"AGR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 482.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada en Ribadavia o 22 de febreiro de 1967 por Víctor López Quijada, Hipólito Fernández González e Xoán A. Gómez Vázquez, coa intención de promover e divulgar a fotografía. Destaca o seu interese polos aspectos técnicos e artísticos e a formación de afeccionados, coa organización de cursos, conferencias, proxeccións e prácticas de laboratorio. Tamén prepara exposicións en Ribadavia, (especialmente a mostra Gentes y paisajes del Ribeiro de 1968), Ourense e outros lugares. En 1969, crean o I Salón da Fotografía Galega e en 1970 o Trofeo Galicia para premiar as mellores fotografías do Salón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi a pioneira das agrupacións de afeccionados galegos, xa que se constituíu en Vigo no ano 1946, anos antes de que este tipo de asociacións fotográficas proliferasen no resto de Galicia. Entre os seus membros fundadores estiveron, entre outros, José Bellver, Federico Bermúdez ou Benedicto Conde. Tivo a súa sede na rúa Eduardo Iglesias, ata o ano 1975 en que cambia para a actual situación na rúa Uruguai. A súa época de maior actividade e importancia fotográfica corresponde ao período no que Raniero Fernández é o seu presidente (1954-1969). Durante esta época foron membros destacados da asociación fotógrafos como Smidt de las Heras, Veiga Roel ou Ricard Terré. A actividade centrábase entón sobre todo na concursística. Organizábase anualmente o Salón Nacional e Ibérico, e celebrábanse exposicións como a de Otto Steinert ou a do grupo mexicano “La Ventana”. A estética que imperaba entre os fotógrafos da asociación era formalista, academicista, en ocasións pictorialista, tónica xeral neste...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Lugo en 1959 para a formación e promoción de fotógrafos. Entre as súas actividades sinalamos: cursiños de laboratorio fotográfico, exposicións monográficas, concursos, proxeccións e conferencias. Destaca a organización do concurso Folla do Carballo a nivel estatal e o patrocino do Salón Galaico-Portugués de Fotografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo creado en 1938 pola agrupación Galicia pro Centro Galego de Buenos Aires, na que se inclúen novas e informacións diversas da propia sociedade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade formada por un grupo de guitarristas afeccionados e profesionais que, ao redor do profesor Antonio Uxío Mallo, se xuntaron para tocar e intercambiar coñecementos e partituras. A primeira xuntanza tivo lugar en xaneiro do 1977 en Vigo, á que asistiron 9 persoas, logo consideradas socios fundadores, e en xaneiro de 1978 solicitouse a inscrición da AGG como sociedade legal, aprobada a nivel galego polo Ministerio do Interior en novembro do mesmo ano. Organizouse nunha serie de centros locais (Pratteln en Suíza,Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela) e contou con socios non vinculados a centros locais (Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Negreira, Guláns, O Carballiño, Cangas e Tui) e socios correspondentes fóra de Galicia. O conxunto estaba dirixido por un centro coordinador elixido por votación en asemblea xeral anual; as xuntanzas trimestrais e as asembleas xerais do centro coordinador eran rotativas. Iniciou a formación dunha partituroteca e dunha biblioteca guitarrística,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de militancia socialista, fundada na cidade de Vigo en 1894. Mantivo constantes contactos organizativos coas agrupacións de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. A organización viguesa estivo representada no IV Congreso do PSOE por Valentín Diego. Recentemente (1999) unificou as tres agrupacións nas que estaba subdividida: Fragoso, Calvario e rúa do Príncipe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización obreira socialista da vila de Viveiro. No ano 1904 contaba con 14 afiliados. Mantivo un gran labor propagandístico e organizou unha folga que mantivo paralizadas ás minas da Silvarosa e Choupín durante máis dun mes. As demandas que reclamaban ao sector patronal eran: aumento de salario, melloras nas condicións de traballo e seguridade na mina. Desapareceu á altura do 1908.
-
SEMANARIOS
Semanario político aparecido en Ferrol no ano 1932 no que se formulaban reivindicacións dos obreiros, propostas de folga e asuntos de interese local.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as forzas expedicionarias do Exército Español con base no acuartelamento de Figueirido (Vilaboa). Destacadas dende 1994 no territorio da antiga Iugoslavia como cascos azuis para o desenvolvemento de misións de mantemento da paz, baixo o control das Nacións Unidas (UNPROFOR).
-
-
de agrupar.
-
Disposto formando un grupo ou conxunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que reúne ou agrupa.
-
-
Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
-
Unidade asociativa dentro da organización escolar, na que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.
-
División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais. Cada un destes intervalos constitúe unha clase. O número de observacións dentro dunha clase chámase frecuencia deste intervalo.
-
Proba de tiro con arma de fogo (carabina, pistola, etc) consistente en reunir ao redor dunha referencia escollida o maior número de impactos cunha provisión de municións dada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de cooperación europea, constituído por persoas ou empresas pertencentes a dous ou máis estados. Os membros son responsables solidaria e ilimitadamente.
-
-
Reunir elementos nun ou máis grupos.
-
Colocarse en grupo, formando un conxunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de agre.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela -A Mancha, na beira do Texo (2.797 h [1996]). Cultivos de cereal e vide. Xacementos de xeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical coruñesa fundada no 1928 por Uxío Rivas Rey. O seu primeiro director foi o mestre Delio Vázquez; constituíu a súa actividade principal a difusión da música de pulso (guitarra) e púa (laúde e bandurria). Dende 1981 o seu presidente é Antonio Gundín Fandiño; Enrique Rodríguez Iglesias xunto con Antonio Gonçalves Soares, son directores da Orquestra Titular e Orquestra Xuvenil “Antonio Gonçalves”, respectivamente; Severiano Estévez Freire é o director do Grupo de Cámara; Jesús Garabato do grupo “Siglo de Oro” e Antonio Pernas Pais do “Cuarteto Galante”, conxuntos integrados por bandurrias primeiras e segundas, laúdes, guitarras e percusión. A maioría dos seus compoñentes actuais formáronse no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. O seu repertorio baséase na música clásica galega, española e estranxeira. Participa en festivais a nivel nacional e internacional acadando numerosos premios. Dende hai nove anos organiza o Festival Internacional de Música de Pulso e Púa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en Santiago en decembro de 1958 por iniciativa de Paulino Pedret Casado, Benito Varela Jácome, Baldomero Cores Trasmonte, Francisco Otero Guldrís e Serafín González Prieto co gallo de honrar a memoria de Alfredo Brañas. Entre os seus primeiros obxectivos estaban: organizar un congreso rexional de Economía, Socioloxía e Dereito; crear unha Federación Rexional de coros galegos e unha exposición da obra pictórica de Maside. Tendo como precedente a homenaxe a Aurelio Aguirre -que celebraran no cemiterio compostelán de San Domingos-, esta agrupación organizou unha concentración en Carballo (1959) para celebrar o primeiro centenario do nacemento de Alfredo Brañas. A este acto acudiu Leandro Carré, en representación da Real Academia Galega, e nela colaborou tamén a comisión de Homaxe da Colectividade Galega a Alfredo Brañas que colocou unha placa conmemorativa en galego suscitando unha espiñenta polémica.