"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Pintor. Utilizou grandes campos cromáticos nas súas obras, que se moven entre o abstracto e o xeométrico. Destaca a serie Fragmentos de un diario gráfico (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de Arabia, limitado ao N polo golfo de Omán, ao L polo mar de Arabia, ao S polo Océano Índico, ao SO por Iemen, e ao O por Arabia Saudí e polos Emiratos Árabes Unidos (309.500 km2; 2.623.000 h [estim 2001]). A súa capital é Mascate.
    Xeografía
    Morfoloxicamente é unha terra alta formada por grandes relevos calcarios. O N está dominado pola serra de al-Ah- ḋ ar ( Ǧ agal al-Šām, 3.035 m). O clima, cálido e moi caloroso na costa, é máis morno nas zonas montañosas. Carece de recursos perennes de auga. A economía baseábase ata a década de 1960 na agricultura (palmeira de dátil e cítricos), na gandaría (ovina, caprina e de camelos) e na pesca (sardiñas). O sector primario foi de subsistencia ata 1975. A extracción de petróleo, que comezou en 1967, cambiou substancialmente a economía do país. Tamén é importante a produción de gas natural. En 1983 iniciouse a explotación do cobre e en 1985 a da cromita. A enerxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que eran coñecidos os Emiratos Árabes Unidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do mar de Arabia, comprendido entre a costa N de Omán e a meridional de Irán, cunha anchura máxima de 320 km. Comunícase co Golfo Pérsico a través do estreito de Ormuz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Omán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Omán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura do ordenamento xurídico administrativo sueco, encarnada nunha persoa que vela polo respecto das liberdades e dos dereitos fundamentais dos administrados ante os actos públicos do goberno. Esta figura foi creada, no seu sentido moderno, en 1809 e foi adaptada na maioría de gobernos democráticos con diferentes nomes: Defensor del Pueblo en España, Valedor do Pobo en Galicia, Médiateur en Francia, Provedor de Justiça en Portugal e Difensore Civico en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Umm Durmān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo ucraíno. Discípulo de Sergei N. Vinogradskij, estudou o papel dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos do carbono e do xofre. Foi o primeiro que obtivo cultivos de bacterias anaerobias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo (1961-1979). Doutor en Teoloxía e Dereito Canónico, foi vigairo xeneral do bispado de Nafarroa (1957), arcipreste da catedral de Iruña, bispo auxiliar de Lugo (1956-1971) e bispo titular de Dystis (1956-1961). Durante o seu bispado en Lugo restaurou o palacio episcopal e reordenou a distribución das parroquias eclesiásticas. Fundou a emisora radiofónica Radio Popular e participou no Concilio Vaticano II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico. Casou con Tamar, viúva do seu irmán, de acordo coa lei do levirato, pero para non darlle descendencia derramaba o seu seme sobre a terra, polo que foi castigado por Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coito interrompido que consiste en retirar o pene da vaxina xusto antes de se producir a exaculación, normalmente para evitar a fecundación.

    2. masturbación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao onanismo.

    2. Persoa que practica o onanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador, fillo de Cristóbal de Oñate. En 1598 iniciou a conquista de Novo México, do que foi gobernador, adiantado e capitán xeneral. Chegou ata as rochas de Acoma, no territorio dos moquis, explorou Texas, Oklahoma, Missouri, Nebraska e Iowa, e chegou ata a desembocadura do río Colorado. En 1605 fundou Santa Fe e en 1607 foi aprisionado e destituído dos seus cargos acusado de desobediencia ao virrei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Celanova a partir de maio de 1986. Cunha periodicidade trimestral, editárona os concellos da Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Quintela de Leirado, Ramirás, Gomesende e Verea. O centro cultural Coelerni Solpor dirixiu esta publicación, cun consello de redacción encabezado por Manuel Araújo e Cesáreo Iglesias. Incluíu noticias locais (romarías, premios literarios e actos diversos), fotografías, banda deseñada, pasatempos e curiosidades. Prestou especial atención aos escritores da comarca como Curros Enríquez, Castor Méndez e Celso Emilio Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de poemas de Celso Emilio Ferreiro que se publicou orixinalmente en Madrid en 1975 en edición bilingüe e titulado Donde el mundo se llama Celanova/Onde o mundo chámase Celanova. Composto orixinariamente por 34 poemas, estruturalmente está dividido en dúas partes ben diferenciadas. A primeira delas está dedicada á súa terra, Celanova, e confórmana unha serie de composicións que exaltan a vila e a infancia e a adolescencia que pasou o autor nela. A segunda parte está composta por un conxunto de poemas heteroxéneos de tema variado, con diálogos con Deus, reflexións autobiográficas, sátiras contra o poder ou cadros costumistas de Galicia. Aínda que os poemas non están datados, suponse que foron compostos durante a súa estadía en Caracas na década de 1970. Con este libro, Celso E. Ferreiro pecha o seu ciclo creativo poético, cunha visión cara á súa terra, onde amosa a súa paixón polo lugar onde naceu e creceu, e onde o espazo, case humano, cobra unha importancia definitiva. Recibiu o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ondula.

    2. brucelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Cronista político para Fax Press, dirixiu o xornal Ya e foi xefe de informativos nas cadenas SER e COPE. Foi director xeral de Onda Cero en dúas épocas, a última entre xullo de 2000 e xaneiro de 2002, tamén presentador e director de espazos informativos en TVE, TELE 5 e Antena 3 Televisión, ademais de director editorial de Telefónica Media. É autor de Santiago de Compostela, ciudad patrimonio de la humanidad de España (1997), en colaboración con Xosé A. Perozo, e Rumbo variable: ; diálogos en torno al “Prestige” (2003), con outros autores. Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1992), a Antena de Oro (1995), dous premios Ondas (1979 e 2000) e a Medalla Castelao (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Puzzuoli? 95) Mártir. Foi escravo de Filemón, un cristián da vila frixia de Colosas, de quen fuxiu. San Paulo acolleuno, converteuno ao cristianismo e intercedeu por el ante o antigo amo. Atribúeselle un bispado en Macedonia e é o patrón dos servos e criados. A súa festividade celébrase o 16 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor existencial, na súa obra, caracterizada por un realismo descritivo, acompañado dunha visión obxectivista e dun certo fatalismo, abundan os personaxes solitarios de vida turbulenta. Perseguido e encarcerado no seu país por cuestións políticas (1974), houbo de exiliarse en España. Publicou as novelas El pozo (1939), unha obra clave para entender a súa produción posterior; Tierra de nadie (1941), La vida breve (1950), El astillero (1961), Juntacadáveres (1964), Los adioses (1967), Para esta noche (1967), Tiempo de abrazar (1974), Dejemos hablar al viento (1979, Premio de la Crítica española 1980), Cuando entón (1987), Cuando ya no importe (1993), e os contos Cuentos completos (1975) e Presencia y otros relatos (1986). Recibiu o Premio Cervantes de Literatura polo conxunto da súa obra en prosa (1980) e o Premio Nacional de Literatura de Uruguay (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO