"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Sumatra Meridional, situada en Sumatra, Indonesia (1.394.300 h [2000]). A principal actividade económica é o refinamento de petróleo. Foi centro dun antigo reino hindú que os holandeses aboliron en 1825. Forma parte de Indonesia desde 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao S do pantano de Malpasillo, no río Genil, que delimita o termo polo N (1.562 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paleoacantocéfalos.

    2. Acantocéfalo da clase dos paleoacantocéfalos.

    3. Clase de acantocéfalos, que inclúe especies coas espiñas da rexión cefálica dispostas en círculos concéntricos alternativamente. Os seus hóspedes definitivos son acuáticos e abundan no tubo dixestivo dos paxaros mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da antropoloxía que estuda os homínidos, os primates fósiles e a súa evolución. Emprega conceptos e métodos da antropoloxía física, a anatomía comparada e a teoría da evolución. Para interpretar os restos de ósos e de utensilios fósiles utilízanse a etnoloxía e a arqueoloxía, e para datar os fósiles recórrese á análise dos estratos xeolóxicos e á proporción de radioisótopos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da botánica que estuda as plantas fósiles e que emprega os métodos de estudo da paleontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos primeiros tempos do cristianismo, especialmente no campo da arte.

    2. Arte propia dos primeiros séculos do cristianismo que participou da arte profana romana, pero que se diferenciou dela pola funcionalidade relixiosa e a iconografía. O período rematou coas invasións xermánicas e na banda oriental do Imperio Romano, esta arte enlazou coa bizantina. A pintura e a escultura apareceron nas catacumbas de San Calisto e de Domitila en Roma, nos ss III-IV. Son frecuentes as representacións do Bo Pastor, a imaxe do orante, temas de orixe mitolóxica, do Antigo Testamento, milagres de Xesús Cristo Salvador ou da Derradeira Cea. Os sarcófagos máis antigos datan do s III (Santa Maria Antica, en Roma). A arquitectura cristiá xurdiu coa pacificación constantiniana (313) e apareceu un tipo de templo de planta central coñecido como martyrium. Destacan as construcións sobre o Santo Sepulcro e a da Ascensión en Xerusalén, a da Natividade en Belén, e os antigos baptisterios como o de Letrán en Roma ou o dos ortodoxos en Ravenna. As outras formas do templo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleomelanésida ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza paleomelanésida.

    3. Raza do grupo melanodermo cuxos representantes son dolicocéfalos, de pequeno tamaño, cabelos crechos, cara maciza, arcos superciliares prominentes e nariz longo e convexo, que ocupa basicamente Nova Guinea e as illas veciñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleosiberiana, aos seus representantes ou ás súas linguas.

    2. Individuo da raza paleosiberiana.

    3. Raza do grupo xantodermo, de tamaño medio ou baixo, que se caracteriza por ter a pel moi clara, cabelos negros e ausencia de pregaduras palpebrais.

    4. Phylum de linguas que falan os paleosiberianos. Inclúe, entre outras, o chukchi, o kamchadal, o koriak, o aleutiano e o kerek.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Palermo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Palermo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións militares que durante a Primeira Guerra Mundial deron o control de Palestina e Siria a Reino Unido. O intento turco de apoderarse do canal de Suez (febreiro de 1915), fracasado por unha contraofensiva dos británicos, levou a estes á campaña. O xeneral Allenby ocupou Gaza e Xerusalén (1917). Conquistada tamén Damasco (setembro de 1918), en outubro os franceses tomaron Beirut, e tres días despois Turquía solicitou o armisticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Mallapert e Lebel, foi recoñecido en toda Europa como un dos mellores compositores do seu tempo, xa que levou á perfección os procedementos tradicionais da composición. É autor dun cento de misas de catro a oito voces, dun milleiro de motetes de catro a doce voces, oito ladaíñas, 66 ofertorios, 15 lamentacións, 56 madrigais espirituais e un centenar de profanos, ademais de salmos, cánticos ou himnos. Das súas misas é especialmente célebre a Missa Papae Marcelli (1567), a seis voces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben diversas especies do xénero Jacaranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexurdimento do estilo de A. Palladio que se produciu durante os ss XVII e XVIII en Italia, Francia e Inglaterra. O palladianismo inglés iniciouno a principios do s XVII I. Jones e continuárono, entre outros, W. Chambers e sobre todo Colin Campbell, quen publicou Vitruvius Britannicus (1715-1717) e construíu o Mereworth Castle de Kent (1723) e Richard Boyle, conde de Birlington, que axudou á publicación de diversas obras. En Italia desenvolveuse no Veneto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea di Pietro della Gondola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico e escritor. Doutourado en Filosofía e Teoloxía, foi lector na catedral de Lugo desde 1638 e director da arquiconfraría da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes. Escribiu numerosas obras, das que destaca Argos Divina Sancta María de Lugo de los Ojos grandes. Fundación, y Grandezas de su Iglesia, Sanctos naturales, Reliquias, y Venerables Varones de su Ciudad, y Obispado, Obispos y Arçobispos que en todos Imperios la governaron (1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libelista italiano. Escribiu obras sacras, escenas retóricas, narracións bíblicas obscenas, novelas políticas antiespañolas e libelos satíricos. Apresárono en Venecia por un libelo contra o papa, a Igrexa e os xesuítas, Il corriere svagliato, e outro libelo contra Urbano VIII, La baccinata, foi a causa da súa detención e decapitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao can que non é de ningunha raza específica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (1.586 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, co predominio do regadío dedicado principalmente aos cítricos. Conta ademais con industrias de manufactura de peles e a apicultura, que é unha actividade tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, e capital de Gran Canaria, situada ao NO da illa, no punto onde un istmo estreito enlaza co promontorio elevado de La Isleta (100 km2; 354.863 h [2001]). Os barrios da Vegueta e Triana constitúen o núcleo antigo do municipio, con edificios do s XV. A expansión urbana comezada en 1833 foi paralela ao incremento do tráfico portuario. O porto de La Luz vertebrou o municipio moderno e lineal, que contrasta coa parte alta e mais a periferia. É un porto pesqueiro, comercial e de escala na travesía atlántica. Exporta principalmente plátanos, tomates e outros produtos agrícolas. Destacan as industrias pesqueiras, de aparellamento marítimo e de tabaco. O seu recurso principal é o turismo. Antigo campamento dos colonizadores casteláns, foi bispado e adquiriu o nome de Real de Las Palmas a finais do s XV. Os Reis Católicos crearon nela un concello e Filipe II estableceu alí unha audiencia. Foi un porto de importancia estratéxica na ruta das...

    VER O DETALLE DO TERMO