"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Tecido de algodón de fíos grosos entrecruzados, moi apropiado para o bordado.
-
Sombreiro lixeiro de tecido de palma de ás anchas.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Irixoa, no concello homónimo. O seu cumio acada os 513 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Panamá e da provincia homónima, situada ao NL da embocadura sur do canal homónimo, nunha pequena península (463.093 h [2000]). Experimentou un forte crecemento demográfico. Concentra o 75% das industrias do país e a maior parte das actividades terciarias, aínda que a súa economía depende, sobre todo, da actividade do canal. Pedro Arias Dávila fundouna en 1519 e rapidamente se converteu na base de partida das expedicións que ían a América do Sur e ao Pacífico Sur. Desde mediados do s XVI confluíron nela todas as exportacións de metais preciosos de Perú e Filipinas. A expansión panameña provocou numerosas expedicións de piratas, entre as que destacou a de Henry J. Morgan (1671), que saqueou a cidade. Reconstruída en 1673, non acadou o nivel de vida anterior por mor do uso do estreito de Magallanes. En 1903 converteuse en capital. O Panamá vello foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997), así como o distrito histórico de Panamá (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Panamá (9.814 km2; 1.378.420 h [2000]). A súa capital é Panamá.
-
ENTRADA LARGA
Estado de América Central, que comprende a parte máis meridional e máis estreita da rexión do istmo. Bañado ao N polo Atlántico e ao S polo Pacífico, limita ao O con Costa Rica e ao L con Colombia (75.517 km2; 2.869.000 h [estim 2001]). A súa capital é a cidade de Panamá.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
En épocas xeolóxicas pasadas a rexión ístmica de Panamá era bastante máis extensa, pero un movemento de submersión, tal e como o testemuñan a topografía dos fondos submarinos e a irregularidade das costas, reducírona ao estado actual. Case todo o territorio é montañoso, aínda que na vertente do Pacífico esténdense pequenas chairas, que son as áreas máis fértiles e ricas. Polo centro oeste do país esténdese unha cordilleira (Chiriquí, 3.477 m). Outro sistema é a Cordillera Central (Cerro Santiago, 2.826 m). O relevo da península de Azuero constitúe un terceiro aliñamento montañoso. A actividade volcánica, xa rematada, recubriu os... -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal de América Central que une os océanos Atlántico e Pacífico, cunha lonxitude de 79,6 km e unha profundidade de 12,5 a 13,7 m. Emboca no Atlántico pola baía de Limón, entra en terra firme e durante 12 km e prosegue a nivel do mar ata o encoro de Gatún. Atravesa o lago artificial de Gatún para despois pasar polo lago e as esclusas de Miraflores. En 1850 Reino Unido e EE UU asinaron o Tratado de Clayton-Bulwer para neutralizar o futuro canal de Nicaragua ou de Panamá, a punto de ser iniciado polos ingleses. En 1878 o goberno colombiano negociou cun empresario francés, Lucien Wyse, a apertura dun canal. A Compañía Universal do Canal Interoceánico comezou as obras en 1881 baixo a dirección de Ferdinand-Marie de Lesseps. A operación fracasou (1889) e provocou un forte escándalo financeiro en Francia. EE UU pactou en 1903 co goberno colombiano a cesión de 8 km a ambas as dúas beiras do canal, polo Tratado de Hay-Herrán. O senado colombiano negouse a ratificar o tratado, e entón EE UU facilitou...
-
GOLFOS
Golfo do Pacífico situado ao S das costas do istmo de Panamá, cun ancho máximo de 185 km e unha entrada de 160 km. Nel sitúase o arquipélago de Las Perlas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Istmo que une América do Norte con América do Sur, quedando aos lados os océanos Atlántico e Pacífico. Ten unha lonxitude duns 700 km e unha anchura máxima de 190 km, e describe unha dobre curva. Pertence a Panamá.
-
TERRITORIOS
Territorio de América Central, situado a ambas as beiras do canal de Panamá (1.676 km2). A actividade do canal ocupa a poboación do territorio, como tamén a unha parte importante dos traballadores do estado de Panamá. En 1903, mediante o Tratado de Hay-Bunau-Varilla, EE UU controlou a zona ata 1979, ano en que se firmou un tratado entre Panamá e EE UU polo que o canal e a zona adxacente pasaron a ser administrados conxuntamente ata 1999, ano en que pasou a soberanía a Panamá.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Panamá ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Panamá.
-
Arte desenvolvida en Panamá. Durante o período colonial, a arquitectura repetiu os estilos europeos combinándoos con elementos autóctonos, tal como se reflicte na catedral de Colón, nas igrexas de San José e de San Felipe, no Palacio Presidencial e na catedral de Panamá. No s XX foi evidente a influencia estadounidense.
-
Literatura en lingua castelá cultivada en Panamá. Ao redor de 1529 xurdiron, coa figura do conquistador, as primeiras crónicas e epístolas. No que respecta á poesía, existiu unha tradición popular ben arraigada. A primeira xeración de escritores iniciouse baixo o signo de Rubén Darío, e foi esencialmente modernista e poética, agás Darío Herrera e S. Ponce Aguilera, que escribiron tamén en prosa. A principios do s XX destacaron Ricardo Miró, promotor da revista Nuevos Ritos, e Gaspar O. Hernández. Ao redor de 1930 naceu unha xeración de novelistas e de contistas, paralela á dos poetas vangardistas iniciada en 1929, que tivo en Ofelia Hooper, Roque Xavier Laurenza e Rogelio Sinán os seus principais representantes. A partir de 1940 apareceron os cultivadores da nueva poesía. A narrativa deste período está moi vinculada á realidade nacional, como na obra de J. Beleño, R. H. Jurado e T. Solarte. Nas xeracións posteriores destacaron os poetas e prosistas J. de Jesús Martínez,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político, económico e cultural que aspira á unión dos pobos de América. A súa orixe foi atribuída a Simón Bolívar, que en 1826 convocou en Panamá os representantes das novas repúblicas americanas para intentar establecer a unión das confederacións. En 1910 creouse a Unión Panamericana con sede en Washington e presidida polo secretario de estado dos EE UU. En 1948 fundouse a Organización dos Estados Americanos. O Mercado Común Centroamericano (1960), a Asociación Latinoamericana de Integración (1980) e o Pacto Andino (1969) preveñen a integración gradual das economías dos estados membros.
-
-
Relativo ou pertencente ao panamericanismo.
-
Partidario do panamericanismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao conxunto formado por América do Norte, América Central e América do Sur.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Riomao (A Veiga). O seu cumio acada os 1.189 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a todo o pobo árabe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político xurdido a finais do s XIX entre os países árabes que defendía a solidariedade e a cooperación entre eles, primeiro fronte á dominación turca e logo fronte á colonial. Unha vez disgregado o Imperio Otomán, o panarabismo culminou coa creación, en 1945, da Liga Árabe, encamiñada á salvagarda da independencia e á soberanía dos seus integrantes. Tras diversos intentos de unificación por parte dalgúns estados árabes e coas distintas actitudes adoptadas ante as Guerras Árabe-israelís, a integración dos países árabes volveuse cada vez máis difícil, obstaculizada polas enormes diferenzas entre os seus réximes políticos, as rivalidades rexionais, o problema palestino e os intereses enfrontados arredor da explotación do petróleo.
-
-
Relativo ou pertencente ao panarabismo.
-
Partidario do panarabismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Goberno de todos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘mendigo’.
-
-
Inflamación de todas as capas dunha arteria.
-
poliarterite nodosa.
-