Agrupación Artística de Vigo

Agrupación Artística de Vigo

Colectivo teatral creado no 1917 e que desenvolveu unha grande actividade, creando espectáculos a partir de textos de autores galegos como Xesús Rodríguez López, Manuel Lugrís Freire, Avelino Rodríguez Elías, Leandro Carré Alvarellos, Ramón Cabanillas e Galo Salinas. Xunto coa Agrupación Dramática Gallega e outras agrupacións locais, como o cadro de declamación do Liceo de Bouzas, contribuíron á dinamización cultural do sur de Galicia. Baixo a mesma denominación e, con idénticas finalidades, tamén apareceron colectivos escénicos en Sada, Pontevedra e Ponteareas ofrecendo a mesma oferta espectacular, xeralmente creada a partir de textos da literatura dramática rexionalista.