"conde" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 167.

  • PERSOEIRO

    Xeneral francés, fundador da rama Borbón-Condé. Calvinista convencido, foi un dos máximos dirixentes hugonotes. Participou na conxuración de Amboise, feito polo que foi condenado a morte, pero a morte de Francisco II (1560) salvoulle a vida. Foi vencido en Jarnac (1569) e asasinado polo duque de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e militar. Cuarto príncipe de Condé, chamado o Gran Condé. Aos vinte e dous anos era xa comandante do exército que combateu contra os españois na fronteira norte, derrotándoos en Rocroi (1643). Para afastalo de Francia durante a minoría de idade de Luís XIV, Mazzarino nomeouno vicerrei de Catalunya pero fracasou no ataque a Lleida (1647). A derrota que infrinxiu os españois en Lens (1648) favoreceu os tratados de Westfalia. Durante a Guerra da Fronda, primeiramente combateu a revolta dos parlamentarios (1648-1649); despois, resentido polo poder de Mazzarino, encabezou a Fronda dos príncipes e un dos seus exércitos contra París, aínda que derrotado por Turenne (1652). Fuxiu de Francia e pasou a servir aos españois, cos que obtivo a vitoria de València (1656) contra os franceses. En 1658 foi derrotado nas Dunes por Turenne. A raíz da Paz dos Pireneos (1659) foi perdoado por Luís XIV. Participou despois na Guerra da Devolución e na de Holanda. Finalmente residiu en Chantilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Marchou de Francia despois da Toma da Bastilla e estableceuse en Worms. En 1792, xunto con outros exiliados, formou o exército de Condé, que combateu a Revolución Francesa ata o tratado de Campoformio (1979). Regresou a Francia en 1814, coa restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo matemático baseado na estatística de Bose-Einstein, que permite explicar o comportamento dun sistema de bosóns a temperaturas moi baixas. Afirma que por debaixo dunha certa temperatura crítica T os bosóns tenden a acumularse (condensación) no estado fundamental (ou estado de mínima enerxía), de xeito que nel hai unha fracción finita do número total de bosóns N. A temperatura T vén dada pola expresión T=(h2/2πmk)(2,612V/N)-2/3, onde h e k son as constantes de Planck e Boltzmann, e m, N e V a masa, o número e o volume de bosóns. Este modelo explica os fenómenos de superfluidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Georges-Louis Leclerc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Álvarez de Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Rodríguez Campomanes y Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Henry Howard Molyneux Herbert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • George Eward Stanhope Molyneux Herbert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, drenado polo río Carrión (2.545 h [1996]). A economía é principalmente agrícola (cereais, forraxe e hortalizas) e gandeira (ovina). No ano 1113 tivo lugar a batalla que forzou a Afonso I de Aragón a renunciar ao seu expansionismo militar a favor de Afonso VII o Emperador. A cidade de Carrión de los Condes conserva, ademais de restos das murallas medievais, as igrexas románicas de Santiago e Santa María e o mosteiro de San Zoilo, de orixe románica, cun claustro renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Robert Stewart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edgar Algernon Robert Gascoyne-Cecil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño francés. Almirante da escuadra de guerra francesa que acompañaba a flota española de Indias. Durante unha destas viaxes e ante a ameaza das escuadras de guerra anglo-holandesas, propuxo que a flota española se dirixise aos portos franceses de Brest ou La Rochelle; sen embargo, atopouse coa negativa do xeneral Velasco quen preferiu atracar en Vigo. Para algúns historiadores, sobre todo ingleses, a desaparición da prata dos galeóns afundidos trala Batalla de Rande debeuse aos roubos realizados por este conde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crotonización de aldehidos aromáticos (ou doutros aldehidos sen hidróxeno en posición α) con aldehidos alifáticos ou cetonas, en presenza de álcali, para dar aldehidos ou cetonas insaturadas. É un exemplo a obtención da benzalacetofenona: C6H5CHO+CH3COC6 H5 → C6H5CH=CHCOC6H5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Hyde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que posuían este título. Documéntase no s XII: “Martinus Conde” (doc ano 1206 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 372).

    2. Liñaxe natural de Celanova, dende onde se estendeu por toda a Península. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de goles, engulida en cabezas de dragantes de sinople. Algúns traen escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, cunha árbore de sinople, saíndo da punta do escudo, sumado dunha aguia voante de sable; segunda partición, en campo de goles, con trece besantes de ouro, postos en tres paos. Entre outras variantes cómpre salientar: en campo de azul, tres faixas de ouro; en campo de ouro, catro paos de goles; en campo de goles, un castelo de ouro, sobre rochas do mesmo metal e, en punta, dúas caldeiras de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que posúe o título nobiliario de conde.

    2. Dignatario ou funcionario ao servizo dun monarca que ten ao seu cargo o goberno dun condado. Na Alta Idade Media peninsular concedéuselle o cargo de conde, de carácter electivo, á nobreza de orixe militar que apareceu coa monarquía asturiana e que recibiu do monarca unha serie de delegacións de poder, substituíndoo nas diferentes circunscricións administrativas. O cargo adquiriu carácter hereditario en certas liñaxes, como a dos condados de Castela ou de Catalunya no s X, nos que algúns príncipes soberanos de territorios pasaron a denominarse deste xeito. Durante os ss XI e XII os condes consolidaron o señorío territorial, ampliaron os seus dereitos e fixéronse hereditarios durante o goberno dos Trastámara. No Imperio Carolinxio, o conde era o principal funcionario do monarca que se ocupaba de reunir as tropas do condado, administrar xustiza, recadar os impostos e rexer a política e a economía do condado. Nos condados fronteirizos, coñecidos tamén como marcas, tiña poderes especiais...

    3. Título nobiliario que na escala xerárquica está por riba do de vizconde e por debaixo do de marqués.

    4. Cónxuxe dun conde ou dunha condesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo Florentina del Mar, estudiou maxisterio na Escuela Normal de Murcia e Filosofía e Letras na Universitat de València. A súa nenez transcorreu entre a súa cidade natal, Melilla, onde viviu entre 1914 e 1920, e en 1939 instalouse en Madrid. Exerceu a docencia no Instituto de Estudios Europeos e na cátedra Mediterráneo da Universitat de València en Alacant. Colaboradora con RNE e La Estafeta Literaria, xunto co poeta Antonio Oliver Belmás fundou e dirixiu a Universidad Popular de Cartagena e o Archivo Semanario de Rubén Darío na Universidad de Madrid. Da súa produción destacan, entre outras obras, os poemarios Júbilos (1934), Pasión del verbo (1944), Ansia de la gracia (1945), Mujer sin edén (1947), Vivientes de los siglos (Premio Internacional de Poesía Simón Bolívar, 1954), Derribado arcángel (1960), A este lado de la eternidad (1970), Corrosión (1975) e Cráter...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Estudiou na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1966). Instalouse en Vigo en 1968, cidade dende a que desenvolveu a súa actividade profesional na construción e no urbanismo. Participou na organización do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), do que foi presidente da subdelegación de Vigo (1973-1975 e 1983) e decano-presidente (1986-1989). En 1999 nomeárono director do departamento de Obras do Consorcio da Zona Franca de Vigo e no 2000 director do departamento de Servicios Técnicos e Obras. Entre as súas obras destacan o centro psiquiátrico de Toén, o concello de Vigo, a escola de Enxeñería Industrial de Vigo, o centro de saúde de Codeseda e o centro técnico de Conservas do Peixe de Vigo (1995). Como urbanista realizou traballos de planificación en diversos concellos galegos. Desenvolveu tamén traballos de rehabilitación do patrimonio, entre os que sobresaen os realizados na igrexa do mosteiro de Santa María de Oia, na igrexa do mosteiro das Clarisas...

    VER O DETALLE DO TERMO