"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Xénero de herbáceas da familia das cariofiláceas ao que pertence a nixela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das gramíneas ao que pertence a leiburiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘gramínea’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista no estudo das gramíneas e das formacións vexetais a base de gramíneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da botánica que estudia as gramíneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da agricultura que trata da conversión dos produtos agrícolas en artigos manufacturados a nivel de industria rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de turismo rural que consiste no aloxamento dos turistas nunha casa, situada no campo, e que acostuma acompañarse da súa participación nas actividades agropecuarias ou forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que trata da constitución xeolóxica dos terreos e da súa dinámica, en relación coa actividade agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar un ou varios agrúos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é agre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abruñeiro.

    2. ameixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berro agudo, forte e duradeiro que se emite en sinal de alegría nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores do campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Conxunto de cousas ou de persoas agrupadas, xeralmente afíns.

    3. Unidade máis pequena na estrutura orgánica dos partidos políticos que reúne os afiliados de base á cabeza da cal se sitúa un secretario xeral ou afín segundo os partidos.

      1. Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión. A súa composición varía segundo as necesidades da acción militar; normalmente ten como base un ou máis batallóns de infantería, aos que se suman unidades de artillería ou carros.

      2. agrupación táctica

        Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.

    4. Modalidade contractual de colaboración entre empresarios que sen crear un ente con personalidade xurídica propia, serve para facilitar ou desenvolver en común a actividade empresarial dos seus membros. A agrupación temporal de empresas é unha fórmula de colaboración que adoita ser empregada polas pequenas empresas do sector da construción para a realización de obras de grande envergadura (infraestruturas de comunicación, edificios administrativos, equipamentos culturais ou deportivos, etc), disolvéndose unha vez rematada a obra.

    5. Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra con número diferente das agrupadas, sempre que se trate de fincas veciñas ou, se son discontinuas, formen unha finca funcional. Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agrupación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico consolidado.

      1. agrupación de municipios

        Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia. Na constitución española de 1978 contémplase esta posibilidade (artigo 141. 3), ao abeiro da cal se teñen constituído en Galicia diversas mancomunidades de municipios para a prestación, financiamento e xestión en común de servicios (en Ferrolterra, en Vigo, no Xallas, no Morrazo, etc) e 53 comarcas segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996).

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída na Coruña o 12 de agosto de 1932, a idea inicial era crear un Frente Único Republicano, pero a repulsa á sublevación do Xeneral Sanjurjo, o 10 de agosto de 1932, provocou o seu urxente nacemento co novo nome. O comité organizador agrupaba a membros como Xesús Mejuto -director de El Noroeste-, Xulio Suárez Ferrín -concelleiro do PRR-S-, César Alvajar -presidente do Casino Republicano e dirixente do PRR-, Xosé García Fernández -concelleiro do mesmo partido-, Xosé María Eirís, Xosé Búa Carou, Eduardo Paredes, Alfredo Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Luís Pérez e Xosé Arias, todos do PRR-S ou do PRR. A Agrupación caracterizábase polo radicalismo político, a defensa da democracia, o laicismo e o desexo de neutralizar politicamente o exército. Preséntanse o 24 de agosto de 1932: “A Agrupación -dicían- vén a ser un estímulo para os gobernos na súa obra política e social de avance, co obxectivo de substituír a revolución que nunca existiu cunha acción cidadá constante e enérxica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1921 na illa de Ons (Bueu). Foi a primeira asociación de carácter económico-laboral que se formou na illa. Organizaba os colonos que se dedicaban exclusivamente a traballos de subsistencia agrícola e á tradicional pesca do polbo. Aparece no período de extensión do sindicalismo mariñeiro de clase en Galicia (1910-1930), e quizais se tivese organizado para defender a economía insular do réxime de explotación privada á que a sometían os donos do arquipélago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída no período anterior á proclamación da Segunda República, foi un núcleo republicano de clara inspiración orteguiana, orientado a garantir e asentar a lexitimidade republicana despois das eleccións municipais de abril do 1931, nun ambiente de clara inestabilidade política. A súa primeira Comisión Directiva estaba integrada por relevantes republicanos vigueses, entre os que destacaron o arquitecto Gómez Román (presidente da Agrupación) e o polígrafo Xerardo Álvarez Gallego. A agrupación de defensa republicana, estivo moi vinculada ao movemento agrarista galego, participando no IV Congreso Regional Agrario (Porriño, 14 de maio de 1932). Os seus obxectivos de reivindicación labrega eran os seguintes: suspensión da lexislación foral existente, ata que o futuro Parlamento da República non regulamentara tal asunto; avogaba pola propiedade individual traballada polo labrego; no devandito congreso agrario defenderon a concentración parcelaria, como resposta ao excesivo minifundismo galego....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral creado no 1917 e que desenvolveu unha grande actividade, creando espectáculos a partir de textos de autores galegos como Xesús Rodríguez López, Manuel Lugrís Freire, Avelino Rodríguez Elías, Leandro Carré Alvarellos, Ramón Cabanillas e Galo Salinas. Xunto coa Agrupación Dramática Gallega e outras agrupacións locais, como o cadro de declamación do Liceo de Bouzas, contribuíron á dinamización cultural do sur de Galicia. Baixo a mesma denominación e, con idénticas finalidades, tamén apareceron colectivos escénicos en Sada, Pontevedra e Ponteareas ofrecendo a mesma oferta espectacular, xeralmente creada a partir de textos da literatura dramática rexionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade recreativa e cultural fundada en Bos Aires en 1913. O seu primeiro presidente foi Afonso Veiga. Dedicouse a desenvolver actividades lúdicas e instrutivas como clases de música, canto, pintura ou lectura. Celebrou tamén actos conmemorativos, homenaxes e exposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO