"Tito" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 46.

  • Partido político italiano que se creou en 1921, a raíz do congreso de Livorno, por Antonio Gramsci, Amadeo Bordiga e Palmiro Togliatti, da á disidente da extrema esquerda do Partito Socialista Italiano. Disolto en 1926 polo fascismo, organizouse clandestinamente e tivo moita importancia na resistencia italiana durante a Segunda Guerra Mundial. Rematada a guerra e ata 1947 formou parte do goberno de coalición xunto con outros cinco partidos antifascistas. A partir de 1956, P. Togliatti preconizou a teoría do policentrismo entre os diferentes partidos comunistas. Despois da súa morte (1964), o partido foi dirixido por Luigi Longo (1964-1972) e Enrico Berlinguer (1972-1984), que impulsou a adaptación ao eurocomunismo e se esforzou pola realización do compromesso storico, programa que planeaba a participación dos comunistas no goberno cos demócrata-cristiáns, que sempre foi rexeitado polo Partito Democrazia Cristiana. Achille Occhetto, máis próximo á socialdemocracia ca os seus predecesores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano creado en 1991 durante o congreso de Rimini como sucesor do Partito Comunista Italiano. O seu secretario xeral, Achille Occhetto, decantou o partido cara á socialdemocracia. Nas eleccións de marzo de 1994 foi a forza principal da coalición Progressistas. Por culpa dos precarios resultados electorais daquel ano, A. Occhetto dimitiu da secretaría xeral, cargo que foi ocupado por Massimo D’Alema que o revalidou no I congreso (1997). D’Alema, liderou a coalición L’Ulivo con Romano Prodi, e a vitoria desta coalición nas eleccións xerais de 1996 posibilitou a entrada no goberno desta formación. Ao final de 1998, a causa da crise de goberno provocada por Rifondazione Comunista, R. Prodi dimitiu do seu cargo de xefe de goberno e foi substituído por D’Alema. En 1998 pasou a formar parte, xunto con outras formacións, de Democratici di Sinistra (DS), que á súa vez forma parte da coalición electoral L’Ulivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano creado polos antigos militantes do Partito Popolare Italiano durante a resistencia antifascista. Co triunfo e a maioría absoluta en 1948, gobernou baixo a presidencia primeiro de Alcide de Gasperi e despois doutros democratacristiáns ata 1962, e realizou unha importante reforma agraria que puxo fin ao latifundismo. Baixo a inspiración de Amintore Fanfani iniciou daquela a apertura á sinistra, que durou ata a crise económica da década de 1970, en que formou gobernos minoritarios. Durante estes anos ocupou tamén a presidencia da república, agás no período do presidente socialdemócrata Giuseppe Saragat. A partir de 1976 a súa forza baixou e viuse obrigada a compartir o poder cos partidos laicos. En 1978 perdeu a presidencia da república, que recuperou en 1985 con Francesco Cossiga, e en 1981 a do goberno, que recuperou brevemente entre 1982 e 1983 con A. Fanfani e, a partir de 1987, con Amintore Fanfani, Giovanni Goria, Ciriaco de Mita e Giulio Andreotti....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano precedente do Partito Democrazia Cristiana. Foi fundado en 1919 por Luigi Sturzo e baseábase na doutrina social da Igrexa, a descentralización rexional, a reforma agraria e outras reformas políticas. Nas eleccións de 1919 e en 1921 obtivo un cento de escanos parlamentarios e tamén conseguiu un notable éxito nas municipais de 1920. Os asasinatos do líder socialista Giacomo Matteotti e Minzoni e a desaparición das liberdades constitucionais conduciron ao partido a retirarse do Parlamento. A partir de entón os seus dirixentes foron perseguidos e o derradeiro secretario xeral, Alcide de Gasperi, refuxiouse na Cidade do Vaticano ata a caída do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política italiana fundada en 1892, co nome de Partito dei Lavoratori Italiani, por Filippo Turati, Andrea Costa e Gregorio Agnini. Dominou o sector sindicalista entre 1904 e 1908. A gran crise produciuse coa cuestión da adhesión á Terceira Internacional no congreso de Livorno (1921), onde se produciu a escisión principal, a dos leninistas, que fundaron o Partito Comunista Italiano. O secretario do PSI, Giacomo Matteotti, foi asasinado (1924) e os socialistas reagrupáronse no exilio e asinaron en 1934 un pacto de acción cos comunistas para unha colaboración coa Resistenza. En 1947 escindiuse en dúas ramas: o PSI, guiado por Pietro Nenni, e o PSDI (Partito Socialista Democratico Italiano), guiado por Giuseppe Saragat. O afastamento entre o PSI e os comunistas permitiu a súa entrada nos gobernos de coalición dirixidos pola democracia cristiá. No período de 1978-1985, con Alessandro Pertini, acadou a presidencia da república, e o seu secretario xeral, Bettino Craxi, encabezou entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Ferrol a partir de 1982. Dirixida por Juan J. Ruiz Varela, foi unha das publicacións que modernizaron a banda deseñada galega a principios da década de 1980, xunto con Fat City, e protagonizou o que se deu en chamar a “movida Ferrol”. Incluíu debuxos e ilustracións de banda deseñada de Eduardo Galán Dudi, entrevistas a coñecidos personaxes da política e da cultura, e artigos en que se analizaban diversos temas, sempre desde unha perspectiva de crítica, especialmente en todo o relativo á OTAN e ao imperialismo estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha petición.

      1. Aplícase á demanda feita nun xuízo para que se recoñeza un dereito real sobre un inmoble.

      2. xuízo petitorio

        Xuízo en que se pide a propiedade dunha cousa ou pertenza dun dereito, pero non a súa posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo latino. Segundo Aulio Gelio, obtivo os maiores éxitos quince anos despois da representación das primeiras obras de Nevio (235? a C) e coma este cultivou a comedia palliata. Inicialmente, encargouse da adaptación de comedias gregas, á vez que observaba os costumes dos distintos estratos da sociedade romana. A súa sona fixo que, xa morto, circulasen por Roma máis de 130 comedias apócrifas. Xunto con outros críticos, Varrón realizou a selección transmitida polos manuscritos e determinou que obras cumpría considerar como autenticamente plautinas: Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Epidicus, Menaechmi, Miles gloriosus, Persa, Trinummus, Truculentus e Vidularia, entre outras. Co seu teatro, en que introduciu algúns aspectos autobiográficos, tendeu a renovar definitivamente a escena romana e manexou cun virtuosismo extraordinario os metros dos diálogos ou dos cantica....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que, sen ser o titor, encárgase de velar polos intereses dun menor. Segundo quen siga as funcións encomendadas, denomínase curador ou defensor xudicial.

    2. Persoa encargada de supervisar as funcións e actuacións do titor. Desde a supresión do código civil o cargo e as súas funcións encoméndanselle ao xuíz de primeira instancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano, fillo de Macrino. O seu pai asociouno ao trono xunto ao seu irmán e durante o seu goberno tratou de defender o Imperio Romano da ameaza persa, pero foi derrotado e asasinado por estes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Escribiu o poema épico Punica, en 17 libros, unha narración chea de gusto retórico e de exaltación do sentimento da antiga grandeza romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín Titus, un dos máis antigos e difundidos dos prenomes usados polos romanos. Ten orixe discutida, quizais sexa o nome común latino titus ‘pombo bravo’ ou un nome nacido das formas cariñosas infantís como Tatius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (79-81), fillo de Vespasiano. Foi tribuno militar en Xermania e Britania, en 69 obtivo o título de césar, co seu irmán Domiciano, e en 71 o poder proconsular e o poder tribunicio. Tomou parte na guerra contra Xudea, converténdose no seu correxente (71) e ocupou Xerusalén (70). Herdou de seu pai o cargo de prefecto do pretorio e en 80 tomou o consulado co seu irmán. Durante o seu goberno tivo lugar a erupción do Vesubio (79).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco triunfal construído en Roma pouco despois da morte do Emperador Tito Flavio Vespasiano, no ano 81. Atópase no Foro Romano, consta dun só van e conserva, na cara interna, diversos relevos que conmemoran a toma de Xerusalén polo emperador no ano 70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo e colaborador do apóstolo san Paulo. Pagán de orixe, non foi circuncidado ao converterse cristián. Acompañou a Paulo ao Concilio de Xerusalén. A tradición identifícao co xefe da igrexa de Creta, destinatario dunha das epístolas pastorais. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que foi coñecida a cidade de Podgorica entre 1945 e 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceira etapa e idade do Xurásico Superior, situada sobre o Kimmeridxiano e baixo o Berriasiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos titónidos.

    2. Ave da familia dos titónidos.

    3. Familia de aves, da orde dos estrixiformes, duns 45 cm. Presentan discos faciais moi marcados, arredondados na parte superior, e unidos un ao outro formando un só disco, codiforme. Habitan arredor do mundo, excepto en zonas polares, Escandinavia, o centro e o N de Asia e Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO