"Pest" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 42.

    1. Acción de pestanexar.

    2. Sensación visual producida por flutuacións periódicas da luz en réximes que se estenden desde uns poucos ciclos a algunhas decenas de ciclos por segundo. Pode ser eliminado mediante o entrelazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Enfermidade grave, epidémica e contaxiosa que causa unha gran mortaldade.

      2. Enfermidade epidémica causada polo bacilo aerobio Gram-negativo, Yersinia pestis, descuberto simultaneamente por Kitasato e Yersin en 1894, que se transmite directamente de home a home ou mediante animais, ratas, pulgas e chinches, entre outros. Presenta tres formas típicas: a peste septicémica, que se desenvolve a partir da forma bubónica non tratada; a peste pulmonar, unha afección pulmonar causada polo bacilo; e a peste bubónica, máis frecuente, con dolorosas tumefaccións ganglionares. A peste bubónica transmítese pola picadura de pulga infectada de rata. A sintomatoloxía consiste en dor de cabeza, inflamación dos ganglios, taquicardia, mialxias xeneralizadas e febre alta. Os microorganismos penetran pola picadura e invaden os condutos linfáticos, ata chegar aos ganglios, que se inflaman e mesmo poden chegar a supurar e drenar, e onde se pode formar unha pústula ou unha úlcera; despois distribúense por todos os órganos a traves do torrente sanguíneo...

      3. peste negra [ingl: Black Death]

        Andazo de peste que asolou Asia e Europa desde mediados do s XIV ata principios do XV. A denominación debeuse á frecuencia das petequias, que se caracterizaban pola cor escura do sangue no pescozo, tórax e membros, e o deselance sempre tráxico da mesma, polo que tamén se chamou morte negra. Orixinouse no Extremo Oriente, chegou a Constantinopla en 1347 e de aquí estendeuse rapidamente polos países latinos. Asegúrase que en 1350 todo o mundo coñecido na época estaba infectado, con cifras de mortaldade que nalgúns lugares superaba os dous terzos dos habitantes.

      1. Doenza contaxiosa que ataca masivamente animais e plantas.

      2. peste porcina africana

        Enfermidade vírica do porco, caracterizada por vómitos e hemorraxias, inflamación e necrose dos pulmóns e dos ganglios linfáticos do abdome, e complicacións diversas do sistema nervioso central. É endémica na Península Ibérica, moi contaxiosa e de declaración obrigatoria; esixe, ademais, un control sanitario estrito e illamento dos animais afectados, ademais do seu sacrificio.

    1. Mal olor ou cousa que o produce.

      1. Abundancia excesiva de algo molesto ou malo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela escrita por Albert Camus en 1947, en que o autor pretende atopar unha resposta clara á inxustiza humana, para o que se serve dunha alegoría, en que unha epidemia substitúe a todas as pragas da época actual, e das que o ser humano é vítima e cómplice. A narración transcorre en Orán, onde se describe con crueza a atmosfera dunha cidade acosada pola peste e as drásticas medidas que se toman para contela; pero, sobre todo, amosa persoas que se aferran aos derradeiros momentos da vida. Nesta obra, Camus cambiou o seu pesimismo cara a un nihilismo que debía ser punto de partida para unha sociedade máis humana, libre e xusta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Organizou varias sociedades secretas e manifestou as súas ideas nun proxecto de Constitución. Foi un destacado xefe da conspiración decabrista e foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa ou porta a peste.

    2. Que desprende un mal olor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade grave, epidémica e contaxiosa que provoca gran mortaldade.

    2. Cheiro moi forte e desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á peste.

    2. Que porta ou pode transmitir a peste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está infectado de peste ou dunha enfermidade grave.

    2. Que contaxia a peste ou unha enfemidade grave.

    3. Que desprende un olor moi desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salsa elaborada a base de follas de alfábega frescas, allo, queixos romano e parmesano, aceite de oliva, sal, pementa e piñóns, coa que se acompañan diversos pratos de pasta na cociña italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor bielorruso. Das súas obras destacan o volume de poemas Navarce (De garda, 1940), de carácter patriótico, e as novelas Sustrenemsja na barykadakh (Atopáronnos nas barricadas, 1954) e Seradzibor (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar da Costa en Viascón (Cotobade). Sitúase nunha estación rupestre integrada por varias rochas con insculturas. Destaca a de maiores dimensións que presenta diversos motivos, con combinacións circulares e cazoletas na parte superior, e paletas na zona inferior. Foi declarado BIC (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar do Castro de Breixa, en Breixa (Silleda). Na rocha máis grande represéntanse dúas alabardas con mango, ambas as dúas con sinais dunha nervadura central. Tamén hai dous círculos concéntricos, que poderían corresponder á representación dun escudo, e varios puñais. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou dos Castros Gravado rupestre localizado en Tirán (Moaña). Foi declarado BIC en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rochas.

    2. Denominación que designa as pinturas ou os gravados prehistóricos feitos en covas ou grutas ou, non tan frecuentemente, en paredes de rocha. Forman grupos xeograficamente homoxéneos. O máis antigo dátase no Paleolítico Superior e ten como centro principal as terras occitanas e o litoral cantábrico. Son pinturas realizadas no interior das covas que representan animais da fauna cuaternaria, normalmente con policromía, destacan as covas de Altamira e Lascaux. Outro grupo atópase no L da Península Ibérica, que vai da comarca de Maestrat ata Murcia, con figuras humanas e de animais pintadas nas grutas. Outra fase espallada por boa parte da Península Ibérica ten un carácter máis esquemático. No extremo norte de Europa, aparece outros grupo de pinturas, con representacións humanas e de animais feitas picando na rocha, que se estende desde Escandinavia ao N de Rusia e datado entre o 5000 e o 1500 a C. En África hai dous grandes grupos: o do Sáhara, con pinturas e gravados, que corresponde a unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pieter Mulier.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Borrasca local intensa que vai asociada a un cúmulo ou a un nimbo groso e denso, onde existen correntes ascendentes de aire moi fortes. Vai acompañada normalmente de tronos e lampos, e a chuvia é intensa nun espazo curto de tempo. Son máis frecuentes en latitudes baixas. A tempestade térmica prodúcese pola convección térmica ocasionada polo quecemento do solo e a capa inferior do aire polo Sol. Nas tempestades orográficas o aire é forzado a evaporarse para remontar unha cadea de montañas. Nas tempestades frontais a masa de aire cálido é forzada a elevarse sobre unha capa de aire frío.

    2. Axitación violenta da orde ou da harmonía dunha situación.

    3. Perturbación do campo magnético terrestre que se observa un ou dous días despois das grandes erupcións cromosféricas. Comeza cun aumento da intensidade da compoñente horizontal do campo xeomagnético, que chega ata un valor de 30 a 40 veces superior ao normal, despois volve baixar de maneira que acada o valor anterior nun tempo de 2 a 8 horas, continúa baixando, ata un valor de 50 a 100 veces por debaixo do normal e, finalmente, nun intervalo de 1 ou 2 días, restablécese a situación non perturbada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico do macizo de Maladeta situado ao SL do Aneto, nos Pireneos. Acada os 3.290 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sofre con frecuencia os efectos dunha tempestade.

    2. Que ameaza con producirse unha tempestade.

    3. Que está dominado pola axitación, tensión ou violencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da sensibilidade ás variacións de temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO