"Tempe" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 38.
-
-
Temperatura en que ocorreu un proceso xeolóxico do pasado, por exemplo, a temperatura dun metamorfismo rexional ou dunha cristalización.
-
Temperatura media do clima ou do mar nun momento determinado da historia xeolóxica. Para determinala, hai que basearse na relación de isótopos de osíxeno O 18 /O 16 , que están contidos en determinados compostos como os carbonatos. Esta relación depende da temperatura de formación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
al en forma de estreito situado no NL de Tesalia, Grecia, entre o monte Olimpo e a Osa, a través do que o río Peneo se abre paso cara ao mar. Ten uns 8 km de lonxitude.
-
CIDADES
Cidade do estado de Arizona, EE UU, situada a 15 km ao SL de Phoenix (158.625 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Mestura dun aglutinante con auga, con forte poder de cohesión, que serve para disolver os pigmentos ao preparar as pastas pitóricas que cobren ou transparentes. Aplícase sobre a táboa e pode retocarse en seco.
-
pintura á témpera
Pasta pictórica acuosa constituída por unha témpera e un pigmento. Segundo a témpera que se utilice distínguense o tempero de ovo, de cola, de plástico, de caseína, ou doutro aglutinante.
-
-
Acción e efecto de temperar metais.
-
-
-
de temperar.
-
Que non está nin moi quente nin moi frío.
-
Que se atopa no seu tempero.
-
Aplícase á persoa equilibrada e moderada.
-
Aplícase ao clima ou latitude media que está comprendida entre a zona polar e a tropical do mesmo hemisferio.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao temperamento.
-
Que ten reaccións intensas e alternativas de estado de ánimo.
-
-
-
Conxunto de trazos psíquicos e psicolóxicos que determinan o comportamento dunha persoa.
-
Forma de ser dunha persoa.
-
Característica da persoa que ten seguridade en si mesma e non se deixa influír polos demais.
-
Sistema para modificar lixeiramente os intervalos co fin de afinar os instrumentos de sons determinados, especialmente os do teclado. Os dous sistemas máis importantes son o temperamento medio de tres terceiras iguais, e o temperamento igual, baseado na serie de quintas.
-
-
Resultante da mestura dos catro humores fundamentais do ser humano cuxa primacía sobre os outros determina as formas temperamentais do sanguíneo, do flegmático, do linfático e do bilioso. Corresponde co concepto de biotipo.
-
Forma innata, na psicoloxía contemporánea, que experimenta as relacións co medio social ou de resposta. Corresponde aos niveis máis profundos da persoa.
-
-
-
-
Que chega antes do tempo previsto, especialmente o froito.
-
Aplícase ao inicio de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que actúa con temperanza.
-
-
Equilibrio na forma de actuar dunha persoa, ou de dominar os seus instintos.
-
Moderación do tempo atmosférico.
-
irtude cardinal que consiste en moderar o desexo de praceres, sobre todo os derivados dos sentidos e, dunha maneira especial, os da gula.
-
-
-
amornar.
-
Moderar a dureza de algo.
-
Afinar segundo un temperamento determinado un instrumento.
-
Proporcionarlle o punto axeitado de dureza ou elasticidade a un metal, un vidro ou outro material.
-
olverse algo máis suave ou moderado.
-
-
-
Magnitude termodinámica que pon en evidencia a enerxía térmica dun corpo en relación a outro. Desde un punto de vista físico, a temperatura dunha substancia defínese como a medida da enerxía cinética media das moléculas que a forman. Pode medirse nas mesmas unidades ca a enerxía aínda que, tradicionalmente, se crearon as escalas de temperatura en paralelo coas unidades de enerxía, como a escala Fahrenheit, a Celsius, a Reaumur, a Kelvin, tamén denominada escala absoluta, ou a Rankine.
-
-
Expresión numérica do grao de calor do organismo que depende do equilibrio entre os mecanismos termóxenos (metabolismo, contracción muscular) e os termolíticos (perda de calor por convección, radiación e evaporación). Acéptanse como cifras normais unhas oscilacións térmicas de entre 36,5°C e 37,2°C.
-
temperatura basal
Temperatura do corpo dun individuo en xaxún, en repouso e nun ambiente duns 20°C.
-
-
Situación ou estado dun ambiente determinado.
-
Temperatura que se mide en graos kelvin.
-
-
Temperatura dun gas por riba da que é imposible licualo unicamente por un aumento de presión.
-
Temperatura máxima á que un material supercondutor pode manifestar esta propiedade.
-
-
Temperatura que ten nun momento dado o aire da atmosfera terrestre. A inclinación dos raios solares e a duración do día determinan as variacións periódicas da temperatura (diúrna e anual).
-
-
-
Ferro de tear que tensa a tea.
-
Cuña que suxeita o temón do arado.
-
Fibela da parte traseira do pantalón.
-
-
-
Punto óptimo dunha comida ou de calquera cousa.
-
Forma de ser dunha persoa, especialmente da que sabe manter o equilibrio ou a firmeza.
-
-
Punto de dureza ou de elasticidade que se lles dá aos metais e ao vidro.
-
Tratamento ao que se somete un metal para endurecelo, especialmente o que consiste en quentalo e arrefrialo rapidamente somerxéndoo de súpeto nun líquido frío. Así mellora as calidades mecánicas do metal ao aumentar o seu límite de elasticidade, a súa resistencia á ruptura por tracción e a súa dureza.
-
-
Corte que se facía no canón dunha pluma para que servise para escribir.
-
Cantidade xusta de aire que necesita a gaita para manter un son uniforme, sen interrupcións no fluxo e sen subidas nin baixadas no timbre e intensidade do son. Conséguese mediante a combinación da presión do brazo sobre o fol e a introdución do aire polo soprete. Tradicionalmente, o fol de cabrito proporcionou un bo tempero, aínda que a finais do s XX novos tecidos sintéticos como o gore-tex proporcionaron un tempero máis coidado e uniforme cun menor esforzo do brazo.
-
Termo da xerga dos cabaqueiros que designa o punto de cocción da tella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pieter Mulier.
-
-
Borrasca local intensa que vai asociada a un cúmulo ou a un nimbo groso e denso, onde existen correntes ascendentes de aire moi fortes. Vai acompañada normalmente de tronos e lampos, e a chuvia é intensa nun espazo curto de tempo. Son máis frecuentes en latitudes baixas. A tempestade térmica prodúcese pola convección térmica ocasionada polo quecemento do solo e a capa inferior do aire polo Sol. Nas tempestades orográficas o aire é forzado a evaporarse para remontar unha cadea de montañas. Nas tempestades frontais a masa de aire cálido é forzada a elevarse sobre unha capa de aire frío.
-
Axitación violenta da orde ou da harmonía dunha situación.
-
Perturbación do campo magnético terrestre que se observa un ou dous días despois das grandes erupcións cromosféricas. Comeza cun aumento da intensidade da compoñente horizontal do campo xeomagnético, que chega ata un valor de 30 a 40 veces superior ao normal, despois volve baixar de maneira que acada o valor anterior nun tempo de 2 a 8 horas, continúa baixando, ata un valor de 50 a 100 veces por debaixo do normal e, finalmente, nun intervalo de 1 ou 2 días, restablécese a situación non perturbada.
-
-
PICOS
Pico do macizo de Maladeta situado ao SL do Aneto, nos Pireneos. Acada os 3.290 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que sofre con frecuencia os efectos dunha tempestade.
-
Que ameaza con producirse unha tempestade.
-
Que está dominado pola axitación, tensión ou violencia.
-