"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (3.254 km2; 1.242.500 h [estim 1998]). A capital é Cracovia.
-
-
Relativo ou pertencente a Cracovia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cracovia.
-
Baile de orixe polaca que se fixo moi popular a mediados do s XIX.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cezar’Antonovič K’ui.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Melitopil’, Zaporižžja 1921) Realizador cinematográfico ucraniano. Dirixiu os filmes Sorok pervyj (O corenta e un, 1957), Balada o soldate (A balada do soldado, 1959) e Zili byli ctarik co ctarukhoj (Había un vello e unha vella, 1964).
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (San Petersburgo 1882 - Peredelkino, Moscova 1969) Escritor ruso. En 1903 trasladouse a Londres como correspondente, feito que lle permitiu adquirir un coñecemento profundo da literatura inglesa e americana. Tradutor de R. Kipling, M. Twain e P. Whitman, exerceu como crítico literario; posteriormente, cultivou a literatura infantil.
-
PERSOEIRO
Escritor, lexicógrafo e etnógrafo ucraíno. En 1859 trasladouse a Moscova. A partir de 1819 comezou a recoller material lingüístico e folclórico para o seu dicionario, no que traballou 53 anos nas dúas primeiras edicións (1863-1866 e 1880). Publicou recompilacións de contos, proverbios e cancións. É autor do Tolkovyj slovar’ živogo velikorusskogo jazyka (Dicionario da gran lingua rusa viva, 1863-1866), con máis de 200.000 entradas de literatura, lingua, fala coloquial e dialectos, ademais inclúe proverbios e algunha información enciclopédica. En 1863 foi nomeado membro honorario da Academia de Ciencias de San Petersburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Romanía que nace nas montañas Fāgāraş, nos Cárpatos, atravesa a chaira do Danubio e desemboca, despois dun percorrido de 250 km, en Budeşti, no río Argeş.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (4.054 km2; 552.865 h [estim 1999]). A capital é Târgovisţe.
-
PERSOEIRO
Pintor serbio. A súa obra evolucionou dende as formas xeométricas ata as propostas minimalistas nos anos cincuenta e a arte conceptual dende os setenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Kirk Douglas, estudiou letras na Saint Lawrence University e interpretación na American Academy of Dramatic Art. A principios da década dos corenta debutou en Broadway con papeis secundarios. Comezou no cine con pequenas aparicións en The Strange Love of Martha Ivers (O estraño amor de Martha Ivers, 1946) e Out of Past (Retorno ao pasado, 1947). Durante os anos cincuenta e a primeira metade dos sesenta protagonizou gran cantidade de películas, entre as que destacan Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), The Big Carnival (O grande entroido, 1951), The Big Sky (Río de sangue, 1952), Man Without a Star (A pradería sen lei, 1955), Lust for Life (O tolo de pelo vermello, 1956), Paths of Glory (Sendeiros de gloria, 1957) ou Spartacus (1960). Tamén participou noutros títulos como The Arrangement (O compromiso, 1969), The Fury (A furia, 1978),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou baixo o pseudónimo de Nikolaj Aržak varias obras de crítica ao réxime soviético polo que o condenaron a traballos forzados. Os seus Poemas da prisión reactivaron en 1972 a polémica sobre os disidentes soviéticos. Volveu publicar en 1990 coa apertura da Perestrojka.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto. Traballou na decoración dos palacios de Oranienbaum, Petergof e Pavlovsk.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, psicólogo e pedagogo belga. En 1901 introduciu as concepcións da escola nova no seu país e, en 1907, fundou a Ècole de l’Ermitage (“escola para a vida e por medio da vida”). Provocou a reforma curricular de Bélxica (1936-1958) ao introducir novas concepcións pedagóxicas. Estas baseábanse na noción de centro de interese - sistema de coñecementos agrupados e interrelacionados que favorecían a motivación na aprendizaxe- e na resposta ás necesidades esenciais dos cativos, ao considerar que neles as funcións intelectuais operan seguindo unhas pautas de globalización. Creou os centros de interese, concibidos como escolas-laboratorio, nos que conflúen, a un tempo, coñecementos de distintas materias. Neste proceso de estudio, os cativos pasan por tres momentos distintos (observación, asociación e expresión) e desenvolven actividades cotiás para despois explicar as súas experiencias na clase. Para o ensino da lectura e da escritura propón un método ideovisual que parte de enunciados...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor soviético. Representou a tendencia occidentalista do realismo soviético. Membro da Sociedade de Pintores de Cabalete (OST), realizou obras coas temáticas modernistas do deporte e do traballo industrial. Inspirándose nos feitos da revolución, pintou A defensa de Petrogrado (1928). Decorou os teitos das estacións Majakovskaia (1938) e Novokuznietskaia (1943) do metro de Moscova. Recibiu o Premio Lenin en 1964.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Cultivou a poesía tradicional rusa e introduciu novas formas, e algunha das súas cancións convertéronse en cantigas populares. Formou parte do círculo literario de Puškin e colaborou nas publicacións Severnyje cvety (1825-1831) e Literaturnaja gaceta (1830-1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou na Guerra Ruso-xaponesa, (1904-1905) e na Primeira Guerra Mundial. Despois da Revolución de Febreiro de 1917 foi nomeado xefe do estado maior do exército. Declarouse contrario á revolución socialista de outubro, fuxiu á zona do Don e creou os exércitos brancos, cos que se enfrontou ao Exército Vermello. En 1919 centralizou todos os poderes políticos e militares e emprendeu a marcha sobre Moscova. Derrotado en diversas ocasións, foi substituído por Wrangler en 1920. Emigrou ao estranxeiro e desde 1945 residiu nos EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1822 para a administración e promoción dos intereses da provincia da Coruña. Constituíuse por primeira vez o 1 de xuño de 1822, en aplicación da resolución das Cortes españolas do 13 de xullo de 1821 que decidiu suprimir a provincia de Galicia e disgregar o seu territorio en cinco novas circunscricións. A cidade da Coruña converteuse na capital da demarcación; a concesión da capitalidade contou coa oposición de Santiago de Compostela, que aspiraba a ela. Suprimida en 1823 pola derrogación da Constitución, a deputación refundouse o 21 de novembro de 1835 na Coruña, trala recuperación do réxime constitucional, propiciada polo pasamento do Rei Fernando VII. Nese momento tamén foi problemática a designación da capital, pois Betanzos e Santiago de Compostela postuláronse como candidatas. A Deputación Provincial da Coruña centra a súa actividade en accións de apoio ao desenvolvemento económico e social, á mellora da rede viaria, á restauración de monumentos, á creación e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada para a administración e promoción dos intereses da provincia de Lugo. Fundouse o 16 de maio de 1822, tralo proceso de desintegración da Diputación Provincial de Galicia pola adaptación á nova división provincial aprobada polas Cortes o 13 de xullo de 1821. A restauración do absolutismo, que significou a derrogación da Constitución, suprimiuna en 1823. Unha vez restablecido o constitucionalismo refundouse en novembro de 1835. Dende aquela data a institución gozou de continuidade e o territorio que administra coincide basicamente co da súa predecesora do período 1822-1823, que incluía o territorio da antiga provincia e diocese de Lugo e gran parte da de Mondoñedo. Entre os organismos e institucións dependentes da Deputación Provincial de Lugo destaca o Instituto Lucense de Desarrollo Económico y Social (INLUDES), o Museo Provincial de Lugo, o Centro de Artesanía e Deseño de Galicia e a Unidade de Promoción e Desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución establecida en xuño de 1882 para a administración e promoción dos intereses da provincia de Ourense. Xurdiu a partir da desaparición da Diputación Provincial de Galicia deseñada na nova división provincial aprobada polas Cortes o 13 de xullo de 1821. Aquela institución administrou un territorio que se correspondía basicamente co da antiga provincia e diocese de Ourense. A restauración absolutista suprimiuna en novembro de 1823. En 1835, despois do ascenso ao trono de Isabel II, volveuse restablecer; absorveu, entón, o partido de Valdeorras, que no anterior período pertencera á provincia de Villafranca del Bierzo. Da Deputación Provincial de Ourense dependen diferentes organismos, como o Centro Cultural Simeón, o Teatro Principal, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento, o Padroado Provincial de Turismo, e diversas escolas, como as de artes e oficios, gaita e danza das que xurdiron agrupacións como a Real Banda de Gaitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1836 para a administración e promoción dos intereses da provincia de Pontevedra. O seu precedente foi a Diputación Provincial de Vigo (1822-1823), que administrou durante o seu período de vixencia o mesmo territorio. O cambio de réxime propiciado polo ascenso ao trono de Isabel II (1833) significou a recuperación da administración provincial. Nesta circunscrición supuxo un traslado da capitalidade que beneficiou a vila de Pontevedra, que sostivo coas cidades de Tui e Vigo unha intensa pugna por acadar esa condición; incluso o goberno chegou a decretar o 26 de maio de 1836 o retorno da capital provincial a Vigo, pero a orde non chegou a executarse. No outono de 1840, co país inmerso nunha confrontación civil, a capital retornou a Vigo durante dúas semanas, prazo que non foi suficiente para consolidar o novo status quo e constituír unha nova deputación, porque, pasado ese tempo, o goberno deu instrucións para restaurar a situación precedente. A Deputación Provincial...