"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Elemento dunha lingua carente de sentido de entre todos aqueloutros que si poden telo (morfemas, palabras, construcións sintácticas, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntanza de persoas reunidas fundamentalmente para deliberar e, eventualmente, tomar acordos.

      1. Toque de timbal, trompeta, etc, para a reunión e formación das tropas.

      2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.

    2. Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante; a miúdo é chamada xunta. As asembleas de socios poden ser ordinarias ou extraordinarias. Xeralmente a asemblea ordinaria convócase de maneira periódica, como mínimo anualmente, e decide sobre a renovación dos cargos da xunta, aprobación das actividades realizadas, rendición de contas e orzamentos; a asemblea extraordinaria decide sobre cuestións excepcionais (modificación dos estatutos, disolución ou fusión da asociación, e outros temas que determinen os estatutos).

    3. Congreso dun partido político.

    4. Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.

    5. Órgano composto por todos os traballadores da empresa. A súa finalidade é o control dos representantes obreiros nos diferentes espacios de actuación dentro da empresa.

    6. Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.

    7. Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos. Por influencia da institución francesa, tomou o nome de asemblea nacional a primeira cámara ou a cámara única nas constitucións das antigas colonias francesas (Alxeria, Camerún, Guinea, Costa de Marfil, etc), e doutros estados (Portugal, Turquía, etc). O nome de asemblea nacional xurdiu coa asemblea nacional constituínte francesa reunida o 9 de xullo de 1789, que foi transformada en asemblea lexislativa en 1791. A asemblea constituínte de 1848 deu paso á asemblea lexislativa de 1849. Unha nova asemblea nacional constituínte formouse en 1871 e perdurou ata 1875. Despois da Segunda Guerra Mundial reuníronse dúas asembleas máis (1945 e 1946). Aprobada a Constitución de 1946 o nome de asemblea nacional adaptouse para a primeira cámara, denominación que...

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da Unión Europea constituído en 1985 en Louvain-la-Neuve (Valonia, Bélxica). Foi creada por nove organizacións interrexionais europeas para reforzar a representación das rexións nas institucións comunitarias. Tivo un papel destacado na creación do Comité das Rexións e impulsou os traballos do Consello Consultivo das Colectividades Rexionais. Componse dunha asemblea xeral e de seis comités que traballan nos problemas específicos que afectan ás rexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convocada en Melide en decembro de 1520 tralos levantamentos comuneiros en Castela, os seus promotores foron o conde Fernán Pérez de Andrade, por parte da nobreza, e o arcebispo de Santiago Alonso de Fonseca, por parte dos prelados. Representaban ás clases privilexiadas que decidiran autodefenderse das revoltas dos vasalos. As peticións máis salientables emitidas pola Asemblea á Coroa de Castela foron a petición de voto en Cortes para Galicia e a concesión dunha Casa de Contratación para A Coruña. Denegada a primeira petición, Carlos I de Castela concedeu o 24 de decembro do 1522 o establecemento da devandita Casa de Contratación do Comercio coas Illas das Especias e as Illas Orientais (Asia e Oceanía), o que facilitou o negocio da especiería para os comerciantes e mercaderes galegos ata que desapareceu no 1529, ao se facer definitiva a pouca rendibilidade da ruta oriental das especias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben diversas reunións extraoficiais de deputados e senadores que tiveron lugar en Barcelona e Madrid entre xullo e outubro de 1917. Foi unha resposta á crise producida pola fin da Primeira Guerra Mundial, o aumento da desocupación, o triunfo da Revolución Rusa, o descontento das forzas armadas ante a arbitrariedade que dominaba no funcionamento interno e que deu lugar ás xuntas militares de defensa, e a presión, dos nacionalistas cataláns, dos republicanos e dalgúns monárquicos para romper o sistema de quendas no poder e acadar reformas políticas, económicas e sociais. O encarceramento dos dirixentes das xuntas militares fixo caer o goberno de García Prieto (10 de xuño). O poder pasou a mans do conservador Dato, quen, faltándolle a maioría, pechou as Cortes, suspendeu as garantías constitucionais e instaurou a censura de prensa. Baixo a iniciativa da Lliga Rexionalista, o 5 de xullo celebrouse en Barcelona unha asemblea de senadores e deputados de Catalunya á que asistiron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo constituído o 25 de xullo de 1977 polos deputados e senadores electos das circunscricións de Galicia nas eleccións ás Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1977. Presidida por Antonio Rosón Pérez, elaborou o proxecto do réxime de preautonomía, aprobado por unanimidade dos seus membros, que lle entregaron ao Presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o 27 de outubro de 1977. O 16 de decembro de 1978, a Asemblea de Parlamentarios acordou nomear unha comisión de dezaseis persoas para redactar o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para Galicia. O 5 de maio de 1979, a Asemblea constituíu unha comisión de nove persoas encargada de elaborar o proxecto definitivo sobre a base do anteproxecto anterior. O 25 de xuño de 1979 a Comisión dos nove entregoulle á Asemblea o seu Proxecto de Estatuto, que foi aprobado por unanimidade e entregado ao Presidente das Cortes Españolas o 28 de xuño dese ano, no cabodano do plebiscito de 1936. O 25 de setembro de 1979 nomeouse unha comisión encargada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creouse en Compostela en 1977 co obxectivo de analizar as problemáticas do mundo teatral e superar as diferencias derivadas da escolla e da filiación ideolóxica. Constitúe unha das primeiras iniciativas de asociacionismo de grupos e compañías, e a súa actividade serviu para normalizar e promover a comunicación e o encontro entre os colectivos teatrais do país que, naquela altura, iniciaban a aventura da profesionalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza celebrada o 15 de xullo de 1843 en Lugo polos representantes das diferentes Xuntas provinciais constituídas tralos pronunciamentos que teñen lugar ese mesmo ano (A Coruña: 18 de xuño; Lugo: 19 de xuño; Vigo e Ourense: 21 de xuño), onde quedou constituída a Xunta Central de Galicia. No escrito publicado o 16 de xullo expuxéronse as resolucións adoptadas: fidelidade ao rexente Espartero, necesidade de constituír unha Xunta Central de España que represente ás diferentes Xuntas provinciais, convocatoria de Cortes Constituíntes e organización dun poder central en Galicia que asumise todos os poderes. Como último obxectivo sinalaban a salvación do país e da Raíña Isabel II. Reclamaba tamén a soberanía mentres o poder central non fose restaurado. O primeiro de agosto o ministerio de Gobernación só aceptaba unha xunta por provincia e suprimía as demais. En Lugo isto non se aceptou e, finalmente, o 15 de agosto, unha comunicación do ministerio instou á súa desaparición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea das distintas seccións do Partido Federal en Galicia, celebrada o 22 de xuño de 1873. O partido quedou organizado en xuntas locais e no cantón de Galicia creouse un comité executivo. A Asemblea Federal Galega xuntaríase dúas veces ao ano en Santiago (elixida capital do vindeiro cantón galego). Dentro do réxime federal de España, pedíase a autonomía de Galicia que estaría rexida por un regulamento ou constitución cantonal no que se fixarían os poderes que podería exercer, e cáles tiña que transferir ao poder central pola imposibilidade de exercelos directamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes. O seu acto fundacional tivo lugar en Viana do Castelo (Portugal) en abril de 1975. En xaneiro de 1976 presentouse en Galicia nunha rolda de prensa. Autodefiníase como “plataforma apartidaria de forzas nacionais e populares”. En abril de 1976 difundiu o Chamamento e Declaración política no que expuña os seus principios: autodeterminación, autogoberno, anticolonialismo, democracia e protagonismo das forzas políticas propias. Integrou as Comisións Labregas, Comités de Axuda á Loita Labrega, Estudiantes Revolucionarios Galegos, Sindicato Obreiro Galego, Sindicato Galego dos Traballadores do Mar, Unión Galega de Artistas, Unión de Traballadores da Banca de Galicia, Unión de Traballadores do Ensino de Galicia, Unión de Traballadores da Sanidade Galega e outros colectivos e persoas de moi diversa adscrición ideolóxica, dentro dunha común militancia galeguista. A Asemblea Nacional-Popular Galega adoptou como símbolo a bandeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proposta realizada por Alfredo Brañas nun discurso pronunciado en Pontevedra o 14 de setembro de 1893 para resolver os problemas do Rexionalismo galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á asemblea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia que pretende outorgar á asemblea poderes decisorios.

    2. Esaxeración no número e duración das asembleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sete reunións celebradas durante un período de doce anos (1908-1919) en distintas vilas galegas: Monforte de Lemos (1908, 1910 e 1911), en Ribadavia (1912 e 1913), en Redondela (1915) e a última na Coruña (1919), e que constituíron fitos fundamentais nas discusións do Agrarismo galego. En conxunto, nestas asembleas tratábase de elaborar unha serie de medidas para o cambio da estrutura agraria do momento, aínda afogada polos foros, o atraso técnico, a baixa produtividade e a escasa integración no mercado. As tres primeiras, celebradas en Monforte, constituíron un bloque común; nelas reuníronse os representantes das diferentes organizacións agraristas -Unión Campesina, Directorio Antiforista de Teis, Solidaridad Gallega-, cos seguintes obxectivos: desaparición do foro e das aparcerías do gando; supresión dos aranceis do millo; seguros para o gando e vacinación do mesmo; préstamos para adquirir gando; supresión do foro mediante a redención; control dos concellos, co fin de lograr...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tres Asembleas Agrarias Galegas celebradas en Monforte de Lemos os días 15 e 16 de agosto de 1908, o 13, 14 e 15 de agosto de 1910, e o 13, 14 e 15 de agosto de 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celébranse por iniciativa da Academia Galega, co obxectivo de reflexionar sobre a comunidade de cultura entre Galicia e Portugal. A primeira tivo lugar en Braga, os días 29 e 30 de outubro de 1955; a segunda na Coruña, os días 14, 15 e 16 de agosto de 1961. Destas asembleas obteranse unhas corenta ponencias sobre lingua, historia, folclore, etnografía e literatura comúns, publicadas posteriormente pola Academia, no ano 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha asemblea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ou presentar unha cousa con parecido ou semellanza a outra.

    2. Ter aparencia dalgunha cousa ou representar esa cousa.

    3. Ter grande semellanza unha persoa ou unha cousa con outra, no aspecto físico ou no moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de danza que consiste en xuntar os dous pés nun salto e que serve de final nunha frase coreográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO