"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Extremo onde remata un obxecto.

    2. Costado dun barco, dende a auga ata a borda.

      1. Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).

      2. bordo abatido

        Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).

      1. Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.

      2. bordo suave

        Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.

      1. Peza fundamental que bordea o campo do escudo, tendo de anchura a sexta parte do mesmo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de botar unha embarcación.

    2. Momento no que unha embarcación recentemente construída ou reparada entra na auga. A botadura sempre se fai mediante unha acción de escorregamento, xeralmente pola popa, aínda que en ocasións poida facerse pola proa ou polo costado. A botadura é o único xeito de poñer unha embarcación na auga, salvo que se efectúe por medio dun guindastre especial para tal efecto.

    3. Período extraordinario para a sementeira dun froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de golpear a alguén con forza e de xeito moi seguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar golpes fortes a algo ou a alguén. OBS: Pode aparecer seguido da preposición en.

    2. Falar mal de alguén ás agachadas.

    3. Andar seguido dun sitio para outro con calquera ocupación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Traballou en diversas compañías (1978). A partir deste ano integrouse no grupo Dagoll-Dagom, no que participou como actor e director en Antaviana (1978) e Glups (1983). Tamén participou exclusivamente como director en El Mikado (1986), Mar i cel (Mar e ceo, 1988) e noutras obras doutras compañías como Sin palabras (1987) e Quartetto da cinque (1987). Nos últimos anos dirixiu de novo espectáculos de Dagoll-Dagom como Flor de Nit (Flor de Noite, 1992). Tamén puxo en escena a ópera Don Pascuale de Donizetti no Teatro Grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de branco.

    2. Roupa interior e roupa branca como sabas, manteis e camisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura local de Hallsttat no norte de Alemaña (I milenio a C). Deriva da cultura Lautitz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade daquilo que é brando.

    2. Dozura ou afabilidade no trato.

    3. Condescendencia ou falta de carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de bravo.

    2. Acción propia de quen se caracteriza pola súa valentía.

    3. O que se di arrogantemente ou con ameazas intimidatorias de cara a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade técnica dunha peza musical para a súa boa interpretación, que depende dun grao elevado de virtuosismo por parte do artista. A palabra, empregada fundamentalmente nos ss XVIII e XIX, formaba parte de expresións como aria di bravura e allegro di bravura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritura libraria, ás veces semicursiva. De probable procedencia tironiana, foi usada para anotar ás marxes dos manuscritos, e así completalos e corrixilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educadora cega e xordomuda. Dedicouse ao ensino de xordomudos co sistema de S.G. Howe e L. Braille.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro galego que en 1918 estreou en Santiago de Compostela o espectáculo O Fidalgo, a partir dun texto homónimo de Xesús San Luís Romero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza coa que se cargan os escudos das liñas non primoxénitas dunha familia e que permite distinguir as distintas ramas dunha mesma liñaxe: lambel, merleta, estrela, anel, etc. O uso de brisuras, pola súa complicación, queda case relegado a algúns casos reais: o fillo primoxénito e o seu pai levan as mesmas armas; o segundo, un escudo cun lambel de tres pendentes; o terceiro, un bordo; o cuarto, unha orla; o quinto, un bastón; e o sexto, unha cotiza.

    2. Brisura que se emprega para marcar algunhas armas en sentido difamatorio: dado, escusón invertido, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Valle del Cauca, Colombia, sobre a illa Cascajal (266.988 h [1995]). A importancia da cidade débese ao porto, o principal do país no Océano Pacífico, e polo que se exporta a maior parte do café, do algodón e do azucre que produce. Comunícase por ferrocarril e estrada con Cali. A cidade foi fundada en 1540 por Pascual de Andagoya, pero foi destruída polos indios a finais do s XVI e reconstruída no ano 1821.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor e director teatral colombiano. Establecido en Cali, creou en 1955 unha escola de formación teatral que en 1970 se converteu no Teatro Experimental de Cali, denominación que explicita todo un ideario teatral centrado na investigación permanente e na relación entre realización teatral e contexto sociocultural e político. En plena sintonía cos traballos desenvolvidos por Paulo Freire e Augusto Boal no Brasil, polo colectivo La Canadelaria en Venezuela ou polo Teatro Campesino de California, Buenaventura e os seus colaboradores conformaron unha liña de produción orientada a mobilizar e aguilloar a conciencia crítica do actor e do espectador, baseada en procesos de creación colectiva, que explicaría polo miúdo nun traballo publicado en 1980 na revista Primer Acto. Entre as súas obras máis sobranceiras, cómpre subliñar A la diestra de Dios Padre (1960), Réquiem por el padre Las Casas (1963), La denuncia (1977), Historia de una bala de plata (1980)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Burundi e da provincia homónima, erguida á beira do lago de Tangañica (300.000 h [1994]). É un porto de pesca e, sobre todo, comercial. Entre as actividades industriais sobresaen os sectores téxtil, alimentario e zapateiro. Posúe aeroporto internacional. Centro de ensino superior, é sede da Université du Burundi, creada en 1960. Os alemáns fundaron a cidade en 1897 co nome de Usumbura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Burundi (1.319 km2; 608.931 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de escritura documental usada na chancelería pontificia do s XV ao XIX. Deriva da minúscula gótica italiana, é dereita ou inclinada cara á esquerda, con riscos contrastados grosos e finos, e abreviaturas longas coa finalidade de evitar as imitacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua afroasiática chádica. Este idioma inclúese no subgrupo biu-mandara e dentro deste no bura-higuí. Contabilízanse en Nixeria preto de 300.000 falantes desta lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO