"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de helenizar ou helenizarse.
-
-
Que heleniza.
-
Que ten características gregas.
-
-
-
Facer que algo ou alguén adquira costumes ou características helénicas.
-
Adoptar algo ou alguén trazos e costumes helénicos.
-
-
-
Relativo ou pertencente á antiga Grecia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante da antiga Grecia.
-
grego.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos helenos.
-
Individuo do pobo dos helenos.
-
Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do convento xurídico Bracarense que habitou os territorios entre o Lérez e o bordo meridional da ría de Vigo e que, segundo Estrabón, tiñan como capital Hellenes, a vila fundada por Teucro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo dos Dardanelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘Sol’.
-
-
ASTRON Aplícase á última posta dun astro antes da súa conxunción co Sol, ou da primeira saída despois desta.
-
ASTRON Aplícase a todas as postas da época na que un astro se achega ou se afasta da súa conxunción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os sete fillos de Helios e da ninfa Rodo. Eran expertos astrólogos e atribuíaselles a división do ano en estacións e do tempo en días e horas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as cinco fillas de Helios e da oceánide Clímene, irmás de Faetonte. Cando o seu irmán foi precipitado ao río Erídano por Zeus, transformáronse en lamigueiros e choraron a súa morte con bágoas de ámbar nas ribeiras deste río.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas carnívoras, da familia das sarraceniáceas. Presenta follas alternas, algunhas delas transformadas en ascidios, de flores apétalas dispostas en acios e de froitos capsulares. Engloba seis especies que son propias de América tropical e de Sudamérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas ou arbustivas pertencente á familia das cistáceas. Presenta complexidade por englobar moitas especies e gran número de híbridos interespecíficos. Presentan base leñosa, follas opostas de pequeno tamaño e flores pentámeras dispostas en acios, normalmente de color amarela, os froitos son casulos trivalvos. Destacan as especies H. ledifolium, H. hirtum, H. apenninum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, cultivadas ou adventicias pertencente á familia das compostas. Presenta follas opostas e xeralmente simples sen lanuxe, capítulos ligulados e pequenas flores estériles. Son orixinarias de Norte e Centroamérica. As especies máis relevantes son H. annus, xirasol, e H. tuberousus, alcachofa de Xerusalén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia colorante que se presenta en forma de cristais alaranxados. Emprégase como indicador de valoración ácido-base e tamén na estampación e na tinguidura de fibras téxtiles. Tamén se coñece como laranxa de metilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Helías.
-
-
Órgano mecánico constituído por unha ou máis pas de formas diversas, fixadas radialmente a un eixe motor, e que está destinado a converter, en interacción cun fluído, a forza mecánica de rotación en forza de translación no sentido do seu eixe. Defínese o paso da hélice como a distancia percorrida, no sentido do movemento, por cada punto da hélice a cada volta completa; este pode ser fixo ou variable (neste último caso as pas son orientables). A aplicación máis importante da hélice está na propulsión das aeronaves e dos barcos. Nas naves as pas das hélices xiran ao redor do eixe dunha árbore de transmisión case horizontal. Están dispostas segundo un determinado ángulo de incidencia respecto da agua, de maneira que impulsan a nave cara a adiante cun movemento semellante ao dun parafuso; completamente somerxidas e non suxeitas á influencia das ondas e dos movementos da nave, proporciona un empuxe regular en todas as circunstancias. No caso das aeronaves, as pas son...
-
Pregamento semicircular que limita o pavillón da orella por diante, por arriba e por detrás.
-
Curva dobrada de tal xeito que a tanxente forma un ángulo constante cunha recta fixa, chamada eixe. A máis coñecida é a hélice circular, que se obtén ao combinar un movemento circular uniforme arredor dun eixe cun movemento uniforme paralelo ao eixe.
-
Voluta do capitel corintio.
-
α
-
Modelo que trata de explicar a disposición espacial dunha molécula de ácido desoxirribonucléico. Este modelo foi proposto por James D. Watson e Francis H. Crick coa axuda de Maurice Wilkins que lles facilitou, meses antes e sen consentimento da súa compañeira Rosalind Franklin, os logros conseguidos nos seus estudios sobre a difracción dos raios X do DNA. Watson e Crick propuxeron un modelo no que a molécula de DNA se dispón nunha hélice de dúas febras con xiro a dereita. As febras fórmanse pola unión covalente de miles de desoxirribonucleótidos, cada un deles contén un ácido fosfórico, un azucre (desoxirribosa) e unha base nitroxenada. As febras dispóñense de forma antiparalela e únense por pontes de hidróxeno que se establecen de xeito específico entre as bases. A adenina únese mediante dúas pontes de hidróxeno coa timina e a citosina mediante tres á guanina. Na parte externa da hélice altérnanse as moléculas de desoxirribosa e de fosfato, mentres que as bases se proxectan perpendicularmente...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos pulmonados terrestres da familia dos helícidos. Son de pequeno tamaño e adoitan atoparse debaixo das pedras e entre as herbas, considéranse prexudiciais para os cultivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas ou subarbustivas perennes da familia das asteráceas. Presenta follas alternas, capítulos solitarios ou agrupados en corimbos ou glomérulos de flores amarelas ou lixeiramente púrpuras, invólucro cilíndrico e receptáculo plano. O froito é en aquenio pequeno con lanuxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia química que se utiliza na agricultura para eliminar pragas de caracois e lesmas. Este produto pode actuar por contacto e por inxestión. Presentan actividade helicida o metaldehido e o metiocarbo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxección do spin dunha partícula na dirección do seu movemento, é dicir Λ=S.p/|p|, onde p é o momento lineal da partícula e S o spin.