"Rau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

  • GALICIA

    Bispo de Mondoñedo-Ferrol de tendencia galeguista. No Seminario e Universidade Pontificia de Comillas licenciouse en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Perdeu un curso na carreira ao ser alistado no exército de Franco. Foi consagrado sacerdote en Comillas o 22.7.1945. Durante vinte e cinco anos exerceu o ministerio sacerdotal na cidade das Burgas. Colaborou no xornal La Región e en revistas relixiosas como Surge de Gasteiz e Resurrexit da Mutual do Clero de Madrid. O 6.9.1970 foi ordenado bispo na catedral de Ourense, no primeiro acto de ordenación celebrado en galego. O 13 do mesmo mes fixo a súa entrada solemne na Sé Episcopal de Mondoñedo e, sete anos máis tarde, na Concatedral de San Xiao de Ferrol.
    O seu maxisterio pastoral escrito xira ao redor da problemática de Galicia: migracións, mundo rural, paro obreiro, accidentes laborais, visita pastoral, e outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Canteiro, mestre-construtor coa súa propia cuadrilla, e xunto a E. H. Botana un dos máximos líderes do socialismo vigués. Asentouse en Vigo despois de facer o servizo militar, desenvolvendo desde a década de 1890 unha acción societaria pioneira que está nas orixes da Federación Local de Trabajadores. En 1894 participou nas xuntanzas que deron orixe á primeira Agrupación Socialista de Vigo. En 1896 creou a Sociedad de Canteros, cerna do proselitismo uxetista na cidade olívica. Tres anos despois colaborou na aparición da publicación local Solidaridad, principal semanario socialista galego nestas décadas. En 1900 foi vogal na constitución da Junta Municipal de Reformas Sociais, presidida polo alcalde de Vigo, con representantes obreiros e patronais, e que entre 1911-1914 promoveu medidas de seguridade no traballo, descanso dominical, redución da xornada de traballo, mellora do traballo feminino e dos nenos. En 1903, presidiu o III Congreso Obreiro Galaico-Portugués, en Braga, promovido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa peleteira fundada na década de 1970 por Herminio Araújo. Nun segundo período experimenta un crecemento, constituíndose en sociedade anónima no 1985, momento no que se construíu o complexo que posúe a empresa en San Cibrao das Viñas (Ourense). Conta con 9 tendas e un centro comercial propios e abastece todo tipo de provedores. Entre os galardóns que lle foron concedidos destacan varios Premios de Calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería que traballou na diócese de Tui. En 1862 contratou a edificación da igrexa de Salcidos; reconstruíu a torre campanario e parte do coro da igrexa das Clarisas de Tui. Tamén fixo o enlousado da igrexa de San Cristovo de Goián (Tomiño) e o cruceiro da praza de San Martiño de Figueiró (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gobernador de Albacete. Colaborador do diario madrileño La Iberia. É autor da obra titulada Bosquejo histórico, político y religioso del antiguo Reino de Galicia, desde los tiempos más remotos hasta fines del último siglo (1854). Esta obra inclúe un apéndice dedicado á súa vila natal, Descripción topográfica de la villa de Vivero y sus cercanías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Na Exposición Xeral de Belas Artes de Madrid (1892) presentou os cadros Ría de Vigo e El mercado de pescadores en la bahía de Vigo. Recibiu diversos premios na súa andaina pitórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Atribúeselle o retablo maior de Santa Mariña de Xestosa, realizado en 1787, e o de San Martiño de Tameiga, de 1773.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominico. Foi lector de Filosofía (1601) e ensinante de Teoloxía en San Pablo de Burgos e Alcalá de Henares, e catedrático de Teoloxía na Universidade de Salamanca. Toda a súa obra xira arredor da súa dedicación á Teoloxía e recolle títulos como: Comentarios a la Suma Teológica del Doctor Angélico (1636), Variae et selectae decisiones morales ad statum ecclesiasticum et civilem partinens (1664), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Redactor do xornal Libre Pontevedrés e correspondente de varias publicacións madrileñas. Publicou Análisis de la mujer (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, licenciado en Xurisprudencia e Teoloxía en Salamanca. Foi consultor da Inquisición. Publicou dúas obras relacionadas co mundo eclesiástico: Defensa de la inmunidad y libertad eclesiástica contra los herejes modernos e Sobre el abuso de la potestad eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director da imprenta coñecida co mesmo nome e establecida en Vigo en 1843, orixinaria de Lisboa e reclamada pola Xunta Central de Vigo para editar as súas proclamas. Unha vez instalada, foi dirixida por Gabriel Román e publicou, entre outros,   o xornal de anuncios El Gratis da mesma cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Na Idade Media, mensaxeiro encargado de facer os anuncios e transmitilos.

    2. Persoa que leva unha mensaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lobios baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica moi frecuente en Galicia, ben con esta forma ou ben coa variante castelanizada Araújo. A xeografía portuguesa está inzada de topónimos que levan este nome; tamén se recolle en puntos de Ourense. De orixe escura, probablemente vén do masculino correspondente á forma do latín hispánico arrugia ‘galería larga de mina, arroio’. Como apelido xa se documenta no s XII: “Menendus Arauugio” (doc ano 1166 en Pilar Loscertales de C. de Valdeavellano Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 536).

    2. Liñaxe galega que tivo a súa casa orixinaria na ribeira do Miño en terras de Monção. Estendeuse polo resto de Galicia fundando casas en terras ourensás, fundamentalmente. Os Araúxo ou Araújo (variante gráfica castelanizada) galegos foron señores dos lugares de Araúxo, Lobios e Entrimo do partido de Bande, e Milmanda do partido de Celanova. Foron donos do castelo de Sande no partido de Celanova e algúns foron pertigueiros nesta mesma terra. As primitivas armas desta estirpe levan, en campo de sinople, unha torre de prata e unha muller tralas rexas da ventá. Outra variante trae, en campo de goles, unha banda de prata acompañada, no alto, de dúas estrelas de ouro e, no baixo, doutra estrela do mesmo metal. Algúns investigadores aínda reseñan outras moitas variantes; entre elas, unha ostenta, en campo de azul, unha torre de prata aclarada de sable coas súas ameas e homenaxe, e na ventá asomada unha muller; a torre arrimada doutras dúas, tamén de prata pero máis pequenas das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto coleóptero do xénero Meloe, de cor negra e exoesqueleto brando, que ten un ciclo vital característico: as femias poñen os ovos no chan, e desde alí as larvas ruben polo talo de herbáceas primaverais ata chegar ao capítulo floral; alí esperan a chegada dunha abella qua as transportará ata o seu niño, onde se alimentarán de ovos e, posteriormente, das reservas de pole e néctar. Segundo a crenza popular, causa toxicidade no gando que o inxire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista. Estudiou en Berlín con Martin Krause (1910-1915). En 1927 gañou o Gran Premio de Xenebra, que o consagrou como intérprete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: arroutada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Gurjev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración traumática do oído producida por exposición a cambios de presión atmosférica que determinan unha diferenza entre as presións atmosférica e intratimpánica.

    VER O DETALLE DO TERMO