"endo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal francés, fillo do duque de Vendôme e tío de Enrique IV. Bispo de Rouen (1550), recibiu da Liga Católica o título de Rei co nome de Carlos X (1589), a pesar de que vivía Enrique III. Este fíxoo encarcerar e obtivo a súa renuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa estadounidense. Deuse a coñecer con A street in Bronzeville (Unha rúa en Bronzeville, 1945), obra na que iniciou a súa temática esencial: a problemática da raza negra nas cidades industriais. Con Annie Allen (1950) gañou o Premio Pulitzer. Tamén escribiu a novela Maud Martha (1953), recreación das tribulacións dunha muller negra dende a infancia ata a madurez combinando poesía e humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun antropónimo en función patronímica ou nun topónimo homónimo. Tanto o topónimo como o patronímico remiten ao prenome de orixe xermánica Cendone, voz derivada do gótico *kind- ‘descendencia, estirpe’. O prenome Cendone ou as súas variantes (Cendone, Cedon, Zendo, etc) documéntanse moi cedo na Idade Media en textos latinos: “Cindon” (doc ano 959 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 530). O nome de lugar ten a súa orixe nunha villa cendoni, atestada xa no s XIII. Como apelido documéntase no s X: “Fromaricus Cendoni” (doc ano 885 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 308), “Petro Cendon” (doc ano 1140 en Manuel Lucas Álvarez, “La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro”, Compostellanum II, 2, 1958, p 291).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. En 1689 encargouse da realización das imaxes de san Domingos, san Bieito, santo Agostiño, san Xacinto, san Ignacio de Loyola e san Pedro Nolasco, fundadores das ordes relixiosas que existían naqueles momentos en Santiago de Compostela. Estiveron inicialmente nun retablo trazado por Domingo de Andrade na igrexa de San Domingos de Bonaval que se trasladou á igrexa parroquial de Carril e, posteriormente, ás dependencias do antigo convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte Antiga e Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), ampliou estudios en Estrasburgo, París e Perugia. Profesora de historia da arte na facultade de Xeografía e Historia dende 1994, especializouse no estudo da iconografía da morte na escultura funeraria do medievo galego. Realizou traballos de investigación relacionados coa diocese de Tui-Vigo, como a confección do seu inventario mobiliario litúrxico e o estudo histórico e estrutural da catedral tudense. Colaborou, entre outras publicacións en Tuy. Museo y Archivo histórico diocesano, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos e Archivo Español de Arte. Dirixiu a colección de historia da arte da Fundación Cultural Rutas do Románico. Foi coautora, entre outras obras, de A comarca do Deza (1998), Pola beira do Miño en Galicia e Portugal (1999) e Arte y poder en la Galicia de los Trastámara: la provincia de La Coruña (2000). Entre as súas obras destacan La catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e caricaturista. Desenvolveu a súa curta carreira artística en Madrid, onde coñeceu, entre outros, a Manuel Murgía, Serafín Avendaño e Federico Ruiz. Realizou paisaxes e retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dirixente deportivo. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Encabezou a candidatura do Partido Popular á corporación municipal da Coruña nas eleccións de 1987, 1991 e 1995, polo que foi concelleiro dende 1987 ata 1999. Foi vicepresidente e responsable da área de Cultura e Deportes da Deputación da Coruña (1987-1989), senador (1989-1993), deputado no Congreso (1993-1996) e presidente da Deputación da Coruña (1995-1999). A súa andaina como dirixente deportivo comezou aos quince anos ao fundar o C. F. Ural. Presidiu a Federación Coruñesa de Balonmán e dirixiu o Colexio Liceo-La Paz. Foi tamén presidente do H. C. Liceo, club que acadaría todos os títulos de hóckey a patíns dende 1982 ata os anos noventa: 3 Copas de Europa, 2 Recopas, 2 Copas da CERS e 4 Supercopas de Europa, ademais de 6 Ligas españolas e 8 Copas do Rei. En 1988 accedeu á presidencia do Real Club Deportivo de La Coruña. En 1990 foi designado Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Xamaica (1.196 km2; 222.500 h [estim 1994]). A capital é May Pen (45.900 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edward Hyde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposicións promulgadas en Clarendon Park polo Rei Enrique II de Inglaterra en 1164, nas que se definían e limitaban os dereitos do clero. Foron rexeitadas polo chanceler Thomas Becket e polo Papa Alexandre III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao día festivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción consérvase unha composición premiada nas Festas Minervais de Santiago en 1697, publicada en Fiestas minervales y aclamación perpetua de las musas a la inmortal memoria de D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo y de Santiago. Año de 1697.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que prescribe o aumento gradual da intensidade dos sons na interpretación dunha composición musical. A partir do s XVIII indícase co signo <. A indicación contraria é decrescendo ou diminuendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, sociólogo e político alemán. Doutorouse en Filosofía e especializouse en socioloxía. Profesor en diversas universidades de Europa e América, foi membro do Center for Advanced Study in Behavioral Sciences en Palo Alto, California (1957-1958). Vinculado politicamente ao Freie Demokratische Partei, foi elixido deputado liberal no Bundestag (1968) e ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno de Willy Brandt (1969-1979). Dende 1970 foi membro da Comisión da Comunidade Europea responsable do Comercio Exterior ata 1974, data na que cando ocupou a Comisaría para a Educación, Investigación e Economía. Entre 1974 e 1984, dirixiu a London School of Economics, en substitución de Karl Popper. Entre 1987 e 1997 foi warden (‘gardián’) do St. Antony’s College de Oxford. O seu pensamento, influído por K. Marx e M. Weber, evolucionou cara ao neoliberalismo, no que integrou o pensamento clásico liberal pero cunha maior reflexión no social. Declarouse partidario de Blair, considerado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da intensidade dun son ou de varios sons musicais. Indícase co signo >.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e intérprete norteamericano. Coñecido como John Denver, formou parte dun grupo de rock do que se separou en 1969 para emprender a súa carreira en solitario, como intérprete das súas propias cancións. Dedicado case por completo á música country, gravou numerosos discos entre os que destacan Rhymes and Reasons (1969), John Denver (1979), Seasons of the Heart (1982), Forever John (1998), Greatest Country Hits (1998) e Portrait (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciouse en Psicoloxía Experimental na Universidade de Louvain. Trasladouse a EE UU e continuou os estudios nas universidades de New Jersey e Illinois, onde se doutorou en linguas románicas. Profesor de cultura e literatura españolas na Universidade de Drake, colaborou con traballos de teoloxía e crítica literaria en publicacións americanas e europeas, como Revista Interamericana de Bibliografía, Arbor, Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula ou Kentucky Romance Quarterly. Publicou estudios científicos e teolóxicos, como La confirmación (1964), Los nuevos tiempos de la Iglesia (1965), La vocación al matrimonio (1968), Hugo de San Víctor (1968) e, no eido da crítica, Unamuno, el personaje en busca de sí mismo (1975) e Las novelas de Unamuno (1987). É autor das novelas O fillo de Don Tomás (1985), escrita orixinariamente en castelán e traducida ao galego por Manuel Espiña e Mª Luísa Balado Canoura; Cartas del Medio Oeste (1986) e De colores (1990). Entre outros premios,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, crítico e musicólogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Deusto, Salamanca e Madrid, onde se doutorou en 1920. Catedrático de Lingua e Literatura, exerceu a docencia nos institutos de Soria, Gijón, Santander e Madrid. Foi un dos representantes da Xeración do 27 e experimentou coa poesía ultraísta e creacionista. En Madrid incorporouse ao movemento ultraísta e escribiu nas revistas Grecia e Ultra e fundou e dirixiu Carmen. Posteriormente adheriuse ao creacionismo, estilo no que amosa o dominio das metáforas e imaxes. Defensor da liberdade creadora, innovador e vangardista, nas súas composicións acada un gran dominio da metáfora e dos recursos técnicos da versificación, cultivou así mesmo unha poesía tradicional, reflectiu a súa vocación musical (Preludio, aria y coda a Gabriel Fauré, 1967) e a súa paixón polos touros (La suerte o la muerte, 1963; El cordobés dilucidado, 1966). Da súa produción destacan El romancero de la...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que prescribe, na execución dun fragmento musical, o debilitamento progresivo da intensidade do son.

    VER O DETALLE DO TERMO