"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
PERSOEIRO
Político. Membro do Partido Comunista Italiano (PCI) desde 1968, foi elixido secretario xeral das Xuventudes Comunistas en 1975. Deputado desde 1987 e director do diario comunista L’Unità (1988-1990), foi un dos artífices da transformación do PCI no Partido Democrático della Sinistra (PDS) en 1991, do que se converteu en secretario xeral en 1994. O obxectivo de D’Alema era formar unha coalición democrática de centroesquerda coa que acadar o poder. Con esta intención xurdiu L’Olivo, liderada por Romano Prodi, primeiro ministro desde 1996 ata a súa dimisión en 1998. O 9 de outubro de 1998, a coalición propuxo a D’Alema como candidato para a executiva. O 21 de outubro presentoulle ao presidente da República o seu goberno, composto por unha nova coalición de centroesquerda, Democratici di Sinistra (DS), e o día 23 gañou a moción de confianza na Cámara dos Deputados; converteuse así en primeiro ministro, ao tempo que cesaba na secretaría do seu partido. As disensións internas da coalición...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Diplomado pola Accademia di Venezia, foi un dos representantes do modernismo italiano. Proxectou o monumento a Víctor Manuel en Roma (1884) polo que recibiu un premio, e realizou o palacio da primeira exposición de belas artes de Venecia (1887). Viviu en Turquía, onde foi arquitecto xefe do sultán Abdülhamit II (1892). Realizou numerosos edificios para a exposición de Turín de 1902 e, coa construción da casa do concello de Udine (1908), retornou ás formas académicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se designan lugares de culto, como as catedrais, igrexas, mosteiros, capelas, sinagogas, mesquitas, santuarios, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dunha construción, ben sexa un edificio público, ben unha casa privada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento que, precedido de señor, se lles dá aos cardeais.
-
-
Nunha serie ou sucesión indefinidas, aplícase ao termo que ocupa un lugar xeral indeterminado, designado pola letra n.
-
Aplícase a cada unha das partes dunha cantidade dividida nun número indeterminado de partes iguais designado pola letra n.
-
Aplícase a unha potencia, raíz, orde de derivación, etc, indeterminados.
-
Aplícase a unha cousa que se engade a moitas outras idénticas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afluencia de sangue aos vasos cutáneos, especialmente por efecto dunha emoción.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María a Real que dá nome ao concello de Entrimo, por ser onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Baixa Limia, situado na provincia de Ourense no extremo S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Portugal e co concello de Lobeira (Baixa Limia), ao L e S co de Lobios (Baixa Limia), e ao O con Portugal. Abrangue unha superficie de 84,5 km 2 cunha poboación de 1.390 h (2007), distribuídos nas parroquias de Entrimo, Galez, A Illa, A Pereira e Venceáns. A capital municipal é o lugar da Terrachá, na parroquia de Entrimo, situada a 41° 56’ 3’’ de latitude N e 8° 6’ 43’’ de lonxitude O, 65 km ao SO de Ourense e 177 km ao SL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Bande e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Entrimo está baixo o dominio oceánico húmido, se ben presenta certos matices de mediterraneización. O feito de que boa parte do territorio municipal quede protexido por dúas barreiras montañosas situadas ao N e ao O provoca que existan unhas elevadas precipitacións, especialmente... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Entrimo. Pertenceu a unha antiga abadía e dende a súa fundación tivo o título de Real. Puido ter a súa orixe nun mosteiro que se integrou no de San Salvador de Celanova, pois os seus abades sempre pretenderon a abadía. Construíuse nun terreo pertencente á Coroa e as súas obras remataron no 1793 baixo o goberno do abade Agustín Levoso (ou Leboso). Ten planta de cruz latina con tres naves separadas por oito pilastras. A nave central é máis ancha e alta. O cruceiro cóbrese con bóveda de media laranxa e no exterior cun tambor octogonal rematado nunha lanterna. As naves cóbrense con bóvedas de crucería. Do conxunto destaca a fachada principal, concibida como un retablo pétreo dedicado á realeza de santa María, que constitúe unha mostra do estilo churrigueresco en Galicia. Este elemento cobre a nave principal da igrexa e componse de catro corpos: o primeiro composto pola porta que centra o conxunto, cun arco moldurado de medio punto e flanqueado por tres pares de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioquímica que estudia os enzimas, concretamente a cinética enzimática, os mecanismos de regulación, a compartimentación celular e, no organismo, a súa composición, identificación e purificación química, a especificidade polo substrato e pola reacción, e a súa clasificación. Como todas as reaccións bioquímicas están catalizadas por enzimas, a enzimoloxía converteuse nunha ciencia auxiliar moi dinámica, con múltiples aplicacións tanto médicas como industriais. Tamén se emprega a análise enzimolóxica para estudar a evolución bioquímica dentro dos filos e a diferenciación das poboacións de seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno conxénito, derivado das alteracións na síntese de enzimas, como resultado dunha mutación xénica, que pode alterar a capacidade catalítica enzimática ou mesmo a síntese da propia enzima, que pode estar ausente ou presente nunha cantidade insuficiente. As enzimopatías máis frecuentes en España afectan á glucosa-6-fosfato deshidroxenase e á piruvato quinase eritrocitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento dalgunhas enfermidades mediante enzimas de orixe animal, como a pepsina, a pancreatina ou a tripsina; de orixe vexetal, como a bromelaína; ou fúnxica, como a celulase ou a lactase. Existen dous tipos de enzimoterapia, a de reforzo, que axuda á acción propia dos enzimas naturais dixestivos, e a supletoria, que suple unha carencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno corpo de forma semilunar situado na parte superior do testículo, formado polo conxunto de condutos seminíferos enrolados e que continúa co conduto deferente. Contribúe ao almacenamento e á maduración dos espermatozoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste en repetir, sen intervalo, unha mesma palabra para darlle énfase ao que se di, ou en intercalar nunha composición poética un mesmo verso ou unha mesma expresión varias veces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á epimorfose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morfismo epixectivo.
-
-
Rexeneración de estruturas accidentalmente desprendidas dun organismo mediante a migración e proliferación de células indiferenciadas.
-
Desenvolvemento que presentan as larvas dalgúns miriápodos, en que o embrión xa posúe a segmentación e o número definitivo de patas antes do nacemento.
-
-
-
Título que recibían os maxistrados ou sacerdotes gregos que lle daban o seu nome ao ano durante o que exercían o seu cargo.
-
-
Antropónimo ou topónimo que designa un pobo, dinastía, época, cidade, país, movemento literario ou artístico, corrente política ou filosófica, enfermidade, unidade, etc.
-
Palabra do léxico común que procede dun nome de persoa ou de lugar.
-
Personaxe que aplica o seu nome á representación dun feito abstracto, normalmente unha calidade ou defecto que posúe este personaxe. Así, por exemplo, Cupido designa o amor e as musas, en conxunto, a inspiración e, de forma individual, unha diversa actividade artística.
-
Antropónimo que serve para denominar unha obra de ficción e que, ademais, é o nome do seu personaxe central.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á solución ou mestura que contén diversas substancias en iguais proporcións moleculares.