"UVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 118.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia con gotas dun diámetro inferior a 0,5 mm e numerosas que se forman nunha nube de altura considerable e que caen a través dunha capa de aire relativamente seco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvisca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer chuvia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao terreo formado por coluvións e aos fenómenos relacionados con eles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Material procedente da disgregación de rochas in situ, que se acumula ao pé dunha aba pola acción da gravidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura no centro do atrio das casas romanas que permitía saír o fume e deixaba entrar a claridade. Tamén recollía, procedentes das catro vertentes da casa, as augas pluviais, que ían ao impluvium ou pión central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro estado e idade do Devoniano Medio, interxacente entre o Emsiano, na base, e o Givetiano, no teito. O estratotipo está en Couvin (Bélxica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Couviniano.
-
-
Ave dos xéneros Galerida e Lullula da familia dos aláudidos, que se caracterizan por presentar curupelas -que despregan especialmente na época nupcial-, peteiros finos e algo longos e a plumaxe de cor, predominantemente parda manchada. Camiñan lixeiras, para o que se axudan da longa unlla do dedo posterior das patas. Crían no chan, sen chegar a facer un niño que, como moito, conta con algunhas plumas da femia. Os pitos son nidícolas e non tardan en cubrirse de plumas e afastarse do lugar de incubación. Os adultos teñen un canto melodioso que emiten cando están pousados ou voando, fundamentalmente na época de cría.
-
Ave de 17 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro longo e fino e os tarsos libres de plumas. Aliméntase fundamentalmente de invertebrados do chan. Emite o canto mentres voa de xeito ondulante. As poboacións que viven en latitudes meridionais están formadas por aves sedentarias -aínda que as que viven en montañas poden realizar movementos invernais cara ás ladeiras menos frías-, mentres que as que viven en latitudes setentrionais son migradoras. Habitan en chairas ou terreos pouco accidentados das zonas temperadas e cálidas da rexión Paleártica e nas partes menos áridas dos desertos do Sáhara e Arabia. Existen vinte subespecies, das que dúas están presentes na Península Ibérica: G. cristata cristata, que se distribúe por Galicia -asociada a ladeiras de solaina das serras orientais-, Centroeuropa, Suecia e os Países Bálticos, e G. cristata pallida no resto da Península.
-
Ave de 15,5 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro algo longo e fino e grandes tarsos libres de plumas. A especie distribúese en dúas áreas independentes: unha na Península Ibérica -onde ocupa a área mediterránea e o norte de África-, e outra en Etiopia e Somalia.
-
Ave de 14 cm de lonxitude, de peteiro fino e recto, coa plumaxe críptica e cunha franxa branca na ala a xeito de bandeira. Distribúese en bosques abertos polo Paleártico occidental, dende a Península Ibérica ata as montañas de Irán. En Galicia está presente en áreas abertas, as máis das veces, asociadas a prados para o gando.
-
-
PERSOEIRO
Naturalista francés. O seu interese pola historia natural xurdiu a partir do debuxo e do traballo con láminas. En 1794 viaxou a París tras ser chamado polo naturalista Geoffroy Saint-Hilaire, quen lle proporcionou un posto na área de anatomía nos xardíns reais. Impulsor dos estudios de anatomía comparada e paleontoloxía, desenvolveu un modelo científico propio e de certa transcendencia, o cuvierismo, que dominou as ciencias naturais europeas durante a primeira metade do s XIX. Defendeu a teoría catastrofista que explicaba os cambios xeolóxicos e biolóxicos observados na natureza como consecuencia de sucesivas “catástrofes”, ás que seguían novos procesos de creación, nos que os fósiles eran restos desas creacións anteriores. Enfrontouse, con éxito, a científicos, como o propio Geoffroy Saint-Hilaire e Lamarck, feito que atrasou a recepción do evolucionismo en Francia e noutros países. Publicou Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada, 1800-1805), Recherches...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo científico creado polo naturalista francés Georges Cuvier. As súas propostas (o paradigma harmónico) predominaron durante décadas ata a metade do s XIX na comunidade científica europea. Defendía a existencia duns principios, interrelacionados, que rexen os seres vivos: os das condicións de existencia, correlacións orgánicas e subordinación de caracteres. Partía da consideración dun equilibrio perfecto entre os distintos seres e o seu contorno natural, a adaptación perfecta, que restrinxía as posibilidades de estudo das relacións dos organismos co medio e que implicaba unha sucesión de floras e faunas para reaxustar periodicamente a harmonía dominante. Sinalou a especificidade da historia natural como disciplina baseada na observación, comparación e consideración de conxunto, cunha metodoloxía dedutiva. Na taxonomía, entendía que existen uns caracteres máis importantes e dominantes ca outros, deducibles desde as condicións de existencia. Partía dunha concepción fixista...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de elefantes de ata 2,7 m de altura, de cabeiros longos rectos e retortos en espiral e de orellas pequenas, propio das pampas Arxentinas e dos cumios dos Andes. Extinguíronse no s V como consecuencia da caza indiscriminada dos indios.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e decorador francés. Traballou ao servizo do elector Maximiliano Manuel II de Baviera e foi discípulo de J. F. Blondel (1720-1724). En 1725 nomeárono arquitecto da Corte de Múnic. Adaptou o rococó ao gusto alemán e fíxoo máis exuberante, para o que fundiu arquitectura e decoración. Entre as súas obras destacan o pavillón de Amalienburg no parque Nymphenburg (1734-1739), en colaboración co estucador Johann-Baptist Zimmermann, e o Residenztheater (1751-1753). En 1738 publicou numerosos gravados dos seus deseños que popularizaron o estilo Luís XV en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Calvados, na Baixa Normandie, Francia, situado no esteiro do río Sena (4.261 h [1998]). É un importante centro turístico con estación balnearia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema francés de vías desmontables e de doado traslado para pequenos transportes ferroviarios eventuais, ideado por Paul Decauville (1846-1922). A anchura da vía é de 60 cm e os carrís van asentados fixamente sobre os traveseiros de ferro, que son moi amplos e permiten colocar a vía sobre o terreo sen necesidade do leito de grava habitual nas liñas fixas. Pódese usar en obras e, nalgún caso, no transporte de viaxeiros.
-
-
Relativo ou pertencente ao diluvio.
-
Aplícase tradicionalmente ao conxunto de depósitos de diluvio, especialmente aos aluvións das glaciacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao diluvio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chover con moita intensidade.
-
-
Cataclismo consistente nunha gran choiva e inundación universais que, segundo as tradicións relixiosas máis antigas de diversos pobos, asolagou a terra como castigo divino. Tanto a versión babilónica da epopea de Gilgameš como a narración bíblica da Xénese, que parece inspirarse nela, falan dun anuncio previo por parte da divindade e da orde de construír unha nave de salvación, que no caso da Biblia foi a arca de Noé. A intención do relato bíblico é eminentemente teolóxica e allea a calquera preocupación historiográfica. Malia iso, o fundamentalismo relixioso que imbuíu a sociedade occidental dende a Idade Media atribuíulle valor histórico a esta narración, polo que, ata o desenvolvemento autónomo da ciencia a partir do s XIX, considerouse como un episodio fundamental para a historia da humanidade, que se dividiu segundo esta lóxica en tres grandes razas correspondentes aos tres fillos de Noé: os semitas, descendentes de Sem, os camitas, de Cam, e os iafetitas, de Iafet. OBS: Xeralmente,...
-
Choiva extremadamente intensa.
-
Abundancia desmedida dalgunha cousa.
-
-
PERSOEIRO
Político e avogado belga. Foi burgomestre da súa cidade natal (1927-1947), conselleiro provincial (1933-1936), deputado (1944-1949) e senador (1949-1965). Designado ministro de Economía (1947-1950), foi primeiro ministro (8.6.1950-16.8.1950) e constituíu un goberno socialcristián que preparou o retorno do Rei Leopoldo III. Volveu ao goberno como ministro de Economía (1952-1954). Contribuíu á creación do Benelux e foi vicepresidente do Parlamento Europeo (1964-1965).
VER O DETALLE DO TERMO