"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

  • Rama da xeoloxía que investiga os caudais subterráneos ou superficiais de auga, tratando de descubrir novos acuíferos e de conservar os caudais superficiais e subterráneos xa existentes. OBS:Tamén se denomina hidroloxía superficial e subterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que se encarga do estudo dos cabalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en invertir a orde lóxica das ideas e dicir ao comezo o que debería ir ao final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que estudia a composición e estrutura microscópica dos tecidos orgánicos. A histoloxía estudia o crecemento dos tecidos, animais e vexetais, desde o período xerminativo ata que completan a súa formación. Tamén se ocupa da relación entre estrutura e función, e dos cambios de estrutura segundo a función que realice. A histoloxía humana estudia o crecemento dos catro tecidos básicos (epitelial, conectivo, muscular e nervioso) a partir das tres capas xerminativas (ectoderma, mesoderma e endoderma) e a adaptación entre eles durante o desenvolvemento para formar os órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da patoloxía dos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da historia, especialmente a que se refire á estrutura, ás leis e ás condicións da realidade histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de homólogo.

    2. Transformación xeométrica do plano ou do espacio, tal que cada punto e a súa imaxe están aliñados cun punto fixo denominado centro de homoloxía, e se tres puntos son aliñados, as súas imaxes tamén o son.

    3. Teoría que estudia as transformacións entre espacios topolóxicos que conservan certas estruturas alxébricas definidas en cada espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que estudia a homosexualidade en todos os seus aspectos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos sinais ou das impresións que resultan da actividade orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia auxiliar da Historia da Arte que dá un sentido interpretativo á obra de arte. Orixinada no primeiro terzo do s XX, na escola fundada por Aby Warburg en Hamburgo e trasladada a Londres en 1934, define os significados intrínsecos dos temas estudiados pola iconografía. Estes significados dependen da época, do contorno social e das tradicións que cualifican inconscientemente o artista e que se reflicten na súa obra, considerada testemuño-documento da época. Destacaron F. Saxi, E. Panofsky e E. H. Gombrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de ideas e crenzas dunha persoa ou grupo.

      1. Conxunto de conceptos, crenzas e ideais, de alcance factual e normativo, para explicar os fenómenos sociais e, así, dirixir as opcións sociopolíticas do individuo e da colectividade.

      2. Sistema de ideas, segundo o marxismo, disfrazadas e desorientadoras coas que a clase dominante pretende xustificar a súa posición.

      3. Ciencia filosófica, segundo A. L. C. Desttut de Tracy e os seus seguidores, que estudia as ideas ou contidos da consciencia, as súas orixes, as súas leis e as súas relacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que estudia a inmunidade. Iniciouse como unha disciplina que tentaba comprender a resistencia á infección, que nun principio se consideraba como a única función do sistema inmunitario. A comezos do s XX coñeceuse a súa relación coa hipersensibilidade ou alerxia, esclareceu as funcións biolóxicas xerais do sistema inmune e relacionou a inmunidade co cancro, coas dificultades xurdidas á hora dos transplantes de órganos dun individuo a outro e coa capacidade de producir enfermidades ao lesionar os tecidos normais. Actualmente, é un dos campos da medicina en que se investiga máis, xa que cada vez se fai máis patente que nos fenómenos inmunolóxicos se atopan boa parte dos mecanismos que explican o desenvolvemento de bastantes enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos trastornos ocasionados no organismo por mor da inmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entomoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de coñecementos sobre o iris.

    2. iridodiagnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que estudia os peixes. Esta ciencia naceu no s XVI en Francia, con Pierre Rondelet e Pierre Belon, e en Italia, con Ippolito Salviani. Tomou un grande impulso con Carl Linné e a súa nomenclatura binaria. No s XIX Cuvier describiu e clasificou todas as especies coñecidas de peixes en Histoire naturelle des poissons, que continuou o seu discípulo Valenciennes (1820). A ictioloxía viuse afectada polo salto epistemolóxico que representou a obra de Charles Darwin, e como consecuencia apareceron as primeiras teorías filoxenéticas. Na etapa posdarwiniana destacan Regan e Boulenger. Os problemas alimenticios da humanidade fixeron que a súa vertente práctica, a pesqueira, tomase unha grande importancia, sobre todo en Xapón e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estudia a larinxe e as súas enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da entomoloxía que estudia os lepidópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio sincrónico da significación das palabras, como elementos interdependentes dunha estrutura de carácter social. Subordinada á lexicografía ata o s XX, os novos conceptos metodolóxicos de Ferdinand de Saussure, primeiro, e do Círculo Lingüístico de Praga, máis tarde, transformárona nunha ciencia autónoma, independente tanto da lexicografía como da morfoloxía, a etimoloxía e a estilística. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as augas continentais, lagos, ríos e encoros, en todos os aspectos, no xeográfico, xeolóxico, físico, químico e biótico.

    VER O DETALLE DO TERMO