"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que ou quen é do mesmo lugar, vila, rexión ou país ca outra persoa.

    2. Persoa que traballa e vive no campo.

    3. Persoa que non é militar.

    4. Pintura, debuxo ou gravado que representa un lugar natural ou urbano como tema principal ou ben como fondo ou ambientación. Este xénero apareceu no mundo helenístico e romano para a decoración do fondo de pinturas. Posteriormente foi reducido a símbolos ata que rexurdiu no s XIV en Florencia e despois, no s XV, en toda Italia, a consecuencia da nova concepción humanística do espazo formulada pola perspectiva artificialis. Non foi cultivado como xénero autónomo ata os ss XV e XVI en Países Baixos. Sobresaíron a corrente flamengo-holandesa e as escolas alemá e veneciana. No s XVII, florentinos e romanos crearon a veduta, e en Holanda converteuse no xénero nacional. No s XVIII a paisaxe occidental basculou entre a Venecia dos vedutisti e as reflexións sobre a arte-natura. En Oriente, sobre todo en China e Xapón, a paisaxe era unha arte autónoma. O impresionismo someteu a paisaxe romántica a unha verdadeira revolución óptica, os postimpresionistas proxectaron o seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é do mesmo lugar, vila, rexión ou país ca outra persoa.

    2. Persoa que traballa e vive no campo.

    3. Persoa que non é militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que enfrontou, entre 1568 e 1648 os Habsburgo hispánicos coas súas posesións no territorio coñecido historicamente como Países Baixos (Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos e Artois), cando estas se rebelaron na busca da súa independencia con respecto á monarquía hispánica. Posesión de Carlos V desde 1515, Países Baixos iniciou o enfrontamento baixo o reinado do seu fillo Filipe II. Buscaban a independencia, tanto a nivel político, como económico - pois era un dos eixes comerciais máis importantes do momento- e relixioso, xa que eran partidarios do calvinismo, fronte ao catolicismo ferreamente defendido por Filipe II. Os primeiros saqueos a cidades e conventos déronse en 1566, polo que o monarca decidiu (1588) enviar un exército comandado por Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel. Pero nin el, nin o seu substituto Luis de Requesens Zúñiga conseguiron frear a revolta -liderada por Guillerme I de Orange-Nassau- e a súa duración tivo como consecuencia un endebedamento crónico da Coroa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. En 1765 estreou a ópera Il Negligente, que o consagrou como autor de obras cómicas. Foi mestre de capela de Catalina II en Peterburgo (1776-1783) e de Fernando IV en Nápoles. A súa elegante técnica e o seu talento melódico reflectiuse sobre todo nas súas composicións operísticas. Da súa produción destacan L’idolo cinese (1767), Il Duello (1774) e Il barbiere de Siviglia (1782).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe búlgaro. Profesou no mosteiro de Khilandar, no monte Athos (Grecia). A súa Istorija Slavjanobulgarska (1762) representa o inicio da literatura búlgara moderna e do movemento autonomista da Igrexa de Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e eclesiástico irlandés. Pastor baptista (1946), fundou a Free Presbyterian Church of Ulster (1951) e foi elixido líder do Democratic Unionist Party (1971). En 1970 foi nomeado deputado do Parliament británico e, desde 1979, membro do Parlamento Europeo. É unha das figuras máis radicalmente probritánicas da comunidade protestante de Irlanda do Norte, posición que mantivo durante o proceso de paz iniciado en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio que comprende a Comunitat Autònoma de Catalunya, a Comunitat Valenciana, a Franja de Ponent, as Illes Balears, Andorra e Catalunya del Nord (parte do departamento francés de Pireneos Orientais). En total, ocupan unha superficie de 69.823 km2, e a comezos da década de 1990 tiñan unha poboación que superaba os 11 millóns de persoas. O criterio principal que se seguiu para agrupar estas entidades foi de orde lingüística. Neste sentido, o termo abranguería todos os territorios onde a lingua propia é o catalán, con algunhas excepcións. Así, por motivos históricos e socioeconómicos incluíronse as terras de fala castelá-aragonesa do interior e do extremo meridional de València, como tamén o Val de Arán, pertencente ao dominio lingüístico occitano. En cambio, por causa do seu afastamento xeográfico, excluíuse o enclave catalanofalante de Alguer, na illa de Sardeña. Desde o punto de vista político os Països Catalans dividíronse en tres estados: Catalunya del Nord, que forma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oratorio composto por J. S. Bach sobre un libreto de F. Henrici, en que se narra a paixón, a crucifixión e a resurrección de Xesús Cristo seguindo o Evanxeo de san Mateo. Estreada en 1729 na igrexa de Santo Tomás de Leipzig, onde Bach era organista, está considerada unha das principais obras da música relixiosa do Barroco. O oratorio, dividido en dúas partes, inclúe arias, recitativos e corais. Despois de quedar practicamente apartado dos círculos musicais, en 1829 F. Mendelssohn encargouse de dirixir unha nova versión previamente reactualizada por el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ramirás. Pertenceu ao antigo mosteiro de San Salvador, Santa María, San Pedro e San Pablo. Datada no s XII, consta dunha soa nave con ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. A porta principal está ornada por arquivoltas decoradas con zigzag e que se apoian en columnas con capiteis antropomórficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Formou parella cómica en numerosas películas con Fernando Esteso, das que destacan Los Bingueros (1979), Qué gozada de divorcio! (1981) e Padre no hay más que dos (1982). Tamén traballou en filmes como Moros y cristianos (1987), Ay, Carmela! (1990, Goya ao mellor actor e premio ao mellor actor do Festival de Cine de Montrèal 1991), Bwana (1996) e El oro de Moscú (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Nicasio Pajares, estableceuse en Uruguay e Arxentina, onde fundou o diario El Despertar Hispano e colaborou en revistas como Alfar, Fomento de la Instrución Gallega, España e Mundo Argentino. Xa de volta en España, dedicouse a escribir novelas de tema americano e ton humorístico, como Teatro de la emigración (1922), El conquistador de los Trópicos (1923), coa que deu comezo o subxénero de “novela de ditadores”; e El pensador en la selva (1925). Tamén foi autor de obras como Don Quijote y Tío Sam (1930) e Cómo pervirtieron a Palleiros (1931). En xullo de 2004, as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela, no marco da mostra Padrón, berce de escritores, tentaron recuperar a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Xava, Indonesia (301.504 h [1995]). Está situada na costa N da illa, na desembocadura do río do mesmo nome, e é un importante porto comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Riau, situada en Sumatra, Indonesia (438.638 h [1995]). Exporta caucho polo río Siak e petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, guionista e produtor cinematográfico. Asistente de animacións da Warner Bros, posteriormente foi asistente na MGM e produtor na Paramount, como en To Kill a Mockingbird (1962). Director de filmes como Klute (1971) e All the President’s Men (1976), inspirado no escándalo Watergate, posteriormente filmou Sophie’s Choice (1982), Presumed Innocence (1990), The Pelican Brief (1993) e The Devil’s Own (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a palacio.

    2. Que é propio de quen vive na corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Despois dunha primeira etapa republicana, marcada pola súa colaboración como crítico radical na Revista Europea e a publicación de obras como Nuevo viaje al Parnaso (1879), na súa obra distínguense dúas etapas claramente diferenciadas pola súa conversión relixiosa (1889). Do primeiro período destacan Marta y María (1883) e La hermana San Sulpicio (1889), e do segundo La alegría del capitán Ribot (1899) e Tristán o el pesimismo (1906). Posteriormente, evolucionou cara ao subxectivismo idealista, que reflectiu en La hija de Natalia (1923), e cara a unha prosa de tema bucólico, como en Sinfonía pastoral (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicóloga, xurista e política. Foi vicepresidenta do consello dos Colexios de Avogados Europeos e presidenta do consello executivo da Academia de Dereito Europeo. Foi eurodeputada polo PP (1994-2002), membro da Convención Europea e ministra de Asuntos Exteriores (2002-2004). Recibiu a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1892 comezou os seus estudos na Escuela de Arquitectura de Madrid, que rematou cun proxecto de palacio arcebispal (1900). Recibiu unha formación arquitectónica ecléctica, en que tiña relevancia a ornamentación clasicista, e tivo un amplo coñecemento da arquitectura española. Tiña unha concepción grandiosa da arquitectura e partiu do seguimento dos postulados académicos pero evolucionou cara ao modernismo, con influencias do rexeneracionismo de comenzos do s XX, do modernismo vienés e da Escola de Chicago. Revalorizou o granito do Porriño, que ata o momento se utilizaba na pavimentación, e empregouno pulido. Asociouse con Joaquín Otamendi Machimbarrena e obtiveron o primeiro premio no concurso dunha ponte monumental para Bilbao (1901), a segunda medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes polo proxecto dunha ponte sobre o Urumea en Donostia (1904) e un dos premios do concurso para a construción do Casino de Madrid (1903-1904). En 1904 gañaron o concurso para a construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Francés, da súa produción destacan dous métodos para a aprendizaxe do francés, Philippe et Monique e Boul “mich”, e varios traballos sobre a influencia da literatura francesa en Álvaro Cunqueiro e en Feijoo (Contribución al estudo de las fuentes francesas de Feijóo). Tamén editou e traduciu ao castelán obras de Gustave Flaubert como Madame Bovary (1986), L’education sentimentale (1990), Bouvard et Pécuchet (1999) e Trois contes (1999), e ao galego a obra de Stendhal La chartreuse de Parme (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, que está situado a 27 km ao S da capital (33.045 h [2001]). Destacan os cultivos de oliveiras, vide e cereais, a cría de cabalos e a olaría.

    VER O DETALLE DO TERMO