"dis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 645.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración ou trastorno da linguaxe debido a unha lesión cerebral nas rexións encargadas da percepción, da integración e da conceptualización da linguaxe. É un grao moderado de afasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deglutición difícil debida a un trastorno do paso dos alimentos nun punto situado entre a boca e o estómago. A disfaxia bucofarínxea inclúe a disfaxia por aptialismo, a disfaxia dolorosa (odinofaxia), a disfaxia obstrutiva, a disfaxia paralítica, a disfaxia espástica e a disfaxia histérica. As causas da disfaxia esofáxica son a obstrución mecánica por procesos intrínsecos, ou ben, por compresións extrínsecas, e os trastornos da motilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno funcional do ritmo da expresión verbal causado por unha falta de coordinación da ideación, a transmisión dos impulsos nerviosos e a realización fonética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso lingüístico que consiste en aludir a un concepto mediante palabras ou expresións que teñen un matiz pexorativo ou despectivo, por exemplo, empregar napia para referirse ao nariz. É frecuente na literatura humorística, na sátira ou na parodia burlesca. OBS: Oponse ao termo eufemismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da fonación debido a alteracións nas cordas vocais. A disfonía pode ser fisiolóxica, como no caso do cambio de voz do neno na pubertade, ou patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno do humor caracterizado pola depresión, un malestar físico ou psíquico e un sentimento de insatisfacción cun mesmo.
-
-
Relativo ou pertencente á zona disfótica.
-
Zona que, dende un criterio de iluminación, forma parte da zona fótica que, xunto coa zona eufótica constitúen a capa de auga onde se detecta un certo grao de iluminación e que limita coa zona afótica permanentemente sen luz. Vai dende os 100 aos 200 m de profundidade, e pode acadar ata os 1.000 m. A penetración da luz é escasa e débil, só penetran radiacións azuis do espectro da luz e, polo tanto, a actividade fotosintética é moi escasa.
-
-
-
-
Conxunto de medios materiais que se empregan para modificar exteriormente a aparencia. Inicialmente, e desde moi antigo, estivo ligado a cerimonias propias de ritos relixiosos, práctica aínda usual entre as tribos africanas e de Oceanía. Posteriormente, estendeuse o costume de empregar o disfrace como diversión, malia a oposición da Igrexa, e chegou a ser xeral durante o Entroido. A complexa variedade de disfraces no Entroido fai difícil a súa xeneralización, aínda que algúns deles sobreviviron no tempo. O máis clásico e invariable é o cigarrón, típico de Verín. Esta máscara, de orixe prehistórica, é de madeira pintada de cores rechamantes e prolongada cara a arriba cunha chapa metálica onde leva pintado algún motivo animal ou do zodíaco. As que levan na parte posterior da cabeza un pelello, dan nome ao disfrace de peliqueiro, propio de Laza. A vestimenta do cigarrón componse dunha chaqueta con galóns sobre a que vai un pano. Do cinto, penduran unhas chocas que soan ao...
-
Medio empregado na comisión dun delito co fin de evitar ser recoñecido. O seu emprego considérase circunstancia agravante da responsabilidade criminal.
-
Recurso teatral empregado polos actores para desfigurar a súa fisionomía e adaptala á dos personaxes que intentan representar. A súa utilización no teatro inscríbese dentro dun acordo tácito de complicidade que se establece entre o actor e o público, e pode abranguer distintos aspectos da fisonomía (vestimenta, maquillaxe, xestos) e da actuación (cambios de voz) do actor. É un dos trazos definitorios das representacións teatrais, aínda que non é obrigatorio.
-
-
Finximento mediante o que se presenta a realidade baixo unha falsa aparencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da linguaxe que consiste nunha falta de estruturación correcta das palabras nas frases cando non hai anormalidades nos órganos fonadores.
-
-
-
Amañar, de maneira diferente á habitual, o aspecto dunha persoa ou cousa para evitar que sexa recoñecida.
-
Vestir a unha persoa cun disfrace.
-
-
Desfigurar algo para que non sexa recoñecido ou descuberto.
-
estirse unha persoa cun disfrace.
-
Desfigurarse algo ou alguén ocultando o seu aspecto real.
-
-
-
Sentir gozo por algo bo e positivo e aproveitarse do seus efectos beneficiosos.
-
Realizar o acto sexual cunha persoa.
-
Sentir ou experimentar pracer con algo.
-
Ter ou posuír algunha cousa útil, positiva ou beneficiosa. OBS: Emprégase seguido da preposición de.
-
-
-
-
Alteración, cuantitativa ou cualitativa, dunha función orgánica.
-
disfunción sexual
Trastornos, de diferente tipo e de orixe diversa, caracterizados por unha alteración do desenvolvemento da resposta sexual humana que imposibilita levar a termo unha relación sexual satisfactoria.
-
-
Conxunto de dificultades de adaptación dunha unidade social a un contexto determinado, que eventualmente leva ao cambio e mesmo á desaparición desta unidade. É fundamental na teoría sociolóxica funcionalista, especialmente en Parsons e Merton, que diferenciou a disfunción manifesta e a latente, segundo sexa voluntaria ou involuntariamente perniciosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico para designar os trastornos na articulación de sons a causa da malformación ou a disfunción dalgún órgano articulador, como a lingua ou os beizos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno na capacidade de expresar as ideas por medio da escritura en persoas de intelixencia normal, sen problemas sensoriais nin lesións cerebrais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dun corpo sólido de crebar en partes máis pequenas pola influencia de causas externas, como a presión, a humidade ou a oxidación.
-
-
Acción e efecto de disgregar ou disgregarse.
-
Operación química que consiste en solubilizar substancias insolubles en auga ou nos ácidos disolventes habituais na análise química. Os reactivos engádense en estado sólido e a mestura fúndese. Segundo a natureza dos reactivos e do fundente, a disgregación pode ser ácida ou alcalina, coas súas variantes oxidante, redutora e sulfurosa.
-
Separación dos grans ou dos diferentes elementos que compoñen unha rocha por causas mecánicas ou químicas.
-
-
disgregación mental
Trastorno do pensamento que consiste nunha falta de estruturación e coherencia mental.
-
disgregación psíquica
Trastorno no que se dá unha desconexión evolutiva entre os diferentes elementos do psiquismo.
-
disgregación mental
-
-
-
Que disgrega.
-
Substancia que se engade a un comprimido co fin de que este se desfaga ao estar en contacto cun líquido. Trátase xeralmente de produtos que se humedecen facilmente e que, ao facelo, inchan e provocan a separación dos grans que, prensados, forman o comprimido. O máis corrente é o amidón do trigo. Actualmente, hai disgregantes sintéticos ou semisintéticos, como a celulosa microcristalina.
-
-
-
Desunir ou separar as partes integrantes dun todo ou dun grupo.
-
Separarse as partes ou elementos que compoñen unha unidade ou grupo.
-
-
-
Causar un desgusto a alguén.
-
Provocar unha persoa ou unha cousa unha impresión desagradable en alguén.
-
Ter un desgusto.
-
Sentir enfado por algo ou ter inimizade con alguén.
-
-
-
Falta de harmonía.
-
Dobramento diferencial entre unha capa e outra con desprazamentos segundo o plano de estratificación. É o resultado da acción dunha mesma forza sobre rochas de características moi diferentes.
-