"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Halooxoácido do xofre obtido por tratamento do trióxido de xofre con cloruro de hidróxeno. Hidrolízase explosivamente en contacto coa auga e non forma sales. Emprégase na sulfonación de compostos orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á clorose.

    2. Que ou quen padece clorose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido cloroxénico.

    2. Factor importante do metabolismo de diversas plantas. Obtense dos grans de café verdes e tamén doutras plantas dicotiledóneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fármaco antipsicótico. É un aceite con olor a amina; o seu clorhidrato é un sólido moi soluble en auga que funde a 195°C. Emprégase como tranquilizante en estados psicóticos e, especialmente, na deshabituación ao alcol, como antiemético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia estruturalmente semellante ás tiazidas e con propiedades diuréticas similares. Preséntase en forma de pos cristalinos de cor branca que funden con descomposición aproximadamente a 220°C. Inhibe a reabsorción dos electrólitos polos tubos renais, de xeito que aumenta a eliminación de cloro, sodio e auga. Emprégase como diurético e no tratamento da hipertensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico do grupo das tetraciclinas, illado do cultivo de Streptomyces aureofaciens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén cloruro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combinación do cloro cun corpo composto ou simple distinto do osíxeno e do hidróxeno. Os cloruros obtéñense por acción do cloro ou do ácido clorhídrico sobre o metal ou o seu óxido. O cloruro de sodio -coñecido como sal común- úsase na alimentación, e o de potasio emprégase como fertilizante; os dous atópanse en estado natural. O cloruro de zinc é un desinfectante, o mercurioso un purgativo e o mercúrico un antiséptico. Os cloruros de metais preciosos utilízanse en fotografía.

      2. cloruro de acilo/cloruro de ácido [R-CO-Cl]

        Composto orgánico que se obtén pola acción dos derivados clorados do fósforo ou pola do cloruro de tionilo sobre un ácido orgánico.

      3. cloruro de etilo [cloroetano: CH 3 CH 2 Cl]

        Haluro de alquilo, gas obtido por acción do cloro sobre o etilo en presenza de HCl e luz. Emprégase como refrixerante, como solvente e como anestésico.

      4. cloruro de metilo [clorometano: CH 3 Cl]

        Gas facilmente licuable que se obtén pola acción do cloruro de hidróxeno sobre o metanol. Emprégase como propulsante para aerosois de alta presión, como pesticida, como anestésico e como refrixerante na polimerización do caucho.

      5. cloruro de vinilo [cloroetileno: CH 2 =CHCl]

        Haluro de alquenilo, gas de olor etéreo a temperatura ambiente que se obtén por haloxenación do etileno. Emprégase na industria dos plásticos para a obtención do policloruro de vinilo.

    1. Anión Cl - que se pode considerar que deriva formalmente do ácido clorhídrico por perda do hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar inglés. Xefe da expedición militar que, procedente de Ribadeo (lugar invadido ao mando do comandante Broom), desembarcou na praia de Samil o 10 de outubro de 1719, o 12 tomou Bouzas e o 19 logrou a capitulación dos soldados que defendían a fortaleza do Castro (Vigo). O 6 de novembro, reembarcou cara a Inglaterra despois de abandonar o proxecto de invadir Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia (B. R. 20, antes II, I, 213), que contén parte das Cantigas de Santa María. Polas súas características xerais (letra, adornos e miniaturas), parece que é unha continuación de T, escrito no mesmo obradoiro. Está formado por 131 folios de pergamiño de 456 x 320 mm, aínda que o encadernador cortou bastante as páxinas e a numeración (en caracteres romanos) das mesmas. Pódese deducir que faltan moitos folios (posiblemente 50) do que debeu ser o códice orixinal, que foi concibido para albergar os dous últimos centos de cantigas. Escrito con letra gótica francesa, alternando a tinta negra e encarnada, como en T, a dúas columnas (ás veces a tres ou incluso a unha), quedou incompleto, tanto no que respecta ao número de composicións que debería conter, coma na notación musical e na ilustración dos textos, de xeito que só transmite 104 cantigas (das que catro proceden de TO e 100 son novas); a notación musical...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos macroúridos ao que pertence o peixe rato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, crítico e ensaísta inglés. Colaborou con William Wordsworth en Lyrical Ballads (Baladas líricas), obra fundamental do romanticismo inglés que incluía unha das súas obras mestras, o poema “The Ancient Mariner” que xunto con “Kubla Khan” e a primeira parte do “Christabel”, do mesmo período, representa o punto máis álxido do seu talento poético, cunha complexidade simbólica e unha vontade de entregarse ao insconciente que parecen anticipar as descobertas do simbolismo e do surrealismo. Unha viaxe por Alemaña (1797-1798) púxoo en contacto coa filosofía idealista de Kant e Schelling, que influíu sobre a parte máis intelectual da súa obra. Destaca tamén a súa Biographia literaria (1817), en forma de autobiografía espiritual. As súas conferencias sobre Shakespeare foron revolucionarias e estableceron dun só golpe a técnica de interpretación psicolóxica dos personaxes que determinou unha gran parte da crítica moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade cultivada de col que se caracteriza por presentar unha inflorescencia, que se engrosa e forma unha masa compacta, tenra e carnosa, normalmente de cor abrancazada, que é a parte comestible. Adóitase consumir cocida, acompañada doutros vexetais (patacas, cenoria, etc) e de carnes tamén cocidas, pero tamén se pode saltear ou fritir (preparacións ao allo e similares) ou gratinar (por exemplo, acompañada con salsa bechamel).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Collor de Mello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de colorar ou colorear.

    2. Cor que se lle aplica a algo ou cor que adquire unha cousa.

    3. Tonalidade que presenta a cor de algo.

    4. Conxunto de cores.

    5. Procedemento empregado en citoloxía, histoloxía, microbioloxía e bioquímica para discernir os diversos compoñentes da mostra viva ou fixada sometida a exame. Baséase na capacidade selectiva e diferencial dos compoñentes para reter a materia colorante. A afinidade por un colorante determinado pode ser un carácter fundamental de certas células, como os leucocitos eosinófilos. Os colorantes ácidos son ácidos tinguidos ou os seus sales e empréganse para tinguir as estruturas citoplasmáticas. Os colorantes básicos son bases tinguidas ou os seus sales e empréganse para tinguir diversas estruturas do núcleo celular. Chámase coloración diferencial á que se realiza mediante dous colorantes; o primeiro fíxase en diversas estruturas e resiste o lavado posterior, e o segundo actúa sobre os elementos que non fixara o anterior. Este principio rexe na coloración de Gram, na que a mostra se fixa con calor, imprégnase dunha solución de violeta de xenciana fenicada e unha solución de iodo,...

    6. Parte do colorido que se compón de tres cores relacionadas e dirixidas por unhas normas estéticas que regulan a súa cantidade.

      1. coloración de advertencia

        Coloración da superficie externa dun ser vivo que serve para lles mostrar aos posibles depredadores que pode ser perigoso, xa sexa pola presenza de velenos, polo mal sabor ou pola súa capacidade de loita.

      2. coloración protectora

        Coloración da superficie externa dun ser vivo que serve para que a súa presenza pase inadvertida ante posibles depredadores. A ocultación pódese acadar mediante a imitación do contorno (coloración críptica) ou mediante manchas que dificultan o recoñecemento do contorno do animal (coloración disruptiva).

    7. Termo que na notación antiga designaba o emprego da cor para encher as notas (vermella ou negra) e indicar diferentes valores de duración ou cambios de ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do SO dos EE UU que nace nas Montañas Rochosas, no estado de Colorado, atravesa os estados de Utah e Arizona, e desemboca no golfo de California (México), despois dun percorrido de 1.600 km. Constitúe a primeira reserva hidrolóxica dos estados de Utah, Arizona, Nevada e do SL de California. Explorouno por primeira vez, en 1869, John Wesley Powell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Arxentina, na Patagonia oriental, formado pola unión dos ríos andinos Grande e Barrancas. Serve de límite entre as provincias de Mendoza e Neuquén, La Pampa e Río Negro. As súas augas utilízanse exclusivamente para o rego e desemboca no Atlántico, logo de percorrer 1.150 km, formando un delta ao S de Bahía Blanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do O dos EE UU (269.596 km2; 3.892.644 h [estim 1997]). A súa capital é Denver (497.840 h [1996]). Hai dúas rexións ben diferenciadas: o O está atravesado polas Montañas Rochosas de N a S, mentres que o L ocúpao a chaira de Colorado. Ten un clima continental con temperaturas bastante baixas no inverno e cunha pluviosidade que pode superar os 1.500 mm anuais no sector das Montañas Rochosas; varía entre 200 mm e 400 mm no resto do estado. O Gran Lago, o de maior tamaño, está drenado polos ríos Colorado e Grande. Polo que respecta á vexetación, nas chairas predominan as gramíneas, nos sectores da montaña abundan os bosques e os prados, e na chaira de Colorado existe unha vexetación desértica ou subdesértica. A base da súa economía é moi diversa, destaca a investigación científica e a industria de alta tecnoloxía. Máis da metade do territorio dedícase aos cultivos (millo, trigo, patacas e froiteiras) e aos pastos. A cría de gando vacún tamén ten unha grande importancia, xa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de colorar.

    2. Que ten unha cor máis ou menos vermella. OBS: Aplícase sobre todo á cor da cara.

    VER O DETALLE DO TERMO