrouxismo liderando o Partido Republicano Radical. Elixido concelleiro en Barcelona (1909), foi encarcerado tralos acontecementos da Semana Tráxica (1909) e despois defendeu a algúns dos implicados máis destacados. Deputado a Cortes (1910), intentou fusionar o Partido Radical e a Unió Federal Nacionalista Republicana para constituír unha alternativa aos rexionalistas cataláns (1914). Estivo detido trala...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de esnaquizarse, de romper subitamente de fóra a dentro, ao cederen as paredes dun recipiente sometido a unha presión exterior superior á interior.
-
Precipitación violenta da materia dun astro cara ao seu centro de colapso gravitacional.
-
Primeira fase da articulación dun fonema oclusivo, caracterizada por un movemento de aproximación dos órganos supraglóticos no estado específico ou normal daquel fonema. Adoita coincidir parcialmente co momento distensivo da articulación precedente.
-
-
PERSOEIRO
Mestre de capela da catedral de Tui. Sucedeu a Xoán Antón Basterra grazas ao informe emitido polo mestre da catedral compostelá Melchor López. Desempeñou ese cargo desde 1791 ata 1796, ano en que foi nomeado cóengo da catedral. A súa obra é pouco abondosa e non difire moito estilisticamente da do seu predecesor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Foi eclesiástico e estudou en Salamanca e en Alcalá. Continuou a Crónica General de España (1574-1586) que iniciara Florián de Ocampo. Desde xuño de 1572 a febreiro de 1573 realizou unha viaxe por Galicia, León e Asturias por orde de Filipe II. O pai Flórez publicou en 1765 o resultado desa viaxe en Viage de Ambrosio de Morales...a los Reynos de León, y Galicia, y Principado de Asturias: para reconocer las reliquias de Santos, sepulcros reales, y libros manuscritos de las Cathedrales, y Monasterios. En 1588, defendeu o voto e os privilexios da catedral de Santiago de Compostela por encargo do arcebispo Xoán de San Clemente e o cabido compostelán. Escribiu Oración Latina (1590), en defensa do traslado dos restos do apóstolo Santiago a Compostela, Declaración con certidumbre por averiguación de historia, de si hizo el voto y dio el Privilegio a la Iglesia de Santiago el Rei Don Ramio I o II e Estudio de las datas de diez privilegios reales...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e teólogo. Segundo a tradición fuxiu da invasión dos suevos en Galicia, e en 414 chegou a Hipona, onde tivo relación con santo Agostiño, e escribiu Commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum. En Xerusalén polemizou contra Pelaxio. Escribiu despois o Liber apologeticus contra Pelagianos. Nunha derradeira estadía en Hipona (416-417), santo Agostiño animouno a escribir unha historia universal contra os pagáns, a primeira escrita por un cristián, Historiarum adversus paganos libri septem, en que expuxo a situación catastrófica en que se atopaba a humanidade antes da chegada de Xesús Cristo e que supuxo un documento básico para o estudo da presenza sueva en Galicia e a descrición xeográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ONOM Antropónimo que ten a súa orixe no nome latino Orosius, probablemente derivado do nome común os, oris ‘boca’; para algúns este nome relaciónase con Eurosio ‘o que ten moita graza’, de orixe grega.
-
PERSOEIRO
Bispo de Córdoba. Foi confesor da fe baixo Maximiano e un dos asinantes do Concilio de Elvira. Foi conselleiro de Constantino I o Grande e presidiu o Concilio de Nicea onde defendeu a homoousios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e funcionario irlandés. Traballou ao servizo de España e emigrou a Bos Aires, Perú e Chile, onde se dedicou ao comercio. Foi gobernador e capitán xeneral de Chile (1788-1796) e vicerrei de Perú (1796-1800), onde destacou pola súa actividade en obras públicas, transportes e comercio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ourense a partir de xullo de 1945. Cesou ao ano seguinte. Dirixida por Xosé Luís Varela, tivo carácter literario, con especial dedicación á poesía, aínda que tamén incluíu traballos de ciencia ou relixión. Impulsada por un grupo de mozos ourensáns que constituíron o Círculo Azor e que asistían ao parladoiro literario do café Roma, contou coa colaboración de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Xosé Mª Castroviejo, Pilar Vázquez Cuesta, Álvaro Cunqueiro ou Gerardo Diego. Incluíu todas as tendencias poéticas do momento e fomentou a escrita en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ourense a partir de xaneiro de 1951. Cesou en 1954. Vinculada á Agrupación Posío Arte y Letras, tentou revivir o legado cultural da antiga Posío. De carácter literario, cultural e de pensamento, foi dirixida por Xesús Ferro Couselo, que estruturou a publicación en catro bloques: actividades da agrupación; temas, figuras e problemas de Ourense; creación, crítica e ensaios literarios; e outros temas (relixión, ciencia, lingua ou historia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Antonio Sánchez Ferlosio.
-
PERSOEIRO
Poeta e cantautor, irmán de Rafael Sánchez Ferlosio. Coñecido como Chicho Sánchez Ferlosio, destacou polas súas cancións antifranquistas, como “Gallo rojo, gallo negro”. Colaborou con coñecidos intérpretes, como Luis E. Aute ou Javier Krahe, e protagonizou o documental Mientras el cuerpo aguante (1982), de F. Trueba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, fillo de Rafael Sánchez Mazas. Autor da narración poética Industrias y andanzas de Alfanhuí (1951), deuse a coñecer coa novela El Jarama (1956, Premio Nadal 1955), unha das obras clave da narrativa de posguerra. Posteriormente, a súa obra evolucionou cara ao experimentalismo lingüístico con Las semanas del jardín. Semana primera: Liber scriptus proferetur (1974) e Las semanas del jardín. Semana segunda: Splendet dum frangitur (1974). Publicou os relatos El huésped de las nieves (1982) e El escudo de Jotam (1983), e afondou no ensaio e o artigo periodístico en Mientras los dioses no cambien, nada ha cambiado (1986), os dous volumes de Ensayos y artículos (1992) e Vendrán más años malos y nos harán más ciegos (1993, Premi Ciutat de Barcelona e Premio Nacional de Ensaio). En 1986 publicou a novela El testimonio de Yardoz e posteriormente o ensaio El alma y la vergüenza (2000) e a recompilación...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Segunda parte dos banquetes celebrados antigamente polos gregos e polos romanos, en que os comensais bebían de acordo coa prescrición do simposiarca (ou rex convivii romano), cantaban poemas, recitaban poesías ou conversaban.
-
Reunión de especialistas dunha mesma área para estudar aspectos diversos relacionados cun campo de traballo.
-
-
PERSOEIRO
Cónsul romano. Foi cuestor baixo Marco Antonio (40 a C), gobernador de Siria e Cilicia (38 a C), e conquistou Xerusalén (37 a C) para Herodes. Xa cónsul (32 a C), loitou contra Octavio en Accium, onde foi aprisionado. Recuperada a liberdade, reconstruíu o templo de Apolo preto do teatro Marcelo.
VER O DETALLE DO TERMO