agrupación
(< agrupar)
-
s
f
Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
Ex: A agrupación de persoas nese lugar deu lugar a un caos circulatorio.
Sinónimos: agrupamento, concentración. Confrontacións: reunión, xuntanza. -
s
f
Conxunto de cousas ou de persoas agrupadas, xeralmente afíns.
Ex: Constituíron unha agrupación para a organización de actos culturais.
Confrontacións: asociación. -
[POLÍT]
Unidade máis pequena na estrutura orgánica dos partidos políticos que reúne os afiliados de base á cabeza da cal se sitúa un secretario xeral ou afín segundo os partidos.
-
[BÉL]
-
s
f
Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión. A súa composición varía segundo as necesidades da acción militar; normalmente ten como base un ou máis batallóns de infantería, aos que se suman unidades de artillería ou carros.
-
agrupación táctica
Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.
-
s
f
-
agrupación de empresas
[DER]
Modalidade contractual de colaboración entre empresarios que sen crear un ente con personalidade xurídica propia, serve para facilitar ou desenvolver en común a actividade empresarial dos seus membros. A agrupación temporal de empresas é unha fórmula de colaboración que adoita ser empregada polas pequenas empresas do sector da construción para a realización de obras de grande envergadura (infraestruturas de comunicación, edificios administrativos, equipamentos culturais ou deportivos, etc), disolvéndose unha vez rematada a obra.
-
agrupación de leiras
[DER]
Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra con número diferente das agrupadas, sempre que se trate de fincas veciñas ou, se son discontinuas, formen unha finca funcional. Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agrupación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico consolidado.
-
[DER/ADM]
-
agrupación de municipios
Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia. Na constitución española de 1978 contémplase esta posibilidade (artigo 141. 3), ao abeiro da cal se teñen constituído en Galicia diversas mancomunidades de municipios para a prestación, financiamento e xestión en común de servicios (en Ferrolterra, en Vigo, no Xallas, no Morrazo, etc) e 53 comarcas segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996).
-
agrupación municipal forzosa
Agrupación de municipios limítrofes de pequeno número de habitantes, para o sostemento dunha secretaría común ou para a prestación de servicios esenciais cando non dispoñen individualmente de recursos suficientes.
-
agrupación de municipios
-
agrupación urbanística
[DER]
Mancomunidade ou agrupación de municipios, nos que pode tamén participar a deputación provincial, que ten por obxecto específico a promoción e a xestión de obras e servicios urbanísticos.