"Paris" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 51.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Ðάñéò ‘igual, equivalente’, aínda que probablemente é un nome preheleno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Príncipe troiano, fillo de Príamo e de Hécuba. Cando ía nacer súa nai soñou que daba a luz un facho e que este incendiaba a cidade de Troia. Príamo consultou ao adiviño Ésaco, quen lle dixo que o neno ía causar a ruína da cidade. Ao coñecer isto, Príamo mandouno matar, pero Hécuba negouse e abandonouno no monte. Alí aleitouno unha osa ata que Axelao o recolleu e o criou. Paris foi medrando e converteuse nun mozo de extraordinaria beleza e gran valor. Con ocasión das vodas de Tetis e Peleo, Éride (a Discordia) botou no medio deles unha mazá de ouro dicindo que se lle debía outorgar á máis fermosa das tres deusas: Hera, Atenea e Afrodita. Zeus decidiu que fose Paris o xuíz deste litixio. Despois de que cada unha das deusas lle prometese varios dons a Paris pola súa elección, Paris escolleu a Afrodita, quen lle prometera o amor da muller máis fermosa de todas as mulleres, Helena. Como consecuencia, Paris embarcou cara a Esparta e alí, aproveitando a ausencia de Menelao, conseguiu raptala....
-
CAPITAIS
Capital de Francia e da rexión administrativa de Île-de-France, que forma un departamento independente (105 km2; 2.125.246 h [1999]; aglomeración urbana, 9.644.507 [1999]). É sede do goberno e o principal centro intelectual, artístico e económico-financeiro. Situada na confluencia dos vales do Oise, o Marne e o Sena, no centro de Île-de-France e preto de rexións como Beauce, Brie ou Valois, moitas son as causas que favoreceron a súa expansión: a dispoñibilidade dunha vía fluvial (Sena) que facilita as relacións co mar; ter un punto óptimo para a construción dun porto; a conexión desta vía fluvial con vías terrestres que acadaron importancia a raíz do crecemento urbano; a existencia dunha illa (a Cité) que, ao facilitar o paso do río, presentaba óptimas condicións para a defensa; e tamén as circunstancias históricas que promoveron xa desde os ss IX-X o ascenso de París como centro político. A configuración actual da cidade de París data de 1860, aínda que París é unha grande aglomeración...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Foi secretario xeral do Consejo de Economía Nacional e manifestou unha posición antiliberal nas súas publicacións sobre a economía española. Escribiu El movimiento de precios en España (1943), Factores del desarrollo económico español (1957) e Renta nacional, inversión y consumo en España (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo francés. Foi profesor no Collège de France (1872) e participou na fundación das revistas Revue Critique (1866) e Romania (1872). Especializouse no estudo da literatura medieval, sobre todo da francesa, campo en que tivo especial relevancia pola teoría das cantilenas, en canto á orixe dos cantares de xesta. É autor de Étude sur le rôle de I’accent latin dans la langue française (1862), Histoire poétique de Charlemagne (1866), Vie de saint Alexis (1872), La Poésie du Moyen-Âge (1885) e François Villon (1901). Ademais traduciu, en colaboración, a Grammaire des langues romanes, de F. Diez. Foi membro da Académie de Inscriptions et Belles-Lettres (1876) e da Académie Française (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión xeográfica de Francia que ocupa a cuarta parte do país. Esténdese entre o antigo Macizo Armoricano ao O, o Macizo Central ao S, Os Vosgos, As Ardenas e o país do Rin ao L, e queda aberta polo N en Manche. Pode reducirse a catro rexións: ao L, os altiplanos de Borgoña e Champagne; ao N e ao O, Picardie e Normandie; ao S, a zona do Loire, e, no centro, Île-de-France, rexión de altiplanos e vales dispostos arredor de París. Toda a área pertence hidrograficamente ás concas do Sena e do Loire, agás o sector nororiental, que xa forma parte das concas do Mosa e do Moselle. O clima pasa progresivamente de oceánico, preto de Manche, a semicontinental ao L, e no centro e no S é bastante seco. Dentro da actividade económica predomina o gran foco industrial da aglomeración de París. Certas zonas, como Champagne e sectores de Borgoña (Chablis), producen recoñecidos viños de calidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio comprendido dentro do Ducado de Francia e que pertencía aos robertinos, desde que o duque Roberto o Forte (morto en 866), casou con Adelaida, viúva do conde Conrado. O Rei Hugo I Capeto, fillo do duque Hugo o Grande (morto en 956), incorporouno á coroa co Ducado de Francia. Foi restablecido por Luís Filipe I, para cederllo ao seu neto Filipe de Orléans, convertido en xefe da dinastía orleanista en 1842 e da casa real de Francia en 1883 como Filipe VII de Francia. En 1886, este tivo que abandonar Francia e o condado foi ocupado de novo polo seu neto Enrique de Orléans, que coa morte de seu pai, en 1940, converteuse no xefe da casa real de Francia (Enrique VI de Francia) no exilio. En 1950, ao ser derrogada a lei de exilio, estableceuse en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de sesións celebradas, de xaneiro de 1919 e xaneiro de 1920, entre os representantes das potencias vitoriosas, e os seus asociados, e as vencidas na Primeira Guerra Mundial. Principalmente, aceptáronse os Catorce Puntos de Wilson, dos que se materializou a creación da Sociedade de Nacións e acordáronse os tratados de Versailles con Alemaña, Saint-Germain-en-Laye con Austria, Trianon con Hungría, Neuilly con Bulgaria e Sévres co Imperio Otomán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de reunións celebradas en París, de maio de 1968 a xaneiro de 1973, entre unha delegación estadounidense e unha norvietnamita, para tratar a fin da Guerra de Vietnam. Culminaron nun tratado de paz, negociado por H. Kissinger (EE UU) e Le Duc Tho (Vietnam do Norte), que recolleu o cesamento do fogo, a retirada das forzas estadounidenses de Vietnam, a creación dunha comisión internacional de control e a supervisión e formación dun consello nacional vietnamita de reconciliación e concordia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de filósofos que profesaron en París no s XIV. Coñecido tamén como escola de Buridan porque o seu representante máis destacado foi Jean Buridan, foi frecuentemente cualificada como nominalista, aínda que a escola ten tamén importantes elementos tomistas e escotistas. Preocupada por cuestións de física, e sobre todo polo problema do ímpeto, foi precursora da física moderna e do principio de inercia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de artistas franceses e estranxeiros que desde comezos do s XX se reuniron en París e, atraídos por esta cidade, viviron e elaboraron nela a súa maneira de entender e facer arte. Entre os seus membros destacaron J. Pascin, M. Chagall, A. Modigliani, L. Fujita, C. Brâncusi, P. Picasso, J. González, J. Miró, F. Borés, J. Gris e O. Domínguez. Coa denominación de escola de París tamén se fai referencia aos artistas que traballaron en París tras a Segunda Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo xestionado en París, de febreiro a xuño de 1659, entre o representante de Filipe IV de Castela, Antonio Pimentel, e Hugues de Lionne, secretario do cardeal Mazzarino. Este conseguiu que Antonio Pimentel aceptase a desmembración de Catalunya coa cesión de Rosellón a Francia, e o convenio de matrimonio entre Luís XIV e María Tareixa, filla de Filipe IV. O pacto foi asinado como acto previo ao Tratado dos Pireneos e permitiu a suspensión das hostilidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 12 de abril de 1229, en París, entre Branca de Castela, como rexente de Francia, e Ramón VII de Tolosa. Este tivo que cederlle a Francia dous terzos do seu patrimonio, principalmente o ducado de Narbona e o vizcondado de Carcassonne, e comprometeuse a peregrinar a Terra Santa, a combater a herexía albixense e a ceder en matrimonio a súa filla Xoana a Afonso de Poitiers, irmán de Luís IX de Francia.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo francés. Residiu en Madrid desde 1897 e foi o primeiro director da Casa de Velázquez (1928). Realizou diversas escavacións na Península Ibérica e tivo un papel destacado nas primeiras investigacións arqueolóxicas dos iberos. Adquiriu, en 1897, a Dama de Elx para o Musée du Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 10 febreiro de 1763 entre Francia e Reino Unido, que marcou a fin da Guerra dos Sete Anos (1756-1763). Por este acordo, que consagraba a vitoria inglesa sobre Francia e España, Francia cedeulle a Reino Unido, Canadá e o leste de Louisiana, e abandonou Senegal, Dominica, Saint Vincent, Tobago, Granada e Menorca. España, pola súa banda, cedeulle Florida a Reino Unido e devolveu a colonia de Sacramento a Portugal e, en compensación, recibiu de Francia o oeste de Louisiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 10 de decembro de 1898 entre España e EE UU. Supuxo a fin da guerra e do imperio colonial español, que perdeu Cuba, Puerto Rico e Filipinas, e o inicio do imperialismo estadounidense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba automobilística de resistencia creada en 1977 por Thierry Sabine, despois de perderse durante varios días coa súa moto no deserto de Libia. O rallye reúne máis de 300 pilotos nunha carreira de 20 días e uns 10.000 km de percorrido entre as dúas cidades. Motos, coches e camións compiten en cadansúa categoría nunhas condicións extremas.
-
SEMANARIOS
Semanario informativo de actualidade fundado en París, en 1949, por Jean Prouvost, como continuación do semanario deportivo Match, que desapareceu durante a ocupación nazi. Editado polo grupo Hachette Filipacchi Médias, as súas reportaxes -en que se tratan temas nacionais e internacionais-, o tratamento da información, a súa fotografía e as grandes informacións en equipo convertérona nunha revista de referencia internacional e a máis divulgada no mundo de fala francesa. Inclúe artigos en que se analiza a situación política e social no mundo, e apartados especiais dedicados á saúde, ao diñeiro e á gastronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario francés vespertino, fundado en París en 1923. Desde 1930 Jean Prouvost converteuno no primeiro xornal da capital francesa, grazas ao seu sensacionalismo e ao emprego da fotografía. Instalado en Lyon (1940), a censura de Vichy suprimiuno en 1943. Mentres, en París, os alemáns controlaban un falso Paris-Soir colaboracionista, que desapareceu en 1944. Co tempo converteuse nun medio de comunicación de referencia en Francia que se caracterizan pola análise de temas nacionais e internacionais, tratados nos apartados de deportes, industria, política, negocios, saúde, sociedade e tecnoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista italiano. Comezou a súa carreira literaria con Il ragazzo morto e la cometa (1951), e conseguiu un éxito total con Il prete bello (1954). Posteriormente publicou as novelas Il fidanzamento (1956), Amore e fervore (1959), Il padrone (1965) e Biafra (1968), o diálogo L’assoluto naturale (1966), os apólogos de Il crematorio di Vienna (1969), contos como Sillabario nº 1 (1972) ou Sillabario nº 2 (1982), diversas reportaxes xornalísticas e o libro de narracións Gli americani a Vicenza (1987).
VER O DETALLE DO TERMO