"Galle" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 217.

  • Indicación Xeográfica Protexida segundo a Orde de 4 de abril de 2000 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria que reciben todos os tenreiros nados en practicamente todo o territorio galego, fillos de vacas de raza Rubia Galega, Morenas do Noroeste ou dos seus cruzamentos, e que son criados, alimentados e sacrificados en Galicia, seguindo un estrito control integral de calidade e hixiene. O control abrangue desde o nacemento dos tenreiros, a súa crianza, alimentación e cuidados sanitarios, ata o seu sacrificio e presentación da carne nos puntos de venda, todo isto conforme ao establecido na lexislación vixente. A alimentación dos tenreiros baséase no leite materno, forraxes e concentrados procedentes de vexetais e exentos de calquera subproduto animal ou substancia prohibida, e sacrifícanse, por regra xeral, con menos de 10 meses de idade. Foi o resultado da fusión da Denominación Produto Galego de Calidade Ternera Gallega, creada en 1989 e a Denominación Específica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de tendencia nacionalista publicado en La Habana a partir de 1921. Subtitulado “Órgao da Xuntanza Nacionalista Galega d’Habana e paladín do honor da Raza Céltiga”, tivo periodicidade mensual. Dirixido por A. Rodríguez Orzales, foi editado pola Xuntanza Nazonalista Galega D’Habana. Foi o sucesor da revista Nós e defendeu o movemento nacionalista galego, a autonomía e a cooficialidade do galego e do castelán en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Montevideo entre o 11 de febreiro de 1917 e o 28 de marzo de 1918 (nº68). Subtitulado “Semanario regional ilustrado bilingüe”, foi dirixida sucesivamente por Xosé María Barreiro e Miguel Barros. Contribuíu á difusión da literatura galega entre o colectivo inmigrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir de abril de 1894. Cesou o 9 de setembro de 1896. Fundada por Curros Enríquez, o apoio de máis de 6.000 subscritores fixo que a periodicidade fose semanal. Incluíu información sobre política, ciencia, crónica de sociedade e literatura, tanto da comunidade emigrante como do país. Completou os contidos con colaboracións literarias de destacados escritores. A publicación pechou cando Curros se negou a pagar dúas multas impostas por críticas ao goberno colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en La Habana en 1915 da man de Roberto Blanco Torres. Cesou no seu quinto número. Criticou o funcionamento do Centro Galego da cidade e incluíu información xeral de Galicia, e   colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se caracteriza por estar sempre de moi bo humor e disposto a facer bromas e divertirse.

    2. Que ou quen fai as cousas de calquera xeito e sen prestar atención.

    3. Que ou quen mantén unha desorde constante nas súas cousas.

    4. Que ou quen fala de máis e cambia facilmente de opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir do 1 de febreiro de 1914. Cesou o 15 de abril de 1915. Orientada aos emigrantes galegos, foi dirixida por Eugenio Elices Gasset e, a partir de novembro de 1914, por Ramón de Artaza. Incluíu información sobre as actividades das colectividades galegas en América, crónica de actualidade e colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Florencia. O seu fondo, proveniente das coleccións artísticas particulares dos Medici, foi instalado no palacio homónimo, que comezou a construír Giorgio Vasari (1560) e acabaron Alfonso Parigi e Bernardo Buontalenti en 1580. O derradeiro membro da familia Medici, Anna Maria Ludovica, doou a galería ao estado toscano (1737), e Pietro Leopoldo de Lorena, sucesor dos Medici como gran duque de Toscana, abriuno ao público (1765). Contén pintura toscana desde o s XII ao XVIII, pintura doutras escolas italianas, flamengas e alemás, escultura e tapices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Montevideo a partir do 18 de agosto de 1881. Cesou o 12 de xuño de 1892. De periodicidade variable (semanal, bisemanal, trimestral ou diaria) foi fundada e dirixida por Xosé F. Agrasar e Ramón Cerdeiras, ata que César Cisneros Luces se fixo cargo dela en 1892. Incluíu colaboracións literarias dos autores do Rexurdimento galego, moitas delas en folletíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política xurdida en 1932 en Santiago de Compostela ao redor de Xoán Xesús González (secretario xeral), Anxo Valcárcel (secretario de organización) e Ramón Güimil (presidente), a partir da escisión dun grupo do PSOE. Cun ideario galeguista e socialista, dispoñía dunha notable influencia social na comarca de Santiago, apoiada nunha forte infraestrutura organizativa a través da Federación Comarcal Agraria (1932-1933). Despois dos malos resultados nas eleccións de novembro de 1933, ingresou en Izquierda Republicana. En 1936, tras o triunfo do Frente Popular, produciuse un intento de recomposición, sen éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal vespertino publicado en Lugo entre 1931 e 1933. De tendencia republicana, liberal e laica, os seus fundadores e propietarios foron os irmáns Correa Calderón, que orientaron o xornal cara á información cultural e educativa. Contaron cunha destacada nómina de colaboradores, como Alexandre Bóveda, R. Otero Pedrayo, R. Suárez Picallo e Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especializado en rehabilitación, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, foi director da Escola Universitaria de Enfermería, presidente da Asociación Galega de Medicina deportiva e médico na Vila Olímpica de Barcelona 92. Recibiu o 1º Premio Nacional de Rehabilitación (1979) polo traballo “Rehabilitación de la mano postraumática”. Publicou Tradiciones, mitos, creencias y curanderismo en medicina popular de Galicia (1989) e El Masaje terapéutico y deportivo (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista ilustrada publicada en Vigo a partir de xaneiro de 1909. Subtitulada “Ilustración regional”, foi fundada e dirixida por Xaime Solá. De tendencia conservadora, distibuíuse en España, Portugal e América do Sur quincenalmente. Incluíu crónicas, reportaxes, entrevistas e breves ensaios elaborados por galegos emigrados. Durante a Guerra Civil, a información reduciuse ao parte oficial bélico e ao apoio ao bando franquista. Cesou en maio de 1938, e en novembro de 1954, xa falecido Solá, iniciou unha segunda época da man de Xosé Iglesias Presa, dirixida primeiro por Fabriciano F. Sierra e logo por Eduardo Torres. En novembro de 1955 trasladou a súa sede   de Vigo a Lugo. En 1962 Faro de Vigo adquiriu a cabeceira, co que iniciou a súa terceira época en maio dese ano (nº 79), onde pretendeu manter o seu carácter social e costumista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado en La Habana a partir do 1 de xuño de 1938. Cesou en xaneiro de 1954. Subtitulado “Órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia: Publicación mensual”, funcionou como órgano de expresión societario e estivo dirixido por Antonio do Campo de la Fuente. Incluíu información societaria e artigos sobre a historia, literatura e cultura galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Zaragoza, Aragón, a 13 km da capital provincial (3.426 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fai as cousas de calquera xeito e sen prestar atención. SIN: trangalleiro, zarapalleiro.

    2. Que ou quen é moi descoidado co seu aspecto ou moi desordenado. SIN: zarapalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO