"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Fungo que presenta un carpóforo formado por 2 ou 3 pregaduras dispostas á maneira dunha sela de montar, e outras veces adoptan formas máis irregulares, cerebriformes. É de cor gris escura, case negra, ás veces con tonalidades azuladas, mentres que na cara interior o gris é moito máis claro. O pé, ben diferenciado do carpóforo, é ancho, de cor gris ou parda, oco e cunhas grosas costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do 15 de maio de 1860, que cesou o 15 de maio de 1865. Subtitulado “Periódico de intereses morales y materiales”, o seu fundador e impresor foi Agustín Moldes. Dirixido por Joaquín Gaite, a partir do 10 de marzo de 1861 substituíno Robustiano Pérez de Santiago. Saíu os días 1, 5, 10, 15, 20 e 25 de cada mes e incluíu artigos de fondo, información local e de Galicia e unha obra por entregas de Muñoz de la Cueva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Bos Aires a partir do 10 de novembro de 1944, que cesou o 7 de decembro de 1945. Baixo o subtítulo “Periódico gallego”, funcionou como órgano de expresión do Centro Orensano de Bos Aires. Dirixido por Rodolfo Prada, saíu cada quince días. Incluíu poesía en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, R. Cabanillas, Amado Carballo ou A. Rey Baltar, así como artigos de Castelao ou Lois Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, IX marqués de Albaida. Tomou parte activa na Revolución de 1848 e, en xeral, en todos os movementos democráticos, polo que foi apresado numerosas veces e desterrado. Foi deputado en diversas lexislaturas e nas Cortes Constituíntes de 1869 e de 1873. Escribiu artigos e obras de propaganda política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Capadocia 304) Médico. Coñecido tamén como Areste, morreu martirizado. Na iconografía leva unha cruz colgada ao pescozo como atributo. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘mar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Tarraconense, na parte oriental das actuais provincias de Jaén e Ciudad Real, onde habitaba o pobo oretano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo oretano.

    2. Individuo do pobo oretano.

    3. Pobo ibero que se estableceu nas partes altas das concas do Guadalquivir e do Segura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución onde se acollen e educan os nenos orfos. Funciona coma unha escola en réxime de internado onde os nenos non interrompen a súa estadía ata que son adultos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de orfo.

    2. Pensión da que gozan algúns orfos.

    3. Situación de abandono, desamparo ou soidade en que se atopa unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación coral que se creou en Ourense o 11 de setembro de 1887, que tomou o seu nome do Café Unión, onde se xuntaban para ensaiar. Nun primeiro momento estaba formado por 31 voces masculinas, pero a partir de 1928 xa se foron incorporando voces femininas. Os mesmos membros da masa coral iniciaron os trámites en 1887 para a creación dunha Sociedad Artística Orensana con fins culturais, lúdicos e recreativos. Esta sociedade desenvolvía actividades moi variadas, como teatro, exposicións, bailes ou cine. O orfeón participaba de moitas das iniciativas da sociedade, pero mantiña unha certa independencia funcional e acudía a festivais e concursos corais nos que obtivo múltiples galardóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón con ligamento de tafetá, moito máis fino e transparente ca a muselina de algodón, cunha gran rixidez e transparencia, que se emprega especialmente na confección de vestidos, blusas e cortinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica ou arranxa órganos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera parte da célula que ten unha función determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica oposta ao vitalismo e ao animismo, segundo a que a vida é o resultado da organización. Por unha banda, a vida resulta mecanicamente da organización dos órganos e, por outra, cada órgano dispón, ademais das propiedades vitais que lle son propias, da capacidade de organizarse.

    2. Teoría médica que sostén que todas as enfermidades teñen como causa unha lesión orgánica.

    3. Teoría sociolóxica que establece unha clara analoxía entre o funcionamento e as leis que rexen a sociedade e as dos seres vivos. Defendérona Herbert Spencer, que non admitía o evolucionismo na sociedade, René Worms, Paul von Lilienfeld ou Albert Schäffle. A influencia deste enfoque diminuíu a finais do s XIX, pero atópanse afinidades en teóricos actuais.

    4. Teoría psiquiátrica que defende a existencia de lesións morfolóxicas do sistema nervioso central como base das enfermidades mentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao organicismo.

    2. Partidario do organicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a un órgano ou a un sistema de órganos.

      2. Relativo ou pertencente aos seres organizados.

    1. Que está constituído por diferentes partes que desempeñan unha función coordinada en conxunto.

    2. Relativo ou pertencente aos compostos do carbono.

    3. Aplícase, por oposición a funcional, ao trastorno ou á síndrome que van acompañados de alteracións anatómicas.

      1. Relativo ou pertencente aos órganos constitucionais e lexislativos dun estado ou entidade.

      2. lei orgánica

        lei orgánica.

    4. Arquitectura que trata de organizar as partes dunha construción en consonancia co conxunto da obra e desta coa paisaxe e o contorno. Avar Aalto e Eric Gunnar Asplund, coas escolas finlandesa e sueca, tipificaron esta tendencia da arquitectura do s XX; pero a obra organicista máis importante é a realizada polo estadounidense Frank Lloyd Wright.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica e esquemática da organización dunha empresa ou institución. O seu obxectivo é identificar as relacións entre os diferentes elementos e a función específica de cada un deles. Para que sexa un elemento efectivo de racionalización na organización da empresa, o tipo de relación entre elementos establécese segundo a orde xerárquica e de subordinación e debe reflectir tamén a súa dependencia técnica por evidenciar as coordinacións necesarias e evitar as dobres competencias.

    VER O DETALLE DO TERMO