"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Noiro do foso dunha fortificación permanente oposto á escarpa.

    2. Diminución progresiva da espesura dun muro que ten a cara externa vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recomendar a abstención dunha cousa determinada por resultar prexudicial, contraproducente ou perigosa.

    2. Facer algo que outra cousa resulte perigosa ou contraproducente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer unha contramarca a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situar unha peza de madeira enriba doutra de xeito que queden cruzadas as súas fibras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Citar ou avisar os interesados para que asistan a un lugar, a algunha cita ou reunión, ou para que participen nun acto xuntamente con outros.

      2. Anunciar unha reunión ou unha actividade determinada para os que van participar ou están interesados nela.

    1. Comunicar publicamente a data e as condicións para poder participar nun concurso, oposición, competición, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filólogo. Membro do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou na sección de filoloxía, creada en 1923, e participou nos labores de investigación e difusión de diversos traballos que abranguían os campos da lexicoloxía e da lexicografía, da fonética e da ortografía. Foi coautor, xunto con Filgueira Valverde, Tobío Fernandes e Magariños Ne-greira, do Vocabulario popular galego-castelán (1926), que remata na voz trevo, e publicado inicialmente por entregas. No ámbito da ortografía, participou na unificación das normas ortográficas do galego, aprobadas pola Xunta Xeral en 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e profesor. Doutorouse en Cirurxía Dental pola Universidade de Maryland, EE UU, e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Participou como voluntario na Primeira Guerra Mundial e licenciouse co grao de primeiro tenente. Unha vez instalado en España, exerceu como concelleiro en Santiago de Compostela durante a ditadura de Primo de Rivera e como directivo da Sociedad Económica de Amigos del País. Foi profesor de idiomas na universidade compostelá. Participou no Seminario de Estudos Galegos e na editorial Bibliófilos Gallegos. Publicou diversos traballos nos Cuadernos de Estudios Gallegos, entre eles, “Un libro sobre Galicia” (1948), “El Padre Sarmiento sobre el origen de Prisciliano” (1953) e “Peregrinos mendicantes” (1962). Foi membro da Real Academia Galega e outorgáronlle a Encomenda de Afonso X o Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Estudiou medicina na German University de Praga, centro no que se doutorou en 1920. Dous anos despois emigrou a EE UU xunto coa súa muller, Gerty Theresa Cori. Entre os traballos que realizaron conxuntamente, cómpre destacar o estudo das reaccións enzimáticas que acompañan a conversión do glicóxeno muscular en glicosa, ácido pirúvico e ácido lácteo (ciclo de Cori), o dos efectos das hormonas na actividade enzimática e o illamento da α-D-glicosa-1-fosfato (éster de Cori). En 1947 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía coa súa muller e con B. A. Houssay polos traballos sobre o metabolismo dos glícidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás corinocarpáceas.

    2. Planta da familia das corinocarpáceas.

    3. Familia de árbores da orde das celastrais, integrada por unhas vinte especies de follas alternas, non estipuladas, e flores pentámeras dispostas en panículas terminais. Son propias das rexións austrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cáncer moi maligno derivado das células que constitúen a placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi contraalmirante da Mariña e membro da Unión Patriótica. Subsecretario do ministerio da Mariña no goberno militar de Primo de Rivera (1923-1925), foi ministro de Mariña do chamado Directorio Civil (1925-1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. A súa casa de Madrid foi centro de reunións literarias e refuxio de liberais, sobre todo trala Revolución de 1866. Residiu en diversas cidades do estranxeiro e, posteriormente, retirouse a Lisboa. Aos 13 anos escribiu a oda La Palma, loada por Espronceda. Logo editou a primeira edición de Poesías (1843). A súa poesía é prebecqueriana e de tema xeralmente amoroso, como a balada “El amor de los amores”. Tamén escribiu teatro, novela e recordos de viaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade anónima constituída pola Lei 25/1991, do 21 de novembro, pola que se establece unha nova organización das entidades de crédito de capital público estatal con consideración de entidade de crédito e estatuto de banco. Coñecida polo seu nome comercial (Argentaria), foi a cabeceira dun grupo que reuniu todas as entidades financeiras (bancos e entidades públicas de crédito) pertencentes ao Estado: Banco Exterior de España, Banco Hipotecario de España, Banco de Crédito Local de España, Banco de Crédito Agrícola e Caja Postal de Ahorros. Os primeiros anos do grupo, baixo a xestión de Francisco Luzón, que impuxo un modelo de banco federado, serviron para transformar as antigas entidades de crédito de capital público estatal e organismos autónomos en sociedades anónimas para iniciar o proceso de privatización en 1993. En 1998, baixo a presidencia de Francisco González, culminou o proceso de privatización que permitiu consolidalo como o terceiro banco na clasificación de entidades españolas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico humorístico que se emitiu en Radio Voz Galicia os domingos ao mediodía, formado por dous presentadores, un cantante e cinco actores que imitaban máis de setenta voces de coñecidos persoeiros. Tivo dúas etapas: na primeira (1993-1995) participaron Xacobo Pérez, Moisés Morales, Carlos Jiménez, Paco Lodeiro, J. A. López de Alba, Siro López e o cantautor Santiago Rouco; na segunda (1996-1998) integráronse Leo Toral (Paco Vázquez), Alexandre Rodríguez Pipo (Arsenio Iglesias), Fernando Acebal (Felipe González) e o cantautor O Parga, xunto con Siro López, López de Alba, Xacobo Pérez (Fraga e Xoán Paulo II) e Moisés Morales (Aznar). Combinaban o seu traballo no estudo con actuacións en directo en diversos auditorios de Galicia e Madrid. Obtivo o Premio de Comunicación da Xunta de Galicia ao mellor programa radiofónico (1994), o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene (1994) e o Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio e Televisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintora. Estudiou na Escola de Artes e Oficios en Santiago de Compostela e na Coruña. En 1973 recibiu unha bolsa para asistir ao Centro Internazionale di Estudi per l’Insegnamento del Mosaico de Ravenna. Participou, entre outras, na exposición da Asociación de Artistas da Coruña (1973) e na Muestra de Arte Gallego de la Ciudad Universitaria de Madrid (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como María Corredoyra, iniciou a súa formación na Coruña con Félix Castro e Enrique Saborit. Participou en concursos e exposicións colectivas como a Exposición Rexional Galega de Santiago de Compostela (1909), na que recibiu a Medalla de Ouro polo conxunto da obra presentada, entre a que destaca A neta; nunha exposición en México (1910), en Bos Aires (1911) e na Exposición de Arte Galega celebrada no Centro Galego de Madrid (1912). En 1914 trasladouse a Madrid para ampliar a súa formación con Eduardo Chicharro (1914-1915) e con José María López Mezquita (1915-1916), ao tempo que recibiu clases teóricas de Joaquim Sorolla. Regresou a Galicia en 1916 e, ao ano seguinte, participou na Segunda Exposición de Arte Galega celebrada na Coruña con cadros figurativos entre os que destaca A galega dos cacharros. En 1922 realizou o seu primeiro cadro de interiores, Interior da igrexa das Capuchinas, presentado á Exposición de Arte Galega de Ferrol....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Andar dun lado para outro sen parar.

    2. Andar de présa e con paso miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir luz algunha cousa.

    2. Producirse alustros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pintor e gravador. Formado na Escola de Belas-Artes de Lisboa, comezou a expoñer a finais dos anos cincuenta. A súa obra evolucionou desde unha estética surrealista cara a propostas próximas ao informalismo ou aos valores espaciais do construtivismo.

    VER O DETALLE DO TERMO