"Rusia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 52.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito armado entre Francia e Prusia que durou desde xullo de 1870 ata maio de 1871. A rivalidade entre os dous estados foi agravada pola temeraria diplomacia francesa e o imperialismo de Bismark. O 19 de xullo de 1870 Francia declarou a guerra. En agosto, o exército prusiano, ao mando de Moltke, derrotou a Napoleón III en Froeschwiller e cercouno en Estrasburgo e Metz. O 1 de setembro o exército francés capitulou trala Batalla de Sedan. O 10 de maio de 1871 o goberno de Thiers asinou a Paz de Frankfurt, pola que Francia perdeu Alsacia e Lorena.
-
PERSOEIRO
Rei de Prusia (1861-1888) e emperador de Alemaña (1871-1888), segundo fillo de Federico Guillerme III. En 1858 accedeu ao trono, tras ser declarado mentalmente incapacitado o seu irmán Federico Guillerme IV. En 1862 nomeou primeiro ministro a O. von Bismarck e coa axuda deste conseguiu que o Parlamento votase a reforma do exército. Ambos deseñaron un plan destinado á unificación de todos os estados alemáns baixo o liderado de Prusia, que os levou a iniciar a Guerra dos Ducados contra Dinamarca (1864) e a Guerra Austro-prusiana (1866). Trala derrota de Austria foi declarado presidente da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e, tralo triunfo na Guerra Franco-prusiana (1870), foi coroado en Versailles emperador alemán. Non estivo sempre de acordo coa política do seu primeiro ministro Bismarck, sobre todo no referente á kulturkampf.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Prusia e emperador de Alemaña (1888-1918), fillo e sucesor de Federico III. Obrigou a dimitir ao chanceler O. von Bismarck a causa das desavinzas respecto ao tratamento do movemento obreiro (1890) e tentou distanciar o proletariado do partido socialista cunha política paternalista. Practicou unha política expansionista e colonial baseada no desenvolvemento económico e na industria bélica e dominou os territorios de Kian-Chow (1897) e a parte occidental de Samoa (1889), Togo e Camerún. Proclamou, tamén, a soberanía de Alemaña sobre os territorios de África Oriental (1891) e de África do SO (1892) e ordenou o desembarco en Tánxer (1905) para impedir a penetración francesa naquel territorio. As crises internacionais e as Guerras Balcánicas fixeron difíciles as súas relacións coa Triple Alianza (1882) e a Triple Entente (1907). Despois da crise de Sarajevo (1914), seguro da superioridade alemana, declarou a guerra a Rusia e a Francia. Ao acabar o conflito bélico (1918) foi obrigado a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran príncipe de Moscova (1533-1547) e tsar de Rusia (1547-1584), fillo e sucesor de Basilio III. A súa política estivo ligada á expansión no exterior e á centralización do poder estatal no interior. Reformou a administración das provincias, revisou o código legal ruso e constituíu un exército permanente. Estendeu os seus dominios ata o Volga e abriu o camiño cara á colonización de Siberia. Unha segunda fase do seu reinado caracterizouse pola persecución dos boiardos (aristocracia feudal) e o establecemento dun goberno ditatorial, apoiado na súa garda persoal (opričnina). Potenciou o desenvolvemento da cultura rusa e foi un bo estratega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1682-1696), fillo de Aleixo I. O seu reinado foi nominal e a súa irmá Sofía detentou efectivamente o poder, ata que foi derrocada por Pedro I (1689). Conservou o título de tsar ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Mar moi axitado, con grandes ondas, que fai perigosa e difícil a navegación.
-
Cheiro das algas que se aprecia na baixamar.
-
Marea que se dá cando o mar baixa ou sobe máis ca nas mareas habituais. Ten lugar no novilunio e no plenilunio, cando as atraccións lunar e solar actúan nunha mesma dirección e os seus efectos se suman.
-
Mar con ondas de entre 0,5 e 1,25 m de altura, que constitúen o grao 3 da escala de Douglas.
-
Mar con ondas de entre 1,25 e 2,5 m de altura, que constitúen o grao 4 da escala de Douglas.
-
-
PERSOEIRO
Gran duque herdeiro de Rusia (1899-1904), fillo do Tsar Alexandre III. Foi declarado herdeiro do seu irmán maior, Nicolao II. En 1917, Nicolao II abdicou a coroa nel, que refusou, e foi proclamada a república. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1613-1645). Primeiro soberano da dinastía Romanov, concertou con Suecia a Paz de Stolvobo, que devolveu Novgorod a Rusia, pero pechoulle o paso ao Mar Báltico. Durante o seu reinado instituíuse definitivamente a adscrición dos homes á terra e impulsouse a colonización de Siberia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1825-1855), fillo de Paulo I de Rusia e sucesor de Alexandre I. Ao comezar o seu reinado produciuse a revolta dos decabristas (1825), movida polas sociedades secretas. Home severo, impuxo unha disciplina brutal e reprimiu duramente as revoltas dos campesiños, intentou mellorar a situación dos servos e iniciou a industrialización de Rusia. Exteriormente, continuou a política da Santa Alianza e impulsou a expansión de Rusia con obxectivos netamente imperialistas: participou na Guerra Ruso-turca, puxo fin á revolta polonesa (1830-1831) e axudou a Austria contra a revolta húngara de 1849.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1894-1917), sucesor de Alexandre III. Foi un home de carácter débil e indeciso, moi influído pola súa muller Alexandra F’odorovna e, durante a última parte do seu goberno, polo monxe Rasputin. Procurou manter a autocracia. Os grandes acontecementos do seu reinado foron a Guerra Ruso-xaponesa (1904-1905), o Domingo Vermello de Peterburgo (22 de xaneiro de 1905), a entrada de Rusia na Primeira Guerra Mundial (1914) e os desastres militares que provocaron a derrota do tsarismo (Revolución Rusa, 1917). Detido en Carskoje Selo en 1917, foi asasinado en Jekaterinburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cianocomplexo de ferro cuxo sal sódico ten actividade como fármaco vasodilatador. En medicina emprégase por vía intravenosa nas crises hipertensivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifestación escatolóxica de Xesús Cristo como Señor na súa segunda vinda, e a conseguinte instauración definitiva do Reino de Deus na fin da historia.
-
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1796-1801), fillo de Pedro III e Catarina II. A súa nai conseguiu a abdicación do Tsar Pedro III e ocupou o trono, ao tempo que o afastou da corte e o enviou á gobernación de Gračina. Converteuse en tsar á morte da súa nai e seguiu unha política oposta á dela. Restrinxiu os privilexios da aristocracia e restableceu a administración centralizada, abolida en 1775. Mantivo unha política vacilante respecto á Francia revolucionaria pois participou na segunda coalición (1798), pero pactou en 1800 con Napoleón I Bonaparte unha política antibritánica. Provocou descontentos nos estamentos máis altos da sociedade e foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1672 - Peterburgo 1725) Tsar de Rusia (1682-1725), fillo menor de Aleixo I de Rusia e sucesor de Teodoro III de Rusia. Interesado en occidentalizar Rusia, reorganizou a administración territorial e creou un senado de nove membros en 1711, que, xunto cos nove colexios ou consellos ministeriais, foi o órgano supremo de goberno. Pero estas reformas non conseguiron unha transformación da arcaica estrutura socioeconómica do país. A adquisición dunha ampla fachada ao Báltico custoulle 21 anos de guerra contra Suecia (Guerra Nórdica), no curso da que derrotou a Carlos XII de Suecia en Poltava (1709), pero na que perdeu o mar de Azov, a saída ao Mar Negro. Deu nome á cidade de Peterburgo (1703), a onde trasladou a capitalidade, ata entón en Moscova, en 1713.
-
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1727-1730), neto de Pedro I de Rusia e fillo do Tsarévich Aleixo. Accedeu ao trono á morte de Catarina I de Rusia, cando tiña 11 anos. Morreu de varíola o día do seu casamento e sucedeuno a súa curmá Ana I de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1761-1762), neto de Pedro I de Rusia e sobriño e sucesor da Tsarina Isabel Petrovna. Admirador de Federico II de Prusia, abandonou a coalición antiprusiana e deu así unha viraxe á Guerra dos Sete Anos (1756-1763), a pesar dos beneficios territoriais que esta lle proporcionaba. Un achegamento da garda imperial, promovido pola súa esposa, a futura Catarina II de Rusia, obrigouno a abdicar en 1762 no seu favor. Días despois foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado alemán, situado entre o centro e o N da antiga Alemaña unificada, desde as montañas de Alemaña central ata o mar do Norte, e do Rin ao Nemunas (292.800 km2). Como estado libre incluía Prusia Oriental, situada ao L do corredor polaco, que cortou o territorio prusiano despois da Primeira Guerra Mundial, Brandenburgo, Pomerania, Silesia, gran parte da Saxonia, Slesvig-Holstein, Hannover, Westfalia, Hessen-Nassau, as provincias do Rin e os países de Hohenzollern ao SO de Alemaña, enclavados dentro do territorio de Baviera. O seu territorio está atravesado pola maioría dos grandes ríos alemáns; Rin, Ems, Weser, Elba e Oder. A súa economía baséase na agricultura, con predominio do cultivo de patacas, centeo, orxo e avea. Nas rexións occidentais, hai un predominio da industria, sobre todo no Rhur prusiano que se beneficiou dos depósitos de carbón. Os sectores industriais máis desenvolvidos son os da siderurxia e metalurxia, a química, o téxtil, a electrotecnia, a mecánica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do antigo Reino de Prusia, situada ao O do Vístula, con capital en Gdańsk. Durante os ss XII e XIII constituíu o ducado polaco de Pomerelia e en 1309 foi conquistada pola orde Teutónica. En 1466 reincorporouse a Polonia e recibiu o nome de Prusia Real. A primeira repartición de Polonia (1772) atribuíuna ao Reino de Prusia, e polo Tratado de Versailles (1919) incorporouse novamente ao estado polaco, excepto o enclave de Gdańsk, que se converteu en cidade libre e que non se uniu a Polonia ata 1945.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do antigo Reino de Prusia, que comprendía o litoral báltico entre o Vístula e o Nemunas, con capital en Königsberg. Aproximadamente correspondía aos dominios da orde Teutónica, que en 1525, ao secularizarse, constituíron un ducado hereditario a favor do gran mestre Alberte de Hohenzollern (Alberte I de Prusia). Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) a maior parte da poboación, de etnia e cultura xermánicas, foi evacuada. A Conferencia de Potsdam (1945) atribuíu a parte norte á URSS e o sector meridional a Polonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter do exército prusiano, baseado na despersonalización, a obediencia cega e a instrución inflexible, que caracterizou as tropas alemanas ata 1945.