"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

    1. Barba en forma de pera que se deixa medrar no extremo do queixo.

    2. Guecho de pelo que ten a cabra no papo.

    3. Baga da pataca ou doutra planta.

    4. Masa carnosa e encarnada que lle colga á galiña ou ao galo debaixo do peteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santa Comba na década de 1990. Estaba dirixida por Xosé Manuel Lema e integrada no Grupo Líder. Primeiro foi editada coa cabeceira O Tambre-Xallas, para pasar a denominarse El Periódico de Xallas, A Barcala e Santiago, pero a partir de 1998 adoptou a de El Confidencial de Xallas-A Barcala. Incluíu información de carácter municipal, cultural e de sociedade de Ames, Braña, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Tordoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabella Augusta Gregory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi catedrático de Canons na Universidade de Bolonia (1223) e na de Padua (1229). Escribiu Summa super titulis Decretalium, considerada por Schulte coma unha das máis destacadas obras xurídicas da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago situado no Pacífico central, pertencente a Kiribati (28 km2). Está constituído polas illas Kanton, Enderbury, Rawaki, Birne, Nikumaroro, McKean, Orora e Manra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de combates sostidos entre as tropas italianas e austro-alemás na beira do río Piave (1917-1918), durante a Primeira Guerra Mundial. Despois da derrota de Caporetto, os italianos formaron unha vasta liña defensiva ao longo do río e lanzaron un contraataque, con éxito (outubro de 1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común co que se coñecen as aves do xénero Phylloscopus, da familia dos sílvidos, de pequenas dimensións, plumaxe pálida ou amarelenta, sen raias, e canto agradable.

    2. Ave de 13 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe olivácea no dorso, amarela no peito, nas fazulas e nunha franxa enriba do ollo, e branca no ventre; as patas son pardas amarelentas. Vive en bosques caducifolios por enriba dos 600 m e aliméntase de insectos, larvas, etc. De distribución europea, en España é estival e en Galicia existen poucas citas sobre a súa presenza.

    3. Ave de 11 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que posúe una plumaxe parda olivácea no dorso, amarela no peito e branca no ventre; enriba do ollo ten unha franxa amarela e as patas son pardas. Vive en bosques caducifolios e en zonas de vexetación arbustiva; é principalmente insectívoro, aínda que tamén come bagas. Estival en Europa, pode verse na Península Ibérica, e tamén en Galicia, en paso cara a África, onde inverna.

    4. Ave de 11 cm, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe do dorso parda olivácea e o peito amarelo claro, as patas verdosas e unha franxa supraocular amarela. É un paxaro moi nervioso que pasa o día alimentándose de insectos e eirugas. Pode localizarse nas ribeiras dos ríos, en parques e campos con poucas árbores. Distribúese practicamente por toda Europa e na Península Ibérica é sedentaria e cría.

    5. Ave de 11 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe dorsal parda cincenta, coa mitra amarela, o ventre e o peito branco, ao igual que a franxa supraocular, e as patas cincentas. Vive en arboredos de coníferas e caducifolias, e ten alimentación insectívora. Distribúese por toda Europa durante o estío; en Galicia pode observarse entre abril e setembro no L por riba dos 400 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo humanista, señor de Mirandola e conde de Concordia. Estudou dereito canónico e filosofía aristotélica e formouse na mística de Averroes. En 1486 fixo imprimir en Roma, precedidas da Oratio de hominis dignitate, as novecentas Conclusiones philosophicae, cabalisticae et theologicae in omni genere scientiarum, síntese de filosofía platónica, de cábala, de maxia astrolóxica e de doutrina relixiosa. A curia romana condenou parte da obra, motivo polo que foi encarcerado en Vincennes (1488). Volveu a Florencia e recibiu finalmente a absolución de Alexandre VI (1493). Outros escritos representativos do seu humanismo son Heptaplus de septiformi sex dierum Geneseos enarratione (1490), De ente et uno (1491) e Disputationes adversus astrologiam divinatricem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Coñecida como Cristina Amenedo, dedicouse profesionalmente ao ensino, labor que compaxinou coas súas colaboracións en El Correo Gallego, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, e coa súa produción literaria. Autora dos libros de poemas Mar aberto (1983), dedicado a Aurelio Aguirre; Silvo de vento mareiro (1988), Ledicia: unha loita contra o desánimo, a esperanza nunca desfeita (1997) e Corazón al viento: poemas en castellano y poemas en gallego (1997); os ensaios Galicia: ruta de la espiritualidad (1993) e Juan Ramón Jiménez, ruiseñor universal (1981, Premio Juan Ramón Jiménez); e a novela Vivir siempre en despedida (1996), sobre os fuxidos de Galicia durante a Guerra Civil Española. Foi galardoada co Premio Manos Unidas polos seus artigos sobre o Terceiro Mundo e co Premio Pérez Lugín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e dramaturgo. Membro do grupo Dolmen, desenvolveu o seu labor teatral na Agrupación Cultural Auriense. É autor de diversas pezas de teatro en que manifesta a súa ideoloxía nacionalista, como O caixón (1977), A grande candonga (1978), Silvania (1978), Os cigarróns (1979), María Soliña (1994), Prisciliano en Tréveris (1995), Ciclo de Venus (2001) e Ciclo de Mercurio (2002). Relacionado coa súa actividade como compositor musical editou Polifonía. Libro I (1992) e Escola coral de poesía e de música (1997). Autor do libro O Barco e a terra de Valdeorras (1992), no ámbito poético tirou do prelo Sonetos da lúa chea (1980, Premio Cidade de Monforte 1978) e Poema dos lustros (1984, Premio Cidade de Ourense 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político italiano. Foi chanceler do Reino de Sicilia e protonotario da corte de Federico II. Ilustre xurista, dedicado ao problema da reforma da Igrexa, foi tamén un destacado poeta da escola siciliana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piero de Benedetto dei Franceschi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador, escritor e pastor protestante neerlandés. Rompeu coa ortodoxia eclesiástica e residiu en Heidelberg e en Amsterdam como profesor privado e catedrático. As súas publicacións abranguen os campos da historia, da Biblia, da hermenéutica, da arqueoloxía e da crítica literaria. É autor de De nominalismo et realismo (1854), Scholten’s Monisme (1859) e Een studie over de geschriften van Israels profeten (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo de nenos que consiste en que un vai detrás dos outros ata que consegue collelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se serve de astucias ou enganos en beneficio propio.

    2. Que ou quen fai moitas trasnadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae por armas en campo de azul, un castelo de prata, e á súa porta, unha doncela ben ataviada, empuñando coa destra unha espada de prata. Outra variante presenta en campo de goles, unha torre de prata, resaltada dunha barra de ouro. Outra presenta en campo de goles, unha torre de ouro, con dous guerreiros de prata á súa porta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, tradutor, editor e investigador teatral. Especializado na historiografía do teatro galego, foi director da colección “A Biblioteca do Arlequín” de Edicións Sotelo Blanco, participou na fundación da editorial Laiovento, da que é director, e promoveu a creación de publicacións especializadas de teatro como Don Saturio e Casahamlet, ou a colección Castrodouro-Teatro. Cofundou o Grupo de teatro O Facho (1965), a Escola Dramática Galega (1978), a compañía Luís Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990), onde desenvolve as máis diversas tarefas, normalmente asociadas á tradución de textos e á edición de todo tipo de materiais, dos que destaca a colección “Cadernos da Escola Dramática Galega”, con máis de cen títulos publicados, labor polo que recibiu en 1989 o Premio da Crítica; e os Cadernos da Sala Luís Seoane. Traduciu ao galego textos de Maquiavelo, S. Becket, M. de Ghelderode, A. Strindberg, A. Chekhov, E. Ionesco, Luís Seoane, F. García Lorca ou J. Genet, e é autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi alcalde de Cambados (1987-1990), deputado no Parlamento galego polo Partido Popular (1987-1991), deputado no Congreso (1979-1982 e 1989-1999) e senador (1986-1989). Foi nomeado conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia (1999-2003). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de San Raimundo Peñafort (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director de La Voz de Galicia (1968-1977), onde publicaba a sección “Cabos sueltos”. Traballou en Radio Coruña e outros xornais nacionais e estranxeiros, e colaborou en diversas publicacións, como a Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista e compositor. Comezou na música moi novo e con doce anos publicou La primavera (1869) e deu o seu primeiro concerto. Dirixiu o quinteto da Reunión de Artesanos, foi profesor de piano e solfexo, e participou nas actividades do Círculo Bretón de los Herreros e da Sala Berea. Coñeceu a Marcial del Adalid, Andrés Gaos, Chané ou Canuto Berea, cos que mantivo unha intensa colaboración profesional. Das súas obras destacan Vals del año 1880 (1880), Pensamiento fúnebre (1897) ou Angelita (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO