"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Enxeñeiro e político. Foi director xeral do servizo de Autoestradas e Autovías SA, conselleiro de Industria, Comercio e Turismo (1987-1990) e un dos fundadores de Coalición Galega. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), por Coalición Galega (1985-1993) e polo PSdG-PSOE (1993-1997). Participou no consello de administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘ouro’.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Punxín. Foi construída entre os ss XII e XIII, aínda que sufriu reformas no s XVIII. De estilo románico, ten unha soa nave e ábsida rectangular e no interior destaca o arco triunfal apuntado. A fachada principal, con influencias de transición ao gótico, remata cun Agnus Dei e ten portada de arco de medio punto rematado con tímpano liso. A torre é de estilo barroco, con dous corpos rectangulares.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Ourense ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ourense.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou ponte vella ou ponte maior Construción situada sobre o río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Construída en tempos de Traxano ou Augusto, sitúase na vía XVIII ou Nova, que unía Bracara Augusta con Lucus Augusti. Da primitiva fábrica romana consérvase parte das bases dos piares e o primeiro arco da marxe esquerda. Está formada por grandes perpiaños de granito, arcos de medio punto e apuntados e tallamares arredondados, agás un, que é triangular. Foi reformada e reconstruída en varias ocasións desde a época medieval ata o s XVIII e conserva sete dos máis de dez arcos que probablemente tiña en orixe. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Ourense. Realizado en estilo gótico, foi fundado no s XIII polos franciscanos, aínda que a igrexa e o claustro se contruíron entre 1313 e 1322. A igrexa trasladouse do seu emprazamento orixinal ata o parque de San Lázaro. O templo ten planta de cruz latina cunha nave no brazo maior e outra no cruceiro, e as ábsidas, con ventanais con vidreiras, cóbrense de bóvedas nervadas en forma de abano, que se apoian sobre columnas laterais. A portada é de estilo oxival cun arco trilobulado, arquivoltas apuntadas e rosetón. Destaca o claustro medieval, de planta case cadrada con portas baixomedievais e unha colección de capiteis que está formado por 63 arcos apuntados sobre piares cruciformes. Os monxes foron exclaustrados en 1835 e o mosteiro foi cuartel en 1843. O claustro e a igrexa foron declarados Ben de Interese Cultural en 1923.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Eufemia do Centro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Eufemia do Norte.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Ourense. O templo, orixinalmente suevo, data do s VIII. Destruído polos musulmáns (716), no seu lugar levantouse un templo románico por orde do bispo Ederonio no s XI, que se demoleu en 1722 e que foi substituído polo de estilo barroco, que realizou o bispo Siuri. Ten planta de cruz latina con bóveda nervada. A fachada ten tres corpos e está flanqueada por dúas torres-campanario. O retablo do altar maior, que está realizado en madeira non policromada, consta de dous corpos articulados por estípites e na rúa central sitúase unha imaxe barroca da Virxe que está enmarcada por un arco dourado. Dúas inscricións no muro exterior que fan referencia aos bispos Ederonio e Siuri, e as columnas con capiteis en mármore na fachada conforman os únicos restos visibles dos antigos templos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourense. Puido ser construída cara ao s XIII pola proximidade dun hospital para peregrinos do que deu conta o bispo Afonso en 1178. O templo reconstruíuse no s XVI e aproveitáronse elementos da antiga igrexa medieval. Ten planta basilical, que foi reedificada en 1571 por Xácome de Moure. No interior, a capela maior, que se rematou de construír en 1858, está cuberta con bóvedas de cruzaría e a ábsida (s XVI) ten forma poligonal. O retablo maior e os laterais son de estilo barroco. O acceso ao adro realízase por unha porta que pertenceu ao antigo Hospital de San Roque, de arco de medio punto enmarcado por dous medallóns que representan a Hipócrates e Galeno, e sobre a que destaca un frontón con fornela que alberga a figura de san Roque. O templo conserva dúas portadas medievais e nos ángulos laterais do edificio atópanse dúas torres cilíndricas unidas por unha galería, que lle dan un aspecto de fortaleza ao conxunto.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Verea que data de 1755. Ten unha soa nave de catro tramos con arcos faixóns e un arco triunfal que arrinca de pilastras. A fachada presenta portada alintelada coa fornela que acolle a imaxe de san Pedro, e nos extremos remata con pilastras. Destaca a espadana de dous corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Becerreá. Construíuse entre os ss XII e XIII, en estilo románico tardío. Ten planta rectangular con muros de cachotaría miúda e no seu interior destaca o retablo maior barroco e o retablo lateral de liñas neoclásicas e decoración rococó (1970). A ábsida ten un tramo recto e cóbrese con bóveda de pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bola de pan de boroa máis alta que ancha.
-
GALICIA
Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, irmán de Agustín Ricardo e José Luis Outeriño. En 1933 comezou a traballar no xornal La Región como encargado da parte administrativa, á vez que ía adquirindo accións da empresa, ata que en 1951 foi nomeado presidente do seu consello de administración. En 1968, o seu irmán Agustín Ricardo vendeulle a súa parte das accións no xornal e abandonou o posto de director, que pasou ás súas mans. Recibiu a Medalla Castelao (1992) e a medalla de ouro do Liceo de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Miguel de Presqueiras (Forcarei) e Cerdeda, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.014 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Couso (Avión). O seu cumio acada os 727 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Quintillán (Forcarei). O seu cumio acada os 643 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Muras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 792 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO