"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • GALICIA

    Escritor e actor. Estudiou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e Xornalismo na Universidade de Texas. Foi un dos fundadores do Colectivo de Comunicación Poética Rompente, co que deu ao prelo a obra conxunta Silabario da Turbina (1978) e realizou recitais cunha certa compoñente teatral. Xa individualmente publicou Facer Pulgarcitos Tres (1980) e, en colaboración con Antón Reixa, A dama que fala (1983). Co seu relato Lito ou as bestas aceleradas gañou o Premio de Contos O Facho en 1978. No eido da literatura xuvenil publicou Aventuras de Sol (Premio O Barco de Vapor 1986), O gato metido nun saco (1988) ou Os náufragos de Malakadula (Premio O Barco de Vapor 1992) e para adultos E outras historias (1989). Traduciu ao galego clásicos da literatura universal como Edgar A. Poe, K. Grahame, J. M. Barrie e Roald Dahl. Como actor, foi membro do grupo Máscara 17 e colaborou en tarefas de dirección...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia derivada da 6-mercaptopurina que se descompón a 243°C e é inestable en solucións alcalinas. Emprégase en Medicina como inmunodepresor no transplante de órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio establecido por Jacques Babinet no 1873, segundo o que os patróns de difracción producidos por dúas redes de difracción complementarias, en que as partes opacas dunha coinciden coas aberturas da outra, son idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio establecido por Jacques Babinet no 1873, segundo o que os patróns de difracción producidos por dúas redes de difracción complementarias, en que as partes opacas dunha coinciden coas aberturas da outra, son idénticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei bioxenética formulada por Karl Ernst von Baer. Segundo esta lei, no desenvolvemento dun organismo, os caracteres xerais e non especializados aparecen antes ca os particulares e especializados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Coles, Ourense, outorgado ao mosteiro de Celanova no ano 985 polo Rei Vermudo II xunto co de San Xoán de Abruciños. Así mesmo, documéntase posteriormente en inventarios e confirmacións das propiedades de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título da Casa Real de Portugal concedido por Xoán V no 1734 á súa neta María (logo Raíña María I). Trala independencia do Brasil, o título foi privativo do primoxénito do príncipe do Brasil e do Rei. Actualmente pertence ao herdeiro do duque de Bragança, pretendente ao trono de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión matemática da lei de conservación da enerxía para fluídos perfectos (é dicir, non viscosos) e incompresibles, tamén coñecida como ecuación de Bernoulli, que circulan en réxime estacionario, formulada por D. Bernoulli en Hydrodynamica (1738). Ao producirse nun fluído unha corrente estacionaria, a suma da presión estática e da presión dinámica mantense constante ao longo dunha liña de corrente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de dous prismas unidos formando un cubo.

    2. Instrumento constituído por dous prismas unidos pola base que se utiliza para estudiar os fenómenos de interferencia dos raios luminosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín dirixido aos centros estatais de ensino primario, que apareceu posiblemente no ano 1954 na cidade da Coruña. Utilizaba a lingua castelá e non tivo unha periodicidade regular; normalmente editábase un número ao comezo do curso escolar e outro ao final. Entre as seccións figuraban títulos como “Sección oficial”, “Exposiciones y concursos”, “Ponencias” ou “Cáritas escolares”. Presentaba datos estatísticos, un almanaque escolar, comentarios, informes de inspección, etc. A sección “Cáritas escolares” ofrecía unha visión do maxisterio dende unha óptica relixioso-caritativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu o 15 de xaneiro do 1899 en Ourense e que cesou o 15 de decembro dese mesmo ano. Dirixida por Xosé Álvarez y Álvarez, como redactores figuraban Emilio Amor Rolán e Pío Ramón Ogea, e entre os colaboradores Salvador Padilla, Xoán Rodríguez Quesada, Xosé Fernández López, Pilar Pereira, Marcial Quesada, etc. As súas seccións eran: “Sección pedagógica” (unha tribuna libre para os mestres), “Sección de noticias”, “Quejas y reclamaciones”, “Sección legislativa” (disposicións oficiais), “Sección científico-recreativa” e “Correspondencia particular”. A periodicidade era mensual, entregábase os días 15 de cada mes. A temática era a propia dunha publicación profesional na que se combinan artigos científicos con colaboracións literarias; ás veces, recollía tamén artigos doutras revistas pedagóxicas do Estado. A publicación foi fundada pola Asociación Provincial de Primera Enseñanza e figuraba como director o secretario da Asociación. Dende xaneiro de 1900 a liña desta revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida probablemente no ano 1958 na Coruña. De periodicidade irregular, editábase en castelán. Constaba das seccións tituladas “Vida Profesional”, “Noticiario Escolar”, “Sección Legislativa” e outras. Desenvolve información referida a certificados de estudios primarios, calendario do curso escolar, entre outros temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa siderúrxica australiana fundada en New Castle no ano 1911. No 1935 absorbeu a Australian Iron and Steel Limited. No 1983 era a primeira empresa australiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Dedicou unha gran parte da súa vida á preparación e á confección de Flora Pyrenaica, obra monumental e de publicación póstuma (1897), básica para o coñecemento da flora dos Pireneos. Tamén escribiu Flora Virgiliana, onde estudiou a contribución botánica da obra de Virxilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica fundada en 1966 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música e pioneira na “radio-fórmula”, elabora unha lista semanal cos corenta temas musicais de máis éxito no momento baixo o título de Los 40 Principales. Emite, amais, programas informativos musicais, concertos en directo, ou gravados, presentacións de discos e entrevistas a artistas e profesionais da música. Dirixida en Galicia por Anxo Botana (2000), conta cun coordinador en cada unha das delegacións e frecuencias, repartidas por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canal + e Canal Satélite Dixital emiten a mesma fórmula diaria nun canal temático denominado Cuarenta Principales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade anual que se editou entre os anos 1810 e 1847. Malia que inicialmente foi coñecido como Calendario General para España del año 1810, arreglado por D.P.V. y V. para Galicia (imprenta de D. Manuel María Vila, A Coruña), deseguida adoptou o nome definitivo. A súa impresión realizábase cada ano nun obradoiro distinto das cidades de Santiago, A Coruña ou Valladolid, dependendo de quen tivera o privilexio exclusivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio eclesiástico do Sacro Imperio localizado na Pomerania. O seu titular era o bispo da cidade de Cammin, situada fóra dos límites do Principado. Converteuse dende o 1556 nunha propiedade dos segundos fillos dos duques da Pomerania. Entre 1648 e 1679 pasou a Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio segundo o cal, na recta real, toda sucesión de intervalos pechados, onde cada un está contido no anterior e as súas lonxitudes tenden a cero, define un número real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da provincia de Nápoles, na Campania, Italia (10,5 km2; 7.300 h [estim 1995]). Está situada no Mar Tirreno, entre os golfos de Nápoles e Salerno. É unha illa montañosa, continuación xeolóxica da península de Sorrento. No seu litoral atópanse acumulacións calcarias, que deron orixe a numerosas grutas, entre as que destacan a Gruta Azul e a Gruta Verde. O seu clima é temperado. Os núcleos de poboación máis importantes son Capri e Anacapri. É un dos centros turísticos máis frecuentados da Italia meridional, cunha afluencia de 40.000 visitantes anuais. Na agricultura os principais produtos cultivados son os cítricos, figos, oliveiras e viñas. Produce un dos viños con máis prestixio de Italia, co nome de Lágrimas de Tiberio. Hai restos do Paleolítico, considerados os primeiros da Campania. Durante a dominación romana a antiga Capreae foi a residencia favorita de moitos emperadores, entre eles Augusto e Tiberio. Despois de pertencer aos monxes de Montecassino e á República de...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Desexo vehemente ou propósito sen fundamento razoable.

      2. Persoa, animal ou cousa obxecto dese capricho.

      1. Adorno innecesario que non obedece a ningunha conveniencia.

      2. En pintura e gravado, composición orixinal e fantástica que evita as regras e convencións ordinarias. A palabra foi empregada xa no s XVI por Vasari. O xénero estendeuse no s XVII a través da obra de Jacques Callot, Caprici di varie figure (Caprichos de varias figuras, 1617), e no XVIII a través das de Tiepolo e de Guardi. Destacan os Caprichos de Goya que teñen, ademais, unha intención social e crítica.

      3. Fragmento instrumental vogal de forma libre que no Barroco se identificou co ricercare e coa fantasía. Ao comezo do s XVIII tamén designaba aquelas obras didácticas difíciles, especialmente para violín (Locatelli, Rode, Paganini).

    VER O DETALLE DO TERMO