"Roa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 265.

  • Derivado nitrato da anilina, que se pode presentar nas súas formas isoméricas meta, orto e para. A forma meta obtense por nitración da anilina e emprégase como intermediaria na obtención de colorantes. A exposición aos seus vapores produce cianose e metahemoglobinemia. As outras dúas formas presentan propiedades semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dumbría baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Bizkaia, Euskadi, regado polo río Artibai, onde desemboca (9.732 h [2001]). Destacan a pesca, a industria conserveira e a metalúrxica. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de América Central, fundada en 1951 por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Honduras e Nicaragua para promover a unidade e a cooperación dos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Axuda que ofrece unha persoa, unha institución ou un organismo.

      2. Función exercida en calidade de patrón.

      1. Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.

      2. Institución de carácter benéfico ou cultural.

    1. Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiais, reitorías e beneficios. O padroado eclesiástico corresponde a algunha igrexa, dignidade ou oficio eclesiástico; o padroado laico corresponde aos segrares; e o padroado mixto participa das dúas calidades, ou concorren na fundación persoas con bens eclesiásticos e con bens familiares. O dereito de padroado podíase adquirir por fundación, coa doazón do terreo, a edificación da igrexa e a dotación do seu mantemento; por reedificación, cando se pactaba co bispo; por prescrición, de máis de 40 anos e posesión inmemorial se se trataba dunha igrexa libre; e por privilexio, cando o outorgaba a Santa Sé. O código de dereito canónico que entrou en vigor en 1918 tendía xa á desaparición dos padroados. En España, no Concordato de 1753 entre Fernando VI e Benedito XIV triunfou o regalismo reafirmando o dereito...

    2. Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural fundada en 1953 en México por exiliados galegos. O seu primeiro presidente foi Xesús Dopico. Foi un foco de promoción de iniciativas culturais e á súa imaxe naceron outras asociacións, como o Padroado de Monteveideo. Dos seus membros destacaron Roxelio Rodríguez Bertaña, Carlos Velo e Luís Soto. Contribuíu á creación da Irmandade da Fala e publicou o libro Presencia de Galicia en México, que recollía a participación de personalidades galegas, mexicanas e españolas na Emisión de Radio, patrocinada polo padroado. Ademais, editou as revistas Saudade e Vieiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Padroado fundado para a defensa da imaxe do Apóstolo Santiago como patrón de España. A súa orixe vinculouse ao s IX e desde o s XII desenvolveu un perfil militar, como consecuencia da fundación da orde militar de Santiago. Tradicionalmente, a súa defensa vinculouse aos grupos sociais máis conservadores, mentres que os liberais optaban por un padroado estatal encabezado por santa Tareixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que se estableceu nas proximidades de Betanzos. A súa posible orixe pode proceder dos Pardo de Cela, xa que un fillo do Mariscal casaría cunha dona da liñaxe dos Figueroa e o fillo de ambos os dous, Arias Pardo de Figueroa (Betanzos 1580-?), fundaría esta liñaxe. Foi cabaleiro da orde de Santiago (1608), gobernador das súas armas e conde de Lemos e oidor da Real Cancillería de Valladolid. O seu fillo, Juan Pardo de Figueroa (Valladolid?-?), pertenceu á orde de Santiago desde 1623. Outro membro destacado desta liñaxe foi Baltasar de Figueroa y Sotomayor (Lima?-?), primeiro marqués de Figueroa e cabaleiro da orde de Santiago en 1602. Unha rama desta liñaxe pasou a San Martín de Valdeiglesias (Madrid) e desde alí a Cádiz. Trae como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de prata, unha aguia voante, de sable, e segunda, en campo de ouro, cinco follas de figueira, de prata colocadas en aspa. Outros traen escudo cuartelado: primeira partición, en campo de prata, cinco...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Formou parte da escuadra Galiza, en 1637 serviu en Francia e ao ano seguinte enviárono a Perú, onde foi gobernador e capitán xeneral de Tucumán e corrixidor e xustiza maior de Canta. Foi cabaleiro da Orde de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Santo ou advocación mariana baixo a protección dos cales se somete unha igrexa, un lugar ou unha colectividade.

      2. Defensor ou protector de alguén.

      3. Persoa que posúe o dereito de padroado.

      1. Persoa que ten unha casa de hóspedes.

      2. Persoa que goberna unha casa.

    1. Persoa propietaria ou contratista para a que traballan obreiros baixo as súas ordes.

      1. Persoa que manda e dirixe unha embarcación de pesca.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudou xurisprudencia en Boloña e exerceu como xurista na Real Audiencia da Coruña. Presidiu o Consello de Castela. Foi bispo de Pati (Sicilia, 1568) e Córdoba (1582-1586), inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, e cóengo doutoral de Tui. Fundou o seminario conciliar de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. A súa obra pictórica caracterizouse pola renovación do expresionismo e o muralismo expansivo narrando experiencias con imaxes concisas e elementalizadas nun ambiente abstracto simbólico. Destacou no campo da abstracción, ata acadar un xeometrismo aparentemente plano, e preocupouse pola innovación con novas técnicas de expresión gráfica, como a electrografía e a infografía aplicadas ao gravado. Destacan as súas obras Voando coa imaxinación (1997) e Diversidades 2001 (2001). Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, dirixiu a revista Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Bolaño (Castroverde). O seu cumio acada os 809 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Trobador galego. Activo entre 1228 e 1260, e proveniente dunha familia da pequena nobreza, militou nas tropas de Rodrigo Gomez de Trastámara e estivo relacionado coas cortes de Fernando III e Afonso X. Mencionado nunha doazón ao mosteiro de San Martiño de Xubia (1228), participou na Reconquista nas campañas de Murcia (1244) e Jaén (1246), acompañando a Afonso X. Posteriormente ausentouse da Península coa intención de viaxar a Terra Santa, de onde regresou en 1253. Mantivo unha relación coa soldadeira Maria Perez a Balteira, feito polo que tivo que soportar críticas doutros autores, como Afonso X, Gonçal’Eanes do Vinhal, Johan Baveca, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso e Vasco Perez Pardal. No seu corpus literario aparecen quince cantigas: unha de amor “Grave dia naçeu, senhor”, en que trata a coita e a morte por amor de forma paródica nunha composición con irregularidades métricas e rítmicas; unha de amigo “Ay, meu amigo, pero vós andades”, en que a namorada, malia saber...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte dianteira do casco dunha embarcación, comprendida entre a última caderna e o esporón, con forma de cuña para que ao desprazarse ofreza menos resistencia á auga. As súas formas responden a diferentes solucións construtivas. Na proa pechada as varandas e a regala acaban na roda, mentres que na aberta están cortadas polo vao da serviola. A proa lanzada é a que ten a roda arqueada, e a redonda a que ten forma redondeada. A proa recta ten o esporón vertical segundo o plano lonxitudinal de simetría do buque, e a inclinada teno, segundo o mesmo plano, inclinado de xeito que forma un ángulo obtuso na parte inferior do esporón.

      2. Parte anterior dunha embarcación de vela, comprendida entre a roda e a sección vertical transversal que contén o pau maior ou o trinquete.

      3. Parte anterior dun buque que se considera dividido en tres partes iguais, pola súa eslora, desde a proa.

    1. Parte frontal do casco dunha aeronave ou dalgúns aeróstatos.

    2. Parte elevada da cuberta dalgunhas embarcacións, que está situada na proa.

    3. Espazo dunha dorna que está comprendido entre a primeira bancada e a tilla.

    4. Pau situado na proa, que sobresae e que serve para amarrar os cabos.

    5. Madeiro que serve para amarrar o cabo no momento en que se vai fondear a embarcación.

    6. Vento que sopra en sentido contrario ao do avance dunha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína esencial para a xeración de enzimas como a tromboplastina, nesesarios para a coagulación do sangue. É o factor lábil da coagulación ou factor V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e editor. Foi corrector da Tragicomedia de Calisto y Melibea, de F. de Rojas. En València dedicouse ao tratamento das edicións de R. Llull de 1506 a 1515: catro volumes, prólogos, cartas, dedicatorias, poesías, en parte escritas por el, e un Index librorum Raymundi Lullii (1515), primeiro catálogo do estilo publicado na Península. Algunhas das súas poesías apareceron na reedición do Cancionero General (1520), de Hernando del Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta da familia das ericáceas, especialmente dos xéneros Calluna, Daboecia e Erica. Adoitan ser pequenas, con follas simples e perennes, flores actinomorfas e froito en baga ou en cápsula.

      2. queiroa das brañas [Erica tetralix, Fam das ericáceas]

        Arbusto, de ata 70 cm de altura, con follas oblongo-lineares e verticiladas, e flores en umbelas rosáceas. Florecen entre maio e outubro en zonas de brañas e piñeirais.

      3. queiroa de tres follas [Erica cinerea, Fam das ericáceas]

        Arbusto pequeno, de ata 70 cm de altura, con follas sen pelos, lineares e en verticilos de 3, flores tetrámeras dispostas en acios, violáceas ou rosadas e froito capsular. Florece entre maio e setembro, e pode atoparse nas zonas de breixo e turbeiras. Distribúese por todo o O de Europa, e en toda Galicia.

      4. queiroa de umbela [Erica umbellata, Fam das ericáceas]

        Pequeno arbusto, de ata 50 cm de altura, con follas lineares, en verticilos de 3, flores tetrámeras en umbelas de 3-6 flores e froito capsular. Florece entre febreiro e xullo, e pode atoparse en breixos e en sotobosque de piñeirais, en toda a metade O da Península Ibérica.

      5. queiroa maior [Daboecia cantabrica, Fam das ericáceas]

        Planta arbustiva, de ata 50 cm de altura, con follas lanceoladas e pecioladas, pilosas pola face verde e tomentosas e esbrancuxado polo envés, flores purpúreas, tetrámeras dispostas en acios terminais e froito capsular. Florece entre xuño e outubro. É endémica na zona O de Europa, desde o N de Portugal ata o O de Irlanda, e está presente en toda Galicia.

      6. queiroa veluda [Erica australis, Fam das ericáceas]

        Planta arbustiva, de ata 2 m de altura, con follas lineares en verticilos de 4 e flores en grupos de 4 a 8. Florece entre febreiro e agosto, en case toda Galicia, a excepción das zonas baixas.

    1. Planta herbácea perenne, con talos deitados de ata 40 cm, follas de 2-5 mm, lineares, pilosas polo envés e sen pelos pola face, flores solitarias ou en pequenos acios, pentámeras brancas ou rosáceas, e froito dehiscente capsular. Florece no verán, entre xullo e agosto, e pode atoparse en zonas litorais e marxas mariñas. Distribúese polo O de Europa, e tamén está presente en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO