"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Entidade fundada en Ribadavia o 22 de febreiro de 1967 por Víctor López Quijada, Hipólito Fernández González e Xoán A. Gómez Vázquez, coa intención de promover e divulgar a fotografía. Destaca o seu interese polos aspectos técnicos e artísticos e a formación de afeccionados, coa organización de cursos, conferencias, proxeccións e prácticas de laboratorio. Tamén prepara exposicións en Ribadavia, (especialmente a mostra Gentes y paisajes del Ribeiro de 1968), Ourense e outros lugares. En 1969, crean o I Salón da Fotografía Galega e en 1970 o Trofeo Galicia para premiar as mellores fotografías do Salón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi a pioneira das agrupacións de afeccionados galegos, xa que se constituíu en Vigo no ano 1946, anos antes de que este tipo de asociacións fotográficas proliferasen no resto de Galicia. Entre os seus membros fundadores estiveron, entre outros, José Bellver, Federico Bermúdez ou Benedicto Conde. Tivo a súa sede na rúa Eduardo Iglesias, ata o ano 1975 en que cambia para a actual situación na rúa Uruguai. A súa época de maior actividade e importancia fotográfica corresponde ao período no que Raniero Fernández é o seu presidente (1954-1969). Durante esta época foron membros destacados da asociación fotógrafos como Smidt de las Heras, Veiga Roel ou Ricard Terré. A actividade centrábase entón sobre todo na concursística. Organizábase anualmente o Salón Nacional e Ibérico, e celebrábanse exposicións como a de Otto Steinert ou a do grupo mexicano “La Ventana”. A estética que imperaba entre os fotógrafos da asociación era formalista, academicista, en ocasións pictorialista, tónica xeral neste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Lugo en 1959 para a formación e promoción de fotógrafos. Entre as súas actividades sinalamos: cursiños de laboratorio fotográfico, exposicións monográficas, concursos, proxeccións e conferencias. Destaca a organización do concurso Folla do Carballo a nivel estatal e o patrocino do Salón Galaico-Portugués de Fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar (1.841 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo da Xeración do 27. De mozo trasladouse a Madrid (1917) onde, atraído pola pintura, realizou diversas exposicións. Con Marinero en tierra (1925) obtivo o Premio Nacional de Literatura e iniciou unha poesía popular moi elaborada que comprende La amante (1926) e El alba del alhelí (1927). A partir de Cal y canto (1929) e Sobre los ángeles (1929), un dos seus libros máis senlleiros, comeza a súa xeira vangardista.
    En 1931 ingresa no Partido Comunista e a súa poesía comprométese cos aconteceres históricos: Consignas (1933), 13 banderas y 48 estrellas (1936), sen deixar de cultivar un tipo de poesía elexíaca como en Verte y no verte, volume dedicado á morte do toureiro Ignacio Sánchez Mejías. En colaboración coa súa muller, María Teresa León,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Litografía impresa a partir dunha prancha de aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1909 na cidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na linguaxe escrita, xogo expresivo que combina elementos de distinto significado foneticamente parecidos.

    2. Termo cuñado por Gérard Genette (1987) para designar os textos incluídos nunha obra literaria non escritos polo autor principal, xa sexan anotacións, prólogo ou outro tipo de notas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor coñecido sobre todo como acuarelista, e sen dúbida un dos artistas españois máis recoñecidos neste campo. Inicia os seus estudios de arquitectura en 1946 na escola de Arquitectura de Madrid, carreira que abandona ao pouco tempo para dedicarse á pintura, volvendo á súa vila natal. De feito, ao ano de deixar os seus estudios realiza a súa primeira exposición como artista en Vigo e Pontevedra simultaneamente. Nestes anos, xunto con xente como Cuña Novás, forma parte dun grupo que edita a colección clandestina de poesía Benito Soto, na que Rafael Alonso realizaba o deseño das súas portadas. En 1952 produciuse un feito clave na carreira artística do pintor ao ser pensionado durante dous anos en París. O encontro coas novas tendencias pitóricas que se desenvolveron e se están a desenvolver na cidade da luz van marcalo profundamente. En París, Rafael Alonso empápase de todo o postimpresionismo, pero tamén do fauvismo, así como dunha refinada técnica que segue moito a Duby, para logo reinterpretar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Traballou como liquidador de Utilidades. En colaboración co funcionario de Facenda Luis Castañón Suárez publicou Legislación del Nuevo Estado Español. La contribución excepcional sobre beneficios extraordinarios de guerra (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Exerceu como mestre en distintos lugares de Ourense. Foi un destacado membro da ATEO que no 1936 participou no primeiro Congreso Rexional de Galicia organizado pola Federación de Traballadores do Ensino, sección local de Vigo. Neste congreso presentou un relatorio con Xosé Meis Martínez e Roberto Panero sobre un proxecto para a organización do ensino público en réxime socialista (“Bases para una Ley de Instrución Pública”). Participou das vangardas pedagóxicas e colaborou en La República. Cando exercía como mestre en Amoeiro foi fusilado co triunfo do golpe militar de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, historiador, pedagogo e polígrafo. Foi Catedrático de Historia de Dereito Español na Universidade de Oviedo (1897-1910), dende onde tentou achegar a cultura universitaria á masa obreira, e Catedrático de Historia na Universidade de Madrid (1914-1936). Foi director xeral de Ensino Primario (1911-1913), cargo dende o que creou as escolas ao aire libre. No exilio acadou un gran prestixio internacional pola súa teoría pedagóxica. Nomeado polo Consello da Sociedade de Nacións, interveu na redacción do Anteproxecto do Estatuto do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia, do que foi membro dende 1921 ata 1940. Director do xornal republicano La Justicia e da Revista crítica de historia y literaturas españolas, portuguesas e hispanoamericanas. A súa obra máis importante, como historiador, é a Historia de España y de la civilización española (1906-1911); como pedagogo escribiu, entre outras obras, Giner educador (1915), Pestalozzi y nosotros, Ideario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo concreto de altímetro que rexistra as medicións feitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide o traballo de deformación e rexistra as características reolóxicas (tenacidade, extensibilidade, elasticidade e forza) dunha masa constituída por fariña de trigo e auga, preparada en condicións estándar. Unha vez obtida a masa, lamínase e córtase en discos que, despois de seren fixados nunha platina, son sometidos a unha presión de aire que os vai inflando ata chegar a rebentar. Un manómetro de auga rexistra as variacións de presión durante o inflado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello utilizado para medir e rexistrar as variacións de viscosidade dunha suspensión de fariña en auga a consecuencia da amilólise producida pola actividade α-amilásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame radiográfico do feto practicado despois da inxección no líquido amniótico de substancias opacas aos raios X. Está practicamente en desuso, pois foi substituída pola ecografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominico. Foi Catedrático de Filosofía en Santo Estevo de Salamanca arredor do ano 1778. De alí pasou ao convento desta orde en Ourense e logo ao de Pontevedra (1784), onde ensinou filosofía e teoloxía moral. Escribiu: Insinuaciones de que lo que algunos religiosos dominicos, hijos del Convento de San Esteban de Salamanca, han servido a la Iglesia y al rey de España en las Indias y en Europa, aparecido no tomo III de Historiadores del Convento de San Esteban de Salamanca, de Justo Cuervo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da viticultura que se ocupa de clasificar e describir botanicamente as especies de videiras, os híbridos e as variedades procedentes do seu cruzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Sennār, contemporáneo de Abrahán. Participou con outros reis na campaña na que fixeron prisioneiro a Lot, aínda que despois foi vendido polo mesmo Abrahán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de libro que ten as follas escritas ou impresas por unha soa cara.

    VER O DETALLE DO TERMO