"Sena" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 66.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen deseña ou se dedica profesionalmente ao deseño.
-
-
Facer o deseño de algo.
-
Imaxinar e describir algo con anterioridade á súa realización.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bivalvos ao que pertence o mexillón cebra.
-
SEMANARIOS
Semanario de carácter educativo aparecido en abril de 1905 na Coruña. Dirixido por Eduardo López Budén, propietario dun colexio privado co seu nome, contaba con oito páxinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Turinxia, Alemaña, situada á beira do río Nesse (45.900 h [1991]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria, principalmente co sector téxtil, a elaboración de madeira, cervexa e zapatos. Foi fundada ao redor do 1070 sobre a antiga Isenacum. Pertenceu aos landgraves de Turinxia (1150) e á casa de Wettin (1440). Incorporouse á rama ernestina da dinastía de Wettin (1485), que se converteron en duques de Saxonia-Weimar-Eisenach (1741). Foi a residencia dos electores de Saxonia e dos duques de Eisenach. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Nicolao e San Xurxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rexente de Castela (1295-1301), fillo de Fernando III e de Beatriz de Suabia. Conxurou contra o seu irmán Afonso X o Sabio para facerse co trono de Castela pero fracasou (1257). Fuxiu e púxose ao servizo do califa de Tunisia. Pasou despois a Italia, onde os xibelinos o nomearon senador. Encerrado no castelo de Santa Maria Pulla polo Papa Clemente IV, trala súa liberación a Raíña María de Molina cedeulle a rexencia de Castela durante a minoría de idade de Fernando IV. Dende 1301, coa axuda de Xaime II de Aragón, tentou recuperar os dereitos ao trono de Castela dos infantes de la Cerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Baixa California Norte, México, situada na baía de Todos Santos (315.289 h [1995]). É un importante centro comercial e porto pesqueiro. Tamén destaca o sector industrial, principalmente a elaboración de cervexa e aceite.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Catastro do Marqués de la Ensenada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zenón de Somodevilla y Bengoechea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista educativa de tendencia católica editada en Ourense a partir do 1 de outubro de 1875. Tiña unha periodicidade quincenal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido en Lugo en agosto de 1901. Tivo unha periodicidade semanal ou decenal.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter educativo aparecida en Vigo en 1927. Cesou a súa edición en 1936. Coordinada por Apolinar Torres, incluíuse xunto ao xornal vigués El Pueblo Gallego. Contou coa colaboración de Víctor Fráiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FERE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FETE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Emilia-Romaña, Italia (2.377 km2; 355.411 h [2000]). A súa capital é Forlì. Recibiu esta denominación dende 1993 cando Rímini formou provincia propia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución que crearon en Madrid (1876-1940) varios profesores de universidade e instituto, separados do ensino oficial por mor da protesta contra un decreto de Instrución Pública (1875). Dos membros fundadores, destacou Francisco Giner de los Ríos, a quen lle sucedeu (1915) Manuel B. Cossío. O seu nacemento está directamente unido á chamada segunda cuestión universitaria e ao movemento krausista. Con Manuel de Orovio no ministerio de Fomento, un Real Decreto de 26 de febreiro de 1875 mandaba poñer en vigor a Lei de 1857, pola que todos os catedráticos debían suxeitarse a textos oficialmente autorizados e esixía, ademais, someter os programas á aprobación do goberno. Con esa mesma data enviouse unha circular aos rectores en que se esixía que non se ensinase nada contrario ao dogma católico nin á monarquía constitucional. A protesta universitaria que deu orixe á ILE empezou en Santiago de Compostela e estivo comandada polos profesores Laureano Calderón Arana e Augusto González Linares,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensaio pedagóxico para a reforma do segundo ensino, creado en Madrid polo Real Decreto de 10 de maio de 1918, con Santiago Alba no Ministerio de Instrución Pública. Dirixido pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, o seu plan de estudios caracterizábase pola continuidade no estudo das materias, con programas cíclicos e estudios comúns e obrigatorios ata os 15 anos, coa posibilidade de poder especializarse posteriormente nos dous cursos seguintes. O alumno distribuíase en dúas seccións, a primeira de carácter preparatorio para os comprendidos entre os 8 e os 10 anos. Ampliábase o abano de materias incluíndo o grego, as linguas modernas, o ensino artístico, o ensino manual e a música. O profesorado estaba composto por catedráticos numerarios de instituto, mestres de grao superior e aspirantes ao maxisterio secundario. Os seus principios poden buscarse na filosofía de Giner de los Ríos, na defensa da unidade do primeiro e segundo ensino, no ensino cíclico, na relación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pilastra ou columna adosada, de escaso grosor, con función decorativa. Pode levar ou non base e capitel.
-
PERSOEIRO
Militar francés, duque de Rívoli e príncipe de Essling. Nomeado xeneral en 1793, a súa participación decidiu as batallas de Lodi e Rivoli. Derrotou os rusos en Zúric (1799) e defendeu Xénova (1800). Foi enviado a Portugal, loitou contra o duque de Wellington e como mariscal desde 1804, librou a indecisa Batalla de Fuentes de Oñoro (1811).
VER O DETALLE DO TERMO