"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Combinou a paisaxe, influído pola escola holandesa do s XVII, e a escena de xénero na maior parte das súas obras, aínda que tamén cultivou o retrato. Destaca Interior of a stable (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi reitor da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1980-1983), profesor universitario e director da Revista de Política Comparada. Foi cofundador e deputado do Partido Socialista Popular (PSP), parlamentario europeo polo CDS e embaixador de España ante a UNESCO e en Portugal (1995-1999). Escribiu Política y partidos en Chile: las elecciones de 1965 (1968), España 1970: perspectiva (1970), Por una sociedad democrática y progresista (1982), Los orígenes ideológicos del franquismo: acción española (1985), La transición política (1993) e Atando cabos: memorias de un conspirador moderado (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e cantante irlandés. Coñecido como Van Morrison, comezou a súa carreira na banda The Monarchs, de onde pasaría a Them. Formado no jazz e no blues, en 1967 comezou a súa carreira en solitario. Da súa discografía destacan Blowin’ Your Mind! (1967), Moondance (1970), A Sense of Wonder (1985), Back on Top (1999) e What’s Wrong With This Picture? (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giuseppe Mustacchi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. En 1737 estableceuse en Salzburgo, onde foi compositor da corte do arcebispo. Inventou un método para violín que foi utilizado durante medio século e decidiu abandonar a música para dedicarse enteiramente á formación do seu fillo Wolfgang. Das súas obras destacan un concerto para trompeta e orquestra e unha casación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mucoráceas.

    2. Fungo da familia das mucoráceas.

    3. Familia de fungos, da orde dos mucorais, que presentan o micelio cenocítico e que producen esporanxios con columela. Comprenden especies parasitas e outras que habitan sobre as substancias orgánicas en descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. realizou obras para instrumentos de teclado dunha grande orixinalidade, como a colección de sonatas Armonico tributo. O seu fillo Gottlieb Muffat (Passau 1960-Viena 1770) foi organista de cámara do Emperador Carlos VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Bispo de Vitoria desde 1928, colaborou no alzamento do 18 de xullo de 1936, pero tivo que fuxir por simpatizar co nacionalismo vasco. Non asinou a carta colectiva do episcopado español de adhesión ao xeneral Franco (xullo de 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo alemán. Director do centro de investigacións psicolóxicas da Universidade de Göttingen (1881-1921), foi un dos fundadores da psicoloxía experimental e traballou nos campos da psicofísica, a percepción visual, a aprendizaxe e a memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría, da física dos reactores nucleares, que afirma que o intervalo de enerxía en que evolucionan os neutróns se descompón nun determinado número de bandas de características definidas, o que simplifica o estudo do fluxo neutrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo estadounidense. Fundador da revista Ethnology, realizou estudos comparativos da cultura de diversos pobos e sociedades. Expuxo as súas achegas en On Social Struture (1949), Outline of World Cultures (1954) e, a súa obra principal, Ethnographic Atlas (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás musáceas.

    2. Planta da familia das musáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das zinxiberais, integrada por unhas 80 especies tropicais de herbas perennes, normalmente arborescentes, de follas alternas moi grosas, de flores trímeras, hermafroditas ou unisexuais, co periantio corolino e polo miúdo gamófilo, dispostas en réxime, e de froitos en baga, xeralmente fariñosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás muscíneas.

    2. Planta do grupo das muscíneas.

    3. Grupo de plantas non vasculares que comprende os briófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a algúns nervios sensitivos e motores que innervan un segmento da pel. No brazo é unha rama do plexo braquial (V e VI parellas craniais), as ramas colaterais do que inervan os músculos toracobraquial, bíceps e braquial anterior do brazo, e as ramas terminais (anterior e posterior) innervan a metade externa da pel do antebrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar en que se custodian coleccións de obras que pertencen ao mundo da arte, da ciencia ou da técnica.

      2. Lugar en que hai obxectos artísticos ou curiosos.

    1. Institución permanente non lucrativa, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento, aberta ao público e que adquire, conserva, investiga, comunica e expón os testemuños materiais das persoas e do seu contorno, con finalidades de estudo, educación e pracer. Designaba na Grecia clásica un lugar conectado coas Musas ou as artes inspiradas por elas. Foi na época do Renacemento cando comezou a facer referencia a coleccións de arte e de antigüidades. As doazóns de particulares, eclesiásticos e monarcas fixeron posible a maioría dos grandes museos, que se enriqueceron a partir do colonialismo e das escavacións practicadas principalmente nos países mediterráneos e de Asia Menor. Os estudos museolóxicos e museográficos naceron no s XVIII en Alemaña e desenvolvéronse co espírito da Ilustración. No s XX recibiron un gran pulo, sobre todo a partir da creación no seo da Sociedade de Nacións da Oficina Internacional de Museos (1926-1946) e da creación do ICOM (International Council of Museums) en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa museo situada en Ferreirela, no concello de Santa Eulalia de Oscos (Asturias), inaugurada en 2001 e dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, creador da fábrica de cerámica de Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico de titularidade estatal fundado en 1867, situado en Madrid. A súa finalidade é a conservación, investigación e difusión dos seus fondos, así como o apoio documental e divulgativo dos novos proxectos arqueolóxicos e científicos. As súas coleccións abarcan desde a prehistoria ata o s XIX, pero destacan os vestixios pertencentes á prehistoria, protohistoria, Antigo Exipto, Próximo Oriente, Grecia, Roma, Idade Media e Moderna, así como o gabinete numismático. Realiza tamén exposicións temporais e conta cunha biblioteca especializada en publicacións científicas de arte, historia, arqueoloxía e museoloxía, cun arquivo e cun servizo fotográfico. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico situado en Cambre. Creouse en 2001 para acoller os restos romanos atopados na vila e a reconstrución do xacemento. Integrouse na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico fundado en 1914 pola Sociedade Pro-Monte da Guarda, para acoller os vestixios prehistóricos atopados no monte Santa Tegra, onde se trasladou en 1950. Atópase nun edificio baseado nun proxecto de Antonio Palacios. Custodia restos arqueolóxicos, ourivaría, numismática, cerámica e escultura, das idades de Pedra e dos Metais e sobre todo os achados castrexos, dos que sobresae a colección de esvásticas. Conta tamén cunha colección numismática de moedas romanas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO