"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Togo (16.974 km2; 810.500 h [estim 1989]). A capital é Atakpamé (27.100 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • American Rocket Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leucoplasto que sintetiza amidón e que o acumula en capas concéntricas formando grans, que ao medrar van distendendo o leucoplasto, e que, á súa vez, queda reducido a unha fina película que envolve os grans. Os amiloplastos abundan en certos tecidos de reserva vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das resinas amínicas, reservado especialmente para os polímeros reticulados, produto final da súa condensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplasia do tecido muscular.

    2. Afección conxénita caracterizada pola anquilose fibrosa de todas as articulacións dos brazos e pernas e a deformación das extremidades, ocasionada por un trastorno no desenvolvemento muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dunha grande extensión ou cunha grande capacidade.

    2. Que non aperta, non cingue e non axusta.

    3. Que non é breve nin conciso, plenamente suficiente en extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambios celulares que implican perda do carácter diferenciado e capacidade proliferativa nas células afectadas. É característica dos tecidos tumorais, polo que a súa detección é importante na diagnose de cancros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das anaplasmatáceas.

    2. Rickettsia da familia das anaplasmatáceas.

    3. Familia de rickettsias parasitas dos eritrocitos, de aspecto semellante a algúns virus e mesmo a certos protozoos (piroplasmas) tamén parasitos dos eritrocitos. Atacan sobre todo os ruminantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección por rickettsias do xénero Anaplasma, propia dos bóvidos dos países cálidos. Comporta, a miúdo, ictericia e anemia. O tratamento desta enfermidade limítase a repouso absoluto e á administración de tónicos xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica coa que se pretende restablecer unha parte mutilida do corpo ou realizar algunha modificación nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á clase dos anoplas.

    2. Metazoo da clase dos anoplas.

    3. Clase de invertebrados do filo dos nemertinos, formada por individuos vermiformes de organización primitiva, co sistema nervioso central situado inmediatamente debaixo da epiderme ou na parede muscular do corpo, coa boca subventral e a trompa non armada. O intestino é recto e carece a miúdo de divertículos laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anticanceroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reparación cirúrxica dunha válvula cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cirurxía plástica dos vasos sanguíneos.

    2. Tamén coñecida como anxioplastia coronaria precutánea transluminal. Técnica non cirúrxica empregada para a dilatación das placas ateromatosas das arterias coronarias. Consiste en inserir un pequeno globo, situado no extremo dun longo catéter, xustamente no interior da zona parcialmente obstruída da arteria; alí ínflase e, ao comprimir a placa de ateroma, aumenta a luz do vaso e, polo tanto, o fluxo sanguíneo. A anxioplastia coronaria, sempre que a oclusión arterial permite realizala, é unha alternativa á cirurxía do bypass.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser aplacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza delgada que se engancha nunha superficie para mellorar algunhas calidades do elemento que lle fai de soporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mitigar ou diminuír a intensidade do mal carácter, da ira e da violencia de algo ou alguén contra un obxecto ou persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos marsupiais e dos monotremas por ser mamíferos desprovistos de placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Molusco da antiga clase dos aplacóforos.

    2. Antiga clase de moluscos que englobaba as actuais clases dos solenoastros e dos caudofoveados. Algúns zoólogos manteñen este termo como sinónimo de solenogastros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aplanar.

    2. Acción e efecto de aplanar un cimento, un teito, etc.

    3. Operación que consiste en aplanar as pranchas deformadas por defectos de laminaxe ou por accidente.

    VER O DETALLE DO TERMO