"sec" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 230.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dependencia ou interrelación temporal que se dá na oración composta latina. O tempo verbal da oración principal pode esixir un tempo concreto no verbo da oración subordinada, con exclusión doutras, segundo se trate de expresar simultaneidade, anterioridade ou posterioridade, e seguindo unhas determinadas regras de concordancia. O galego non segue regras tan precisas como o latín, mentres que este si obedece ás seguintes normas: a) se a oración principal está en presente (rogo) ou futuro (rogabo) e se quere indicar que a subordinada está en relación de simultaneidade, esixe un presente de subxuntivo (rogo/rogabo quid facias ‘pregunto/preguntarei qué facías’); se está en relación de anterioridade, pretérito perfecto de subxuntivo (rogo/rogabo quid feceris ‘pregunto/preguntarei qué fixeches’); e se está en relación de posterioridade, participio futuro + sis (rogo/rogabo quid futurus sis ‘pregunto/ preguntarei qué vas facer’);...
-
-
Que sucede ou segue inmediatamente a algo. OBS: Normalmente, úsase en plural.
-
-
Que expresa consecuencia.
-
conxunción consecutiva
Conxunción que introduce a claúsula que indica o efecto ou consecuencia do expresado na cláusula antecedente. En galego son conxuncións consecutivas, entre outras, que, logo, entón, pois, conque, etc, e locucións conxuntivas así que, de modo que, de maneira que, de xeito que, polo tanto, xa que logo, etc (
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abreviatura da función trigonómetrica cosecante.
-
-
Inverso do seno dun ángulo: cosecα=1/senα.
-
Función cosec: O-{kπ, kÎM}→O definida pola asignación x-1/senx, onde sen é a función seno. É periódica de período 2π e non está acoutada.
-
-
GALICIA
Notario e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1962), colabora en distintas publicacións sobre temas políticos e literarios. Como escritor publicou o relato curto “A morte de Nancy Reagan” (1989), a novela Beatum Corpus (1993) e o poemario Mtesis (1998). Tamén sacou ao prelo Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (2003), No Eurídice de nuevo (2007) e La muerte del fauno (2011).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de desecar ou desecarse.
-
-
Que deseca.
-
Aparato, instalación ou produto que se emprega para desecar materiais ou para illalos da humidade.
-
-
-
Eliminación do líquido contido en calquera substancia. A perda de auga a través da superficie dun corpo depende tanto das características da superficie, como da forma na que está a auga. É un método de conservación da materia orgánica.
-
-
Incremento progresivo da aridez nunha área como consecuencia dun cambio climático.
-
Perda de humidade dun solo ou dun depósito sedimentario.
-
Extracción artificial da auga dun lago ou dunha área pantanosa ou húmida para o seu aproveitamento agrícola ou industrial.
-
-
-
-
Someter a un desecamento.
-
Producirse un desecamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos encamiñados a destruír insectos e outros artrópodos, especialmente se son patóxenos ou transmisores de enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter a desinsectación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de disecar un animal morto para que se conserve e manteña a aparencia de vivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen diseca.
-
-
Dividir, cortar ou separar en distintas partes un vexetal ou o cadáver dun animal para o seu estudio.
-
Preparar un animal morto para conservalo e manter a súa aparencia de vivo. O proceso consiste en quitar do seu interior os órganos susceptibles de apodrecer e reencher de novo o animal con outros materiais, como palla ou algodón.
-
-
-
Acción de disecar un vexetal ou un cadáver para o seu estudio.
-
Incisión provocada polas augas de arroiada que divide unha superficie.
-
Análise profunda e moi minuciosa dalgunha cousa.
-
-
-
Que ou quen diseca, especialmente diseccións anatómicas.
-
Analizador de imaxes antigo que foi ideado e perfeccionado por P. T. Farnsworth. Consiste na proxección das imaxes ópticas sobre un mosaico transparente fotosensible que emite electróns que, acelerados convenientemente, forman a imaxe electrónica, que se explora a través dun sistema de deflexión magnética e un ánodo fixo. A corrente de saída corresponde ao brillo da imaxe.
-
-
-
Acumulación de terra que sobresae no medio dun río ou dun regato.
-
Época de escaseza.
-
-
-
Que vén de fóra, que non é característico directamente da cousa mesma, senón de circunstancias exteriores.
-
Aplícase ao semicondutor que contén impurezas que inflúen nas súas propiedades eléctricas.
-
Valor legal dunha moeda sen importar o seu peso ou o seu valor real.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña fotográfica federal organizada polo departamento de Agricultura do goberno dos EE UU e dirixida por Roy Stryker. O seu obxectivo era obter imaxes das consecuencias da Gran Depresión económica que vivía o país, particularmente os granxeiros do sueste, para realizar informes e axudar economicamente aos que máis o precisaban. Na campaña traballaron os fotógrafos B. Shahn, W. Evans e D. Lange, entre outros. Os seus arquivos recolleunos a Library of Congress en Whasington.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista cultural editada en Ourense a partir de maio de 1985. Cesou a súa edición no segundo semestre de 1987 (nº13). Subtitulada “Información, creación e humor”, estaba dirixida por Xosé Manuel del Caño e Manuel Díaz Olleros. Nun principio tivo unha periodicidade mensual que logo pasou a ser bimensual e semestral. Malia que a maior parte dos seus textos se redactaron en galego, incluíu tamén algunhas colaboracións en castelán e portugués. A revista estruturouse en tres grandes bloques: o primeiro incluíu información cultural e literaria, o segundo creacións orixinais, e o terceiro humor gráfico. Ademais, dedicou algúns números monográficos a Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra, Castelao e Manuel María.