"Tui" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • Calidade de gratuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se dá sen cobrar ou se recibe sen pagar.

    2. Que carece de base ou fundamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperhipofisismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado consecutivo a un déficit hormonal da hipófise anterior ou adenohipófise. No neno, o hipopituitarismo determina o denominado ananismo hipofisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen institúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecer algo de forma definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode substituír.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de intuír.

      1. Rapidez e seguridade de xuízo.

      2. Especie de facultade de acerto instintivo.

      1. Coñecemento inmediato obtido sen discurso reflexivo. Platón fixo da intuición unha forma de coñecemento superior que tiña por obxecto a visión das ideas, e para R. Descartes tratábase do coñecemento das evidencias máis simples. B. de Spinoza converteuno nun coñecemento de terceiro grao, certo e infalible, que achega paz ao espírito co saber supremo que lle proporciona. I. Kant só admitiu unha intuición empírica ou captación sensible do fenómeno e unha intuición pura a priori, principio unificador da realidade empírica. A filosofía postkantiana instaurou a intuición intelectual ou facultade creadora do acto mental. Este concepto sufriu unha dura crítica por parte das escolas positivistas como fonte de todo tipo de falacias e divagacións ociosas.

      2. Capacidade de coñecer pola intuición.

      3. Obxecto da intuición.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina filosófica segundo a que a intuición é a forma primordial do coñecemento. Postula unha aprehensión irracional de realidades extraempíricas e do absoluto.

      2. Corrente epistemolóxica, propia da escola escocesa, segundo a que a existencia do real material é directamente coñecida, non simplemente inferida.

    1. Corrente do pensamento matemático, nacida na segunda metade do s XIX. Defende que a matemática é o estudo duns tipos de construcións mentais en que os obxectos que se manexan han de ser definidos dando un criterio que permita a súa construción e en que a linguaxe empregada, ben ordinaria ou simbólica, non é máis ca un instrumento auxiliar e non unha parte esencial das construcións (formalismo). Acéptase que a matemática intuicionista está conformada por todo aquilo que é consecuencia da construción da sucesión dos números naturais N, da que resultan evidentes os axiomas de Peano e a ordenación. Outra peza esencial é o principio de indución completa. Entre os matemáticos asociados á corrente intuicionista pode citarse a L. E. J. Brouwer, L. Kronecker, J. H. Poincaré, E. Borel e H. Weyl.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao intuicionismo.

    2. Que ou quen é partidario do intuicionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecer pola intuición.

    2. Prever claramente a verdade de algo que aínda non se produciu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á intuición ou que se fundamenta nela.

      1. Que ten intuición.

      2. Propio da persoa intuitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e cronista. Bispo de Tui (1239-1249), combateu a herexía albixense en De altera vita fideique controversiis adversus albigensium errores libri tres (1612). Escribiu Vita Sancti Isidori e Chronicon mundi (1236), que constitúe un intento de historia xeral da Penínula Ibérica ata 1236. É unha obra acrítica, pero relevante para o estudo da épica castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático bretón. Enunciou o principio da mínima acción (acción 25), coñecido tamén como principio de Maupertius. Foi presidente da Academia Real de Prusia, pero abandonou esta carreira e trasladouse a Basilea, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma simplificada do principio de Hamilton da mecánica analítica que permite atopar a traxectoria dunha partícula sen ningu-nha referencia ao tempo, aínda que a función de Hamilton da partícula non depende explicitamente do tempo. Enunciado primeiramente por Maupertius, foi establecida en forma matemática por Euler e Lagrange. K. J. G. Jacobi enunciouno como actualmente se coñece. OBS: Tamén se denomina principio de mínima acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears, situado no Pla (2.344 h [2001]). Na agricultura predominan os cultivos herbáceos e as amendoeiras. Son tamén importantes as granxas de engorde e a comercialización de paspallás. Instaláronse pequenas industrias de materiais de construción, carpintarías e fábricas de embutidos. Tamén son importantes as actividades do sector servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo da catedral de Tui, instalado na antiga capela de Santa Catarina, no claustro e na Sala Capitular e fundado en 1976. Considerado o segundo no seu xénero en Galicia, despois do de Santiago de Compostela, acolle obxectos litúrxicos, pezas de ourivaría e arqueoloxía, códices e pergamiños, lápidas e escultura de distintas épocas. Entre as pezas conservadas destaca o Pontifical de Tui, do s XIV, a Virxe co Neno (s XIV), Nosa Señora a Preñada (s XVIII) e o Barco de san Telmo (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado nun antigo hospital de peregrinos e pobres do s XVIII situado preto da catedral de Tui. Creouse en 1974 baixo a iniciativa do bispo José Delicado Baeza. Organízase en tres plantas, ademais de capela, patio interior e sala de exposicións. Mostra restos arqueolóxicos de época prehistórica, romana e medieval da zona do Baixo Miño, unha colección de ourivaría litúrxica e tallas góticas, renacentistas e barrocas. Acolle tamén o arquivo histórico e a biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos noctúidos.

    2. Insecto da familia dos noctúidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, formada por máis de 30.000 especies distribuídas por todo o mundo. Algunhas das súas eirugas poden provocar estragos agrícolas. Poden realizar grandes migracións, como acontece con Autographa gamma, un verme hortícola que pode ocasionar pragas importantes. Outros azoutes para os cultivos son Agrotis segetum e Sesamia nonagrioides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome fisiopatolóxica que se caracteriza por un conxunto de signos e síntomas que revelan o fracaso na secreción das hormonas elaboradas na adenohipófise, con atrofia e hipofunción consecutiva das glándulas endócrinas que están baixo a súa influencia. As súas causas máis importantes son a necrose isquémica hipofisaria por shock hemorráxico posterior ao parto e a destrución hipofisaria producida por tumores cromófobos, por craniofarinxiomas, por granulomas infecciosos e por traumatismos craniais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Simmonds ou síndrome de Sheehan.

    VER O DETALLE DO TERMO