"Rao" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 91.

  • Apelido étnico de orixe toponímica. Os topónimos homónimos na súa orixe nomeaban lugares onde se asentaron individuos procedentes da cidade portuguesa de Coimbra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Cumbraos (Monterroso). A súa construción relaciónase con Bieto Ares Noguerol (s XV) e, posteriormente, con Álvaro Gayoso Osorio. A torre ten planta rectangular e construíuse con muros de perpiaño. Conserva o escudo de armas dos Ares Noguerol, Gayoso e López de Aguiar. Na igrexa, de trazas románicas, destacan os sepulcros do interior. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. De orixe románica, construíuse a finais do s XII. Ten unha nave e unha ábsida rectangulares. No interior destaca o arco triunfal de medio punto, peraltado e dobrado, coa rosca maior decorada con boceis e medias canas, e apoiado nun par de columnas acobadadas que teñen as bases baixo o pavimento do presbiterio. Os capiteis cóbrense con dúas ordes de follas estilizadas e aguzadas. A chambrana adórnase cunha fila de billetes. No exterior destaca a portada occidental formada por un arco semicircular peraltado e moldurado cinguido por unha chambrana de bólas e apoiado en dúas columnas acobadadas con capiteis vexetais e con pomas nos cimacios. Os canzorros que sosteñen os beirís son rudos e presentan cabezas de cuadrúpedes, figuras humanas, volutas ou sen decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de sensibilidade das emulsións fotográficas proposta polo DIN e actualmente en desuso. Substituíuse pola escala internacional ISO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida da acidez do leite. Un grao Dornic equivale a 0,1 g de ácido láctico por litro de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador, deseñador e artista gráfico francés. Formouse na École des Beaux-Arts de Le Havre e na École Nationale Supérieure des Beaux-Arts de París. Dende 1901 expuxo no Salon e dende 1903 no Salon des Indépendants. As súas primeiras obras foron impresionistas, pero despois de descubrir a Matisse, adoptou o fauvismo en 1905. En 1908 traballou con Braque en L’Estaque. As súas obras caracterizáronse polo trazo seguro, onde a cor viva non se axusta sempre aos contornos do debuxo. Cultivou as temáticas da paisaxe, as carreiras de cabalos (1921-1930), o espido (1928-1940) e a música a partir de 1942. Utilizou todas as técnicas e medios de expresión: deseño de tecidos e tapices (1910), decorados e vestiarios (1926), cerámica e murais, entre os que destacan os do pavillón da electricidade na exposición internacional de París de 1937. Realizou, entre outras, as ilustracións de Le Béstiaire (Bestiario, 1910), de G. Apollinare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que non é común ou habitual.

      2. Que se engade ao común ou ordinario.

      3. Cantidade de diñeiro que se dá a maiores da paga habitual.

    1. Que se afasta do habitual por ser maior ou mellor.

    2. Aplícase ao correo especial que se despacha con urxencia.

    3. Gasto que sae do habitual ou esperado.

    4. Cousa que non se fai ou non acontece de maneira habitual.

    5. Raio reflectido por un corpo birrefrinxente que non cumpre as leis de refracción de Descartes. É un raio polarizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervalo térmico que corresponde a cada unha das divisións da escala Fahrenheit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que orixinalmente significaba ‘casa grande ou palacio’ e que se empregou como título honorífico do rei no Antigo Exipto. Converteuse no principal dos títulos dos soberanos exipcios ata o Imperio Medio. Posteriormente, empregouse como sinónimo de soberano xunto con outros termos. Considerado un deus vivo, durante a súa vida identificábase con Horus ou ás veces con Ra, deus do sol, e trala súa morte con Osiris, o deus dos mortos. Posuía a autoridade suprema sobre a administración, o exército e a relixión, e tiña a obriga de ditar leis que mantivesen a orde e a harmonía entre as terras de Exipto. Como sacerdote supremo intercedía fronte aos deuses en favor do seu pobo, cumprindo os ritos apropiados e realizando as ofrendas requiridas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos faraóns ou á súa época.

    2. Aplícase a aquilo que é grandioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e ábsida. O arco triunfal é dobrado coa aresta viva; apóiase en columnas pegadas. A cuberta é de madeira a dúas augas. A fachada principal ten unha espadana dun só van. Conserva unha pía bautismal románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña en 1811. O seu equipo de redacción estaba formado por Antonio Pacheco Bermúdez, Antonio Villares e Xoán Caamiña. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel María de Vila. Trátase dun suplemento ocasional da Gaceta Instrutiva de la Junta Superior de Galicia e incluía información oficial sobre o desenvolvemento da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia liberal aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1814. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Froito ou semente dos cereais.

      2. Semente doutros froitos, redondeada e sen casca.

      1. Cada un dos froitos ou sementes que forman parte dun agregado.

      2. gran negro AGR

        Variedade de uva tinta.

      1. Parte ou porción redondeada e moi pequena de algo.

      2. Forma de agregación das partículas constituíntes dunha substancia que determina a maior ou menor dureza ou aspereza ao tacto.

      3. Cada un dos cristais poliédricos, normalmente visibles ao microscopio, que forman a estrutura policristalina dun metal ou dunha aliaxe. Cada gran fórmase a partir dun núcleo de cristalización e crece en todas as direccións e cunha única orientación dos átomos. Segundo o proceso de formación, os grans poden prolongarse nunha dirección preferente (grans alongados), poden presentar unha forma máis ou menos regular (grans equiaxiais) ou poden ser completamente irregulares.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten mérito, é forte, intenso, importante ou numeroso. OBS: É apócope de grande e só se emprega diante dos nomes en singular que comezan por consoante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos banzos dunha escaleira ou dunha escada.

      2. Chanzo que se forma no fondo da desembocadura dalgunhas rías por efecto das correntes.

      1. Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.

      2. alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.

      3. Estado de gravidade ou dureza de algo. OBS: Nesta acepción a gradación de maior a menor dese estado especifícase cos adxectivos primeiro, segundo e terceiro.

      4. Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.

      5. Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudios de ensino medio e superior.

      6. Cada unha das partes en que se divide a duración das penas. No Código Penal español, cada pena está dividida en tres graos (mínimo, medio e máximo), aplicables segundo a culpabilidade de cada autor.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e poeta. Fundou con R. Huelsenbeck o movemento dadá de Berlín e editou a revista Du Dada (1919). Creou a fotomontaxe, coa que procuraba unha reacción fragmentaria do espectador. A súa semellanza Cabeza de Madeira (1918) converteuse nun dos principais emblemas do dadaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escala de sensibilidade das emulsións fotográficas establecida pola Organización Internacional para a Normalización (ISO), e que tende a substituír á escala DIN e ASA. Unha película de 100 ASA ou 21 DIN ten unha sensibilidade de 100/21° ISO. Canto máis alto é o número, a película é máis sensible á luz, ou máis rápida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toquio 1925 - 1970) Novelista e dramaturgo. Coñecido como Yukio Mishima, durante a Segunda Guerra Mundial publicou unha recompilación de narracións breves, Hanazakari no mori (O bosque en flor, 1944). Trala guerra consolidouse como escritor de grande éxito con Kamen no kokuhaku (Confesión dunha máscara, 1949), á que seguiron outras novelas, nunha evolución do esteticismo ao equilibrio clásico. Inclinado ideoloxicamente cara á dereita, tamén publicou Yukoku (O país mellor, 1960), Eirei no koe (A voz dos heroes caídos, 1966), Taiyo no tetsu (O sol e o ferro, 1965-1968) e os catro volumes de Hojo no umi (O mar fértil, 1965-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO