"Tolox" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da teoloxía que trata da persoa e da obra de Cristo. Tradicionalmente, aplícase ao tratado dogmático sobre a esencia de Cristo e á unión nel das naturezas humana e divina; o estudo da súa misión redentora recibe o nome de soterioloxía. O desenvolvemento teolóxico-dogmático dos cinco primeiros séculos, sobre todo cos concilios de Nicea (325), Constantinopla (381) e Calcedonia (451), orixinou unha dobre problemática cristolóxica. Despois de diversas especulacións (adopcionismo, docetismo, nestorianismo, monofisismo, etc), abordouse a interpretación da filiación divina de Cristo, que deu pé á elaboración da teoloxía trinitaria, e ao problema das relacións desta filiación coa esencia de Cristo, que levou á doutrina da encarnación. Desta liña especulativa, tradicional na teoloxía católica e compartida modernamente por algúns teólogos protestantes (Brunner e Barth) e que se denomina cristoloxía descendente, a síntese tomista elabora un tratado unitario (De Verbo Incarnato)....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cristoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio das alteracións da saúde conforme aos ritmos biolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as flutuacións climáticas do pasado con relación ao desenvolvemento dos vexetais a través dos aneis de crecemento dos troncos, especialmente dos das coníferas.
-
-
Ciencia ou tratado dos deberes. En calidade de determinación empírica das normas morais, a teoría deontolóxica trata dos deberes que se teñen que cumprir para poder chegar a un ideal de felicidade, o máis grande posible para o maior número de individuos.
-
Ciencia ou tratado que estudia os deberes e a ética profesional dos médicos. Establece unhas normas de conduta médica que varían segundo as influencias sociais.
-
-
-
Relativo ou pertencente á deontoloxía.
-
Conxunto de normas e preceptos de carácter moral que rexen nunha tarefa ou traballo determinados e cos que se procura respecto, rigor, honestidade e outros principios acordes coa ética profesional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que ten por obxecto o estudo e o tratamento das doenzas da pel e dos seus anexos como o pelo, as unllas e as glándulas sebáceas. O primeiro texto dedicado ao estudo das doenzas cutáneas foi De morbis cutaneis (1572), de Girolamo Mercuriali, aínda que a constitución dos estudios dermatolóxicos como especialidade non tivo lugar ata o s XVIII. François Rayer, no Traité théorique et pratique des maladies de la peau (Tratado teórico e práctico das enfermidades da pel, 1826), introduciu o criterio anatomopatolóxico para enfocar a clasificación das afeccións cutáneas. A interpretación fisiopatolóxica e constitucional da dermatoloxía iniciouse a comezos do s XX coa obra de Josef Jadassohn e Bruno Bloch.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á dermatoloxía.
-
-
Acción de desmitoloxizar.
-
Proceso que consiste en liberarse da comprensión mitolóxica do anuncio evanxélico. Este termo introduciuno Rudolf Bultmann na linguaxe filosófico-teolóxica en 1941. A meta do programa bultmanniano era facerlle comprensible ao home moderno, seguramente cun inconfesado afán apoloxético, o querigma do Novo Testamento, desvinculándoo totalmente das características mitolóxicas coas que nacera por mor da limitación que impuxera o tempo e o espazo nos que fora anunciado e elaborado. Esta tentativa tivo unha longa historia na teoloxía cristiá, por exemplo, no método esexético denominado alegórico ou na teoloxía liberal. Hai que destacar no intento de Bultmann o afán por buscar unha axeitada interpretación do querigma, feita a partir de dous supostos: a filosofía existencialista (máis en concreto, a de Martin Heidegger) e unha comprensión da xustificación pola fe, de signo paulino-luterano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar o carácter mitolóxico a unha doutrina ou pensamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina lingüística, tamén denominada xeografía lingüística ou xeografía dialectal, que trata o estudo sistemático de todas as formas de dialectos, especialmente os xeográficos ou rexionais. Tamén se entende por dialectoloxía a descrición de falas illadas, sen referencia a outras veciñas ou da mesma familia. Os estudios dialectolóxicos teñen como antecedente a contestación que no s XVIII se produce á visión da lingua como unha entidade inmutable e de carácter basicamente escrito, aínda que non comezarían propiamente a súa andaina ata finais do s XIX. A dialectoloxía tradicional tivo a súa orixe nas investigacións dos neogramáticos para establecer as leis fonéticas, adquiriu unha certa sistematicidade en Alemaña con George Wenker e estableceuse definitivamente cos traballos de J. Gilliéron e a aparición dos atlas lingüísticos. Tomando como base cuestionarios escritos e posteriormente gravacións magnetofónicas, as investigacións dialectolóxicas tentaron ver as...
-
-
Repetición involuntaria dunha ou varias sílabas ou mesmo dunha palabra que se produce na fala (chochoqueiro).
-
Figura retórica que consiste na aparición de parellas de termos sinónimos, contrapostos ou complementarios nunha mesma frase ou período, xustapostos ou relacionados mediante unha conxunción. Foi habitual na poesía e na prosa renacentista e barroca.
-
Realización dunha palabra de dúas maneiras distintas segundo o contexto formal no que se atopen, como é o caso de grande/gran (grande importancia/gran muralla) e santo/san (Santo Agostiño/san Bernaldo).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioxeografía que estudia a xénese e o desenvolvemento das áreas de distribución das especies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina sobre a renovada existencia do mundo e do home no final da historia e máis alá da morte. No Antigo Testamento a escatoloxía refírese aos últimos acontecementos que Deus lle anunciou ao pobo de Israel para a fin dos tempos, centrados na persoa do Mesías e na instauración do seu reino. Os desastres nacionais de Israel motivaron a aparición dunha literatura apocalíptica que explica os feitos escatolóxicos como unha destrución do mundo presente, que será substituído por un mundo futuro. A comunidade dos discípulos de Xesús, convocada polos acontecementos pascuais, definiuse diante do pobo como a comunidade escatolóxica: Deus, pola resurrección de Xesucristo de entre os mortos, inaugurou os últimos tempos, abertos a xudeus e non xudeus. O xuízo de Deus xa se realizou, pero aínda non se ten manifestado: os crentes esperan a parusía ou manifestación gloriosa de Xesucristo no derradeiro día, en que se fará realidade a resurrección dos mortos. Nesta liña, a teoloxía cristiá...
-
-
Tratado sobre os excrementos.
-
Carácter das cousas relacionadas cos excrementos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escatoloxía, como doutrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos excrementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de estudios filolóxicos e lingüísticos realizados, sobre todo nos dominios lingüísticos francés e alemán, sobre as linguas vernáculas escritas antes da invención da imprenta. Esta disciplina trata de achegarse ao feito xeneralizado das variantes gráficas tan frecuentes nas scripta medievais. Naceu cos estudios de Louis Remacle sobre o antigo valón (1948) e continuou con Carl Theodor Gossen e Hans Goebl, entre outros. Un dos temas máis importantes destes estudios é a elaboración de mapas escriptolóxicos que permitan situar no espazo e no tempo un documento dado, grazas aos seus trazos ou características gráficas. Así, poderase aplicar esta metodoloxía aos distintos textos galegos de finais do s XX que documentan distintas heterografías. Unha aproximación para o s XV galego pode localizarse na tese doutoral Para unha escriptoloxía da lingua galega, de Xulián Maure.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estudia a anatomía, fisioloxía e patoloxía da boca e das súas estruturas, como dentes, lingua, beizos, maxilares, músculos ou glándulas salivares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estomatoloxía.